Rafael Caldera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Caldera
1967. Retrato de Rafael Caldera.jpg
Nome completoRafael Antonio Caldera Rodríguez
Nacemento24 de xaneiro de 1916
Lugar de nacementoSan Felipe
Falecemento24 de decembro de 2009
Lugar de falecementoCaracas
Causapárkinson
SoterradoEast Cemetery
NacionalidadeVenezuela
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Central de Venezuela
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, sociólogo, avogado e faculty member
CónxuxeAlicia Pietri
FillosJuan José Caldera
PremiosCross of the Tree of Guernica, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Gran cruz da Lexión de Honor, Orde da Estrela de Romanía, cabaleiro da gran cruz da orde de san Gregorio, Colar da Orde do Papa Pío IX, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Ordem Nacional do Mérito, Order of Boyacá, Order of the Condor of the Andes, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul, Ordem do Mérito do Chile, Ordem do Libertador San Martin, Orden Nacional al Mérito, Order of José Matías Delgado, National Order of the Cedar, Ordem de Vytautas o Grande, Ordem da Águia Asteca, Ordem do Leão Neerlandês, Order of Christopher Columbus, Ordem do Sol, Order of Merit for Distinguished Services, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Order of the Yellow Star, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, honorary doctor of the Renmin University of China e Medal of the Oriental Republic of Uruguay
Na rede
http://www.rafaelcaldera.com/
WikiTree: Caldera-116 Find a Grave: 45761107 Editar o valor em Wikidata
Rafael Caldera Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Rafael Antonio Caldera Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1916 e finado o 24 de decembro de 2009,[1] foi un avogado, sociólogo, escritor, orador e político venezolano, electo dúas veces como presidente de Venezuela, exerceu dous mandatos de cinco anos (1969-1974 e 1994-1999).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amplamente recoñecido como un dos fundadores do sistema democrático de Venezuela,[3] o principal arquitecto da Constitución de 1961 e un pioneiro do movemento demócrata-cristián en América Latina, Caldera axudou a forxar un período sen precedentes de goberno democrático civil nun país asediado por unha historia de violencia política e caudillos militares.[4]

O seu liderado estableceu a reputación de Venezuela como democracia estables de América Latina durante a segunda metade do século XX.[5] Durante o seu mandato houbo accións da Operación Cóndor no país.[6]

Despois de licenciarse en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Central de Venezuela en 1939, Caldera iniciou unha carreira de 70 anos que combinaba actividades políticas, intelectuais e académicas. Foi chamado tanto de pro-fascista[7] como de entregado ao comunismo.[8]

Acusacións de corrupción[editar | editar a fonte]

En 1994 foi acusado do seu primeiro caso de corrupción por suposto enriquecemento cunha mina de ouro.[9] Posteriormente foi acusado de corrupción xeneralizada na Administración pública, aínda que tamén de levar o asunto da corrupción a foros internacionais.[10]

Amnistía aos militares da rebelión de 1992[editar | editar a fonte]

Durante o segundo goberno de Caldera, foron amnistiados e postos en liberdade os militares implicados no intento de golpe de estado de 1992, que se sumaron ao partido político Movimiento V República (MVR), liderado por Hugo Chávez, que despois acadou unha clara vitoria nas Presidenciais de Venezuela en 1998.

Unha lenda urbana apuntaba a que Caldera fora padriño de promoción de Hugo Chávez no exército, no corpo de paracaidismo. Outra versión colocábao de padriño de bautismo, ambas foron desmentidas pola familia Caldera Pietri e o propio Chávez.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada de Rafael Antonio Caldera Rodríguez na Encyclopedia Britannica
  2. Rafael Caldera - Cognitio
  3. John D. Martz, “Venezuela, Colombia, and Ecuador,” in Jan Knippers Black, ed. Latin America, Its Problems and Its Promise, 2nd ed. (Boulder, Colorado: Westview Press, 1991), 439
  4. "Rafael Caldera: President of Venezuela who helped forge an era of". The Independent (en inglés). 2009-12-29. Consultado o 2022-08-05. 
  5. 02 Feb 1994 - 02 Feb 1999 - Rafael Caldera Rodríguez - Global Security
  6. "Venezuela. De la Operación Cóndor a la Operación Lava Jato: El final de la lucha entre izquierdas y derechas y la necesidad de la Voz Autónoma del tercero excluido". Resumen Latinoamericano (en castelán). 2017-03-16. Consultado o 2022-08-05. 
  7. Agustín BLANCO MUÑOZ: La dictadura: Pedro Estrada habló (p. 71). Venezuela: Universidad Central de Venezuela, 1983.
  8. Germán Borregales: Todos fueron canallas. Venezuela: Ediciones Fe y Cultura, 1975.
  9. Vinogradoff, Ludmila (1994-12-08). "Rafael Caldera se enfrenta a su primer caso de corrupción". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-05. 
  10. "Murió ex presidente Rafael Caldera". BBC News Mundo (en castelán). 2009-12-24. Consultado o 2022-08-05. 
  11. "Ni de bautismo ni de promoción: Caldera no fue padrino de Chávez". espaja.com (en castelán). Consultado o 2022-08-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.