Linguas esquimó-aleutianas
Aparencia
As linguas esquimó-aleutianas[1] forman unha familia de linguas que se falan e son nativas do Canadá (Nunavut, Nunavik, Nunatsiavut), Alasca, Groenlandia e a península de Chukchi, no extremo leste de Siberia. Xeograficamente, as linguas esquimó-aleutianas forman parte das linguas indíxenas de América e están consideradas como unha das familias lingüísticas primarias do mundo. Non teñen relación algunha demostrada con ningunha outra familia de linguas de América do Norte[2] polo que se cre que representan a última e separada migración prehistórica de persoas dende Asia.
Clasificación da familia
[editar | editar a fonte]- Aleutiano
- Dialectos centrais e occidentais: Atkan, Attuan, Unangan e Bering (60–80 falantes)
- Dialectos orientais: Unalaskan e Pribilof (400 falantes)
- Linguas esquimós ou linguas iupik–inuit
- Iupik (11 000 falantes)
- Iupik de Alasca central (10 000 falantes)
- Iupik de Alasca central (ou Yugtun)
- Chevak cup’ik (ou Cugtun)
- Nunivak cup'ig (ou Cugtun)
- Alutiiq (400 falantes)
- Koniag alutiiq
- Chugach alutiiq
- Iupik de Siberia central ou Yuit (Chaplinon e a illa St. Lawrence, 1 400 falantes)
- Chaplinski
- Iupik da illa St. Lawrence (Sivuqaghmiistun)
- Naukan (70 falantes)
- Sirenik (extinta) (ás veces considerada como unha póla independente da familia)
- Iupik de Alasca central (10 000 falantes)
- Inuit (98 000 falantes)
- Inupiaq ou inupiat (norte de Alasca, 3 500 falantes)
- Qawiaraq ou inupiaq da península de Seward
- Inupiatun ou inupiaq do norte de Alasca (incluíndo Uummarmiutun)
- Lingua inuvialuktun (Canadá occidental, 765 falantes)
- Siglitun
- Inuinnaqtun ou Kangiryuarmiutun
- Natsilingmiutut
- Inuktitut (Canadá oriental; xunto co Inuinnaqtun, 40 000 falantes)
- Nunatsiavummiutut (Nunatsiavut, 550 falantes)
- Nunavimmiutitut]] (Nunavik)
- Qikiqtaaluk nigiani (Sur de Baffin)
- Qikiqtaaluk uannangani (Norte de Baffin)
- Aivilimmiutut (Centro e leste de Nunavut)
- Kivallirmiutut (Sueste de Nunavut)
- Groenlandés (Groenlandia, 54 000 falantes)
- Kalaallisut (Groenlandés occidental, 50 000 falantes)
- Tunumiit (Groenlandés oriental, 3 500 falantes)
- Inuktun ou Avanersuaq (arredor 1 000 falantes)
- Inupiaq ou inupiat (norte de Alasca, 3 500 falantes)
- Iupik (11 000 falantes)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de esquimó-aleutiano, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Steven, Jacobson (1984). Central Yupik and the Schools - A Handbook for Teachers. Alaska Native Language Center. University of Alaska Fairbanks.