Capibara
Capibara Rango fósil: Plistoceno – presente | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tres capibaras | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Hydrochoerus hydrochaeris (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||||||||||||||
Mapa de distribución
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
O capibara[1] (Hydrochoerus hydrochaeris) é o meirande roedor vivente do mundo.[2] Está relacionado co Dasyprocta leporina, a chinchilla, o Myocastor coypus e as cobaias.[3] O seu nome común, que provén do tupí ka'apiûara, significa «come-herba» (ou, literalmente, «aquel que come follas finas)»,[4] mentres que o seu nome científico, hydrochaeris, deriva dos étimos gregos ὕδωρ, «auga» e χοίρος, «porco».
Os capibaras teñen o corpo en forma de bocoi e unha testa pequena coa pelaxe marrón avermellada na parte superior do corpo que se converte en marrón amarelado na parte inferior. Poden medrar até os 130 centímetros de longo e pesar até 65 quilogramos. Os capibaras carecen de cola e teñen vinte dentes. As súas patas posteriores son lixeiramente máis longas que as anteriores e o fociño é romo, cos ollos, o nariz e as orellas na parte superior da testa. As femias pesan un chisco máis que os machos.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición de capibara no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Capybara". San Francisco Zoo. Arquivado dende o orixinal o 21-01-2008. Consultado o 17-12-2007.
- ↑ 3,0 3,1 "Capybara (Hydrochoerus hydrochaeris)" (en inglés). Chester Zoo (RU). Arquivado dende o orixinal o 21-01-2008. Consultado o 17-12-2007.
- ↑ Ferreira, A. B. H. (1986) Novo Dicionário da Língua Portuguesa, 2a edició., Rio de Janeiro: Nova Fronteira, páx. 344 (en portugués)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capibara ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Mones, Álvaro; Ojasti, Juhani (16-06-1986). "Hydrochoerus hydrochaeris". Mammalian Species (264): 1–7. ISSN 0076-3519. doi:10.2307/3503784.
- Nowak, Ronald M. (1999) Walker's mammals of the world. 6a edició. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5789-9
- Wilson, D. E.; Reeder, D. M. (2005). Mammal Species of the World. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4
![]() |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |