Chan (ximnasia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Exercicio de chan nos Xogos da Mocidade de 2010 en Singapur.
Exercicio da romanesa Sandra Izbașa, campioa olímpica en 2008, durante as Olimpíadas de Londres 2012.

Os exercicios de chan (tamén denominados ximnasia a mans libres) é unha das disciplinas que conforman o circuíto de ximnasia artística nas competicións deste deporte, masculinas e femininas[1]. A abreviatura desta proba para os eventos ximnásticos é FX, polo termo en inglés "floor exercise". Un exercicio de chan está composto principalmente de elementos acrobáticos, combinados con elementos ximnásticos de forza e de equilibrio, elementos de flexibilidade, apoios investidos e combinacións coreográficas, formando un exercicio con ritmo armonioso. As ximnastas executan, sobre un tapiz cadrado que non poden traspasar, unha coreografía de entre 70 e 90 segundos con acompañamento musical, mentres que os homes realizan esta rutina cunha duración entre 60 e 70 segundos sen música.[2]


Na modalidade feminina inclúe elementos acrobáticos, flexibilidade, de danza, saltos e xiros con cambios de dirección.

Dimensións[editar | editar a fonte]

As características dest a disciplina, que son iguais para a modalidade masculina e feminina, están fixadas pola Federación Internacional de Ximnasia:

  • Superficie: 12 m x 12 m.
  • Zona de seguridade: 2 m[3]

Gañadores olímpicos nesta modalidade[editar | editar a fonte]

Masculino[editar | editar a fonte]

Feminino[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Apparatus Norms". FIG. p. II/52. Arquivado dende o orixinal (PDF) o December 19, 2011. Consultado o 2009-10-04. 
  2. "Apparatus Norms". FIG. p. II/12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o December 19, 2011. Consultado o 2009-10-04.
  3. «Apparatus Norms» (PDF).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]