Arauca, Arauca
Coordenadas: 7°5′25″N 70°45′42″O / 7.09028, -70.76167
Arauca, Arauca | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Río Arauca. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Arauca | ||
Xeografía | |||
Altitude | 125 msnm | ||
Superficie | 5 841 [1][2] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 89 712 (2016)[3] | ||
Densidade | 15,36 hab/km² | ||
Xentilicio | Araucano, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Benjamin Socadagui Cermeño (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Arauca é unha cidade e concello colombiano, capital do departamento de Arauca. Atópase sobre a marxe sur do río Arauca. Limita con Venezuela polo norte, coa cal está conectada mediante a Ponte Internacional José Antonio Páez e comunícase por vía terrestre cara ó centro de Colombia mediante a Ruta dos Libertadores, que une ás cidades de Caracas e Bogotá.
Historia[editar | editar a fonte]
Arauca antes de 1780 era un casarío indíxena arauaco (que se atopaba no actual Parque Caldas). O 4 de decembro de 1780 chega o Juan Isidro Daboín, da Compañía de Xesús, proveniente de Barinas (Venezuela). Para estas mesmas datas constrúese a primeira parroquia en proximidades á catedral actual, e dáselle á vila o nome de "Villa de Santa Bárbara de Arauca".[4]
No 1816 a poboación de Arauca é escenario de paso e recrutamento das tropas lideradas por Simón Bolívar, constituíndose así por un lapso de catro meses como capital da República de Nova Granada. En 1899, as relacións colombo-venezolanas chegaron ó momento máis crítico, sendo Arauca tomada baixo control das tropas federais venezolanas co consentimento e a participación de membros liberais, quen participarían na Guerra dos Mil Días á beira do Xeneral Foción Soto e Rafael Uribe Uribe. No medio da consternación política e a hexemonía da elite conservadora, Antonio Laverde sublévase contra a autoridade conservadora boyacense, creando estrago á autoridade local e fomentando a secesión de Arauca con Boyacá; Laverde é militarmente derrotado e emigra a Venezuela. No ano 1911 é erixido correxemento por ordenanza departamental de Boyacá e por lei. Ese mesmo ano créase a Prefectura Apostólica, sendo o bispo francés Émile Larqueré o seu primeiro encargado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general de Arauca" (en castelán). Alcaldía del municipio. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Arauca.Municipio de Arauca". directorio Arauca (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Página oficial de la Alcaldía Municipal - Institucional - Pasado, presente y futuro (consultado el 17 de diciembre de 2017).". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arauca, Arauca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)