Lina Wertmüller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lina Wertmüller
Lina Wertmüller.jpg
Nome completoArcangela Felice Assunta Wertmüller von Elgg Spañol von Braueich
Nacemento14 de agosto de 1928
LugarRoma
Falecemento9 de decembro de 2021
LugarRoma
NacionalidadeItalia
Educada enAccademia Nazionale d'Arte Drammatica Silvio D'Amico
Cónxuxe(s)Enrico Job
FillosZulima
Profesiónguionista, directora de cine, letrista e realizadora
Na rede
http://www.linawertmuller.com/
IMDB: nm0921631 Allocine: 11463 Rottentomatoes: celebrity/770912507 Allmovie: p116446
Musicbrainz: e1104ed2-9000-483b-888b-7b61cd9c9dc2 Discogs: 881728 Deezer: 499952 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Arcangela Felice Assunta Wertmüller von Elgg Spanol von Braueich, nada en Roma o 14 de agosto de 1928 e finada na mesma cidade o 9 de decembro de 2021,[1] foi unha directora de cinema e guionista italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descendente dunha familia aristocrática suíza, comezou a súa carreira como actriz. En 1962 traballou como axudante de dirección no filme de Federico Fellini . O ano seguinte debutou na dirección con I Basilischi, filme cun tema principal (a vida das xentes do sur de Italia) que foi recorrente nos seus traballos posteriores.

A este filme seguírono outros que tamén tiveron certo éxito, mais non foi ata 1972 cando Wertmüller recibiu o recoñecemento internacional cunha serie de catro filmes protagonizados por Giancarlo Giannini. O último foi Pasqualino Settebellezze (1976), que recibiu catro candidaturas aos premios Oscar e foi un éxito internacional. Con este filme, Wertmüller pasou á historia por ser a primeira muller en ter unha candidatura ao Oscar á mellor dirección.[2]

A pesar de seguir tendo unha carreira prolífica dende entón, ningún dos seus filmes posteriores logrou tanta repercusión como estes catro con Giannini.

Política[editar | editar a fonte]

En xeral, os filmes de Wertmüller reflicten os seus propios compromisos políticos, sendo os seus principais protagonistas ou ben anarquistas ou ben feministas (ou ambos), e a acción principal céntrase en conflitos de natureza política ou socio-económica. A pesar diso, os filmes de Wertmüller raramente son didácticos, e adoitan reflectir as súas propias sensibilidades iconoclastas. En Travolti da un insolito destino nell'azzurro mare d'agosto (1974), por exemplo, conta a historia da dona dun rico industrial que só se sente realizada logo de ser «dominada» por un mariñeiro comunista.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]