Literatura islandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As primeiras manifestacións da Literatura islandesa foron textos xurídicos e traducións do latín, a partir do século XII comezáronse a pór por escrito as composicións da literatura oral. Debido á insularidade de Islandia, esta produción escrita conservouse inalterada até que no século XVI apareceu un movemento de eruditos que se interesou pola consolidación deste acervo. Grazas a isto, as literaturas nórdicas antigas (literaturas norrenas) puideron conservar moito do seu carácter.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No século XI florecían os escaldos, os poetas que actuaban nas cortes feudais, moitos dos cales emigraron cara outros países escandinavos. O Íslendingabók de Ari Þorgilsson do século XII foi fundamental para o desenvolvemento da prosa islandesa ao substituír ao latín nas obras historiográficas e nas mediadas dese século aparece un tratado de ortografía. A mediados do século XII apareceron as sagas de islandeses, literatura narrativa en prosa consistente en sagas, derivadas de feitos históricos do tempo dos viquingos. O século XIII a época de Snorri Sturluson, o maior erudito islandés antigo, que escribiu unha historia dos reis de Noruega, a Heimskringla e unha historia da poesía escáldica, a Edda.

Islandia foi dominada polos noruegueses e no século XV iniciouse a súa decadencia cultural. O único poeta foi o bispo católico J. Arason. Coa Reforma retomouse a tradición lingüística islandesa. Destaca a tradución da Biblia de O. Gottskálksson e G. Thorlálksson. Ironicamente, o interese pola literatura antiga provocou que nos séculos XVII e XVIII se fosen levando os documentos máis importantes para bibliotecas dinamarquesas e suecas. O pastor protestante H. Pétursson compuxo poesía relixiosa.

O Romanticismo islandés naceu en Copenhaguen entre estudantes que formularon o problema da identidade nacional e se agruparon arredor da revista Fjölnir e entre os que destacaban B. Thórarensen e J. Hallgrímsson. Durante os séculos XIX e XX déronse dúas correntes, unha verista, interesada polas tradicións locais e comprometidos na representación da dura realidade diaria, como G. Pálssson e Th. Gjallandi e outra espiritualista e simbolista, como E. Benediktsson e S. G. Stephansson.

Entre os autores recentes destacan os novelistas H.K. Laxness, Premio Nobel de Literatura en 1955, e G. Gunnarson.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]