Liga Portuguesa de Basquetebol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
LPB Placard
Fundación2008 (formato actual)
RexiónPortugal Portugal
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
Equipos14
CopaCopa de Portugal
DescensoProliga
Actual campiónOliveirense (2º título)
Máis laureadoBenfica (26 títulos)
TelevisiónSport TV
OrganizadorFPB
Sitio webwww.fpb.pt

A Liga Portuguesa de Basquetebol (LPB), coñecida por motivos de patrocinio como LPB Placard, é a máxima categoría do baloncesto masculino en Portugal. Dende a tempada 2008−09 a competición está organizada de novo pola Federação Portuguesa de Basquetebol, sendo un torneo semiprofesional. Entre 1995 e 2008, durante trece temporadas, a liga foi profesional, e estaba organizada pola LCB, a cal acabou desaparecendo por problemas financeiros.

Entre as temporadas 1965–66 e 1973–74 os campións de liga determinábanse nun torneo que enfrontaba aos campións do Campeonato Metropolitano, representando Portugal, e os campións das provincias da África Occidental Portuguesa (Angola) e da África Oriental (Mozambique), dun xeito semellante ao do Campeonato de Hóquei em Patins. Porén, o primeiro deses torneos non se chegou a disputar debido as protestas do Sporting de Lourenço Marques, equipo mozambicano.

Equipos[editar | editar a fonte]

LPB 2019–20

Un total de catorce equipos participan na temporada 2019–20 da LBP.

Equipo Cidade Distrito Pavillón
Barreirense Dif Broker Barreiro Barreiro Setúbal Pavilhão Luís Carvalho
CAB Madeira Funchal Funchal Madeira Pavilhão do CAB
Esgueira / Aveiro /OLI Aveiro Aveiro Aveiro Pavilhão Clube do Povo de Esgueira
FC Porto Porto Porto Porto Dragão Caixa
Galitos Barreiro Barreiro Barreiro Setúbal Pavilhão Luís Carvalho
Illiabum Clube Barreiro Ílhavo Aveiro Pavilhão Capitão Adriano Nordeste
MBC Maia Maia Porto Pavilhão de Formigueiro
Oliveirense Oliveira de Azeméis Oliveira de Azeméis Porto Pavilhão Dr. Salvador Machado
Ovarense Gavex Ovar Ovar Aveiro Arena Dolce Vita
SC Lusitânia Angra do Heroísmo Angra do Heroísmo Azores Pavilhão de Angra do Heroísmo
Sport Lisboa Benfica Lisboa Lisboa Lisboa Pavilhão da Luz
Sporting CP Lisboa Lisboa Lisboa Pavilhão João Rocha
Terceira Basket Club Angra do Heroísmo Angra do Heroísmo Azores Pavilhão Tomás de Borba
Vitória SC Guimarães Guimarães Braga Pavilhão do Vitória S.C.

Historial[editar | editar a fonte]

Liga Profesional (1995-2008)[editar | editar a fonte]

Ano Final
Campión Resultado Finalista
1995/1996 FC Porto 3-1 SL Benfica
1996/1997 FC Porto 3-1 Oliveirense
1997/1998 Estrelas de Avenida 3-2 Ovarense
1998/1999 FC Porto 3-1 Illiabum
1999/2000 Ovarense 3-0 FC Porto
2000/2001 Portugal Telecom 3-1 Oliveirense
2001/2002 Portugal Telecom 3-0 Oliveirense
2002/2003 Portugal Telecom 3-2 Oliveirense
2003/2004 FC Porto 3-1 CA Queluz
2004/2005 CA Queluz 3-0 Ovarense
2005/2006 Ovarense 3-0 Casino Ginásio
2006/2007 Ovarense 3-2 FC Porto
2007/2008 Ovarense 4-3 FC Porto

Liga Portuguesa de Basquetebol[editar | editar a fonte]

Ano Final
Campión Resultado Finalista
2008/2009 Benfica 4-0 Ovarense
2009/2010 Benfica 4-1 FC Porto
2010/2011 FC Porto 4-3 Benfica
2011/2012 Benfica 3-2 FC Porto
2012/2013 Benfica 3-1 Académica de Coimbra
2013/2014 Benfica 3-0 Vitória de Guimarães
2014/2015 Benfica 3-0 Vitória de Guimarães
2015/2016 FC Porto 3-1 Benfica
2016/2017 Benfica 3-0 FC Porto
2017/2018 Oliveirense 3-0 FC Porto
2018/2019 Oliveirense 3-1 Benfica

Títulos por equipo[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Temporadas
Benfica 27 1940, 1946, 1947, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1970, 1975, 1985, 1986, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 2009, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2017
Porto 12 1952, 1953, 1972, 1979, 1980, 1983, 1996, 1997, 1999, 2004, 2011, 2016
Sporting CP 08 1954, 1956, 1960, 1969, 1976, 1978, 1981, 1982
Carnide 07 1935, 1936, 1937, 1938, 1941, 1943, 1944
Ovarense 05 1988, 2000, 2006, 2007, 2008
Académica de Coimbra 04 1949, 1950, 1955, 1959
Vasco da Gama 03 1942, 1948, 1951
Sporting de Lourenço Marques (MOZ) 03 1968, 1971, 1973
Portugal Telecom 03 2001, 2002, 2003
Belenenses 02 1939, 1945
Barreirense 02 1957, 1958
Queluz 02 1984, 2005
Oliveirense 02 2018, 2019
Conimbricense 01 1933
União de Lisboa 01 1934
Benfica de Luanda (ANG) 01 1967
CD Malhangalene (MOZ) 01 1974
Ginásio 01 1977
Estrelas Avenida 01 1998

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]