Municipio Páez, Apure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Situación do municipio de Páez dentro do estado Apure

Páez é un dos sete municipios que conforman o estado Apure de Venezuela.

De acordo coa estimación de 2007 do Instituto Nacional de Estatística de Venezuela, o municipio tiña unha pòboación de 111.059 habitantes, o que representa o 23,4 % da poboación do estado. No ano 2000 era de 93.010 habitantes.

A súa superficie é de 12.820 km², polo que a súa densidade de poboación é de 8,66 habitantes por quilómetro cadrado.

A capital do municipio é a cidade fronteiriza de Guasdualito que, en 2011, tiña unha poboación de 100.068 habitantes, sendo a segunda cidade en pobboación do estado, despois da súa capital, San Fernando de Apure.

Este municipio é un dos varios concellos venezolanos que levan o nome de "Pérez", na honra do heroe da independencia José Antonio Páez.

O alcalde do municipio Páez é José del Carmen Alvarado, reelexido o 23 de novembro de 2008 co 76 % dos votos

O municipio está dividido en cinco parroquias: Urbana Guasdualito, Aramendi, El Amparo, San Camilo e Urdaneta.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]