Saltar ao contido

Lingua tz’utujil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua tz'utujil»)
Lingua tz’utujil
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Alfabeto
 Institución de normalización
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Identificadores
Freebase/m/0ctb09 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3tzj Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5tzj Editar o valor en Wikidata
IETFtzj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX548079
Wikidata

O tz’utujil é unha lingua maia falada polo pobo tz’utujil na rexión do sur do lago de Atitlán, en Guatemala (lingua nacional).[1] O tz'utujil está está estreitamente relacionado coas linguas veciñas kaqchikel e quiché. Segundo o censo de 2002, máis de 60 000 persoas falan tz'utujil como a súa lingua nai. Ten dous dialectos, o oriental e o occidental. O tz’utujil está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A maioría do pobo tz’utujil ten o castelán como segunda lingua, aínda que moita da poboación máis vella non é quen de falalo. Moitos nenos non aprenden o castelán até que van á escola, ós cinco anos. No ano 2012, a Biblioteca Comunitaria Rija'tzuul Na'ooj de San Juan La Laguna ten actividades de contacontos para nenos en tz'utujil, e existen edicións de libros nesa lingua.[3]

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Rising Voices, ed. (31 de outubro de 2012). "Library as a Starting Point to Revitalize Tz’utujil Language". Consultado o 17 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dayley, Jon P. (1985). Tzutujil Grammar. Berkeley, California: University of California Press. ISBN 0-520-09962-1.