Ílhavo
Ílhavo | |
Municipio de Portugal | |
![]() Praia da Barra en Ílhavo | |
![]() |
![]() |
![]() | |
Xentilicio | Ilhavense |
Área | 73,48 km² |
Poboación | 39 239 hab. (2021) |
Densidade poboacional | 534 hab./km² |
N.º de freguesías | 4 |
Presidente da Câmara municipal |
João Campolargo (UPF)[1] Mandato 2021-2025 |
Fundaçión do municipio (ou foral) |
1296 |
Rexión (NUTS II) | Centro |
Sub-rexión (NUTS III) | Região de Aveiro |
Distrito | Aveiro |
Provincia | Beira Litoral |
Orago | San Salvador |
Feriado municipal | Segunda-feira após o Domingo de Páscoa |
Código postal | 3830 Ílhavo |
Sitio web oficial | cm-ilhavo.pt |
Ílhavo é unha cidade portuguesa, localizada na rexión Centro e na subrexión de Aveiro.
É a sede dun municipio co mesmo nome (incluíndo dúas cidades, Ílhavo e Gafanha da Nazaré), con 73,48 km² de superficie[2] e 38.598 habitantes (2011),[3][4] subdivididos en 4 parroquias.[5] O municipio está dividido en tres sitios distintos polos brazos da Ría de Aveiro, e está limitado ao norte e nordés polo concello de Aveiro (límite terrestre ao noroeste e a través da ría ao norte), e ao sur con Vagos.
Historia[editar | editar a fonte]
Orixes e status[editar | editar a fonte]
Na súa orixe atópase a cidade romana de Illiabum.
O concello recibiu unha foral de D. Dinis o 13 de outubro de 1296, sendo elevado a cidade o 13 de xullo de 1990.[6]
Industria[editar | editar a fonte]
Cerámica[editar | editar a fonte]
A cidade é famosa pola súa industria de porcelana de Vista Alegre.
Turismo e gastronomía[editar | editar a fonte]
O concello de Ílhavo abarca dúas cidades: Gafanha da Nazaré e Ílhavo. Na localidade de Barra, atópase o máis alto dos 48 faros marítimos de Portugal. O Farol e a Praia da Barra forman parte da parroquia de Gafanha da Nazaré. Costa Nova do Prado forma parte da parroquia de Gafanha da Encarnação. A praia da Costa Nova do Prado é tamén un dos lugares atrativos do municipio. As casas típicas desta praia (coñecida como Palheiros) caracterízanse polas fachadas (orixinalmente de madeira, actualmente en formigón), en listas de cores vivas e alegres, alternando co branco. A cidade de Ílhavo tamén é coñecida polo famoso pan de Vale de Ílhavo, feito artesanalmente na localidade homónima e cocido nun forno de leña.
Pesca[editar | editar a fonte]
Ílhavo está moi ligado á pesca do bacallau [7]; de feito, ao longo do século XX, a maioría dos capitáns que realizaban expedicións de longa distancia eran orixinarios da vila. Moitos dos pescadores tamén viñan de pobos limítrofes. Esta e outras conexións entre Ílhavo e o mar pódense contemplar no Museo Marítimo de Ílhavo, que ademais do edificio posúe o único arrastreiro lateral que se conserva para a pesca do bacallau. O barco é parte integrante do Museo e alberga exposicións temporais.
Poboación[editar | editar a fonte]
Número de habitantes [8] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
8 210 | 8 601 | 11 276 | 13 163 | 14 544 | 15 518 | 17 709 | 18 850 | 21 513 | 25 108 | 24 108 | 31 383 | 33 235 | 37 209 | 38 598 |
(Número de habitantes que tiñan a súa residencia oficial neste concello no momento en que se realizou o censo)
O concello de Ílhavo, que consta nos censos de 1864 a 1890, foi extinguido por decreto do 21/11/1895, e integrado no concello de Aveiro. Por decreto do 13/01/1898 deixou de formar parte do concello de Aveiro, pasando a ser concello con sede en Ílhavo, formado por unha única parroquia. Por decreto nº 12.612, do 01/11/1926, e do decreto do 23/06/1910, creáronse as parroquias de Gafanha da Encarnação e Gafanha da Nazaré con lugares nesta parroquia.
(Nota: De 1900 a 1950 os datos refírense á poboación presente no concello na data en que se realizaron. Polo tanto, hai algunhas diferenzas en relación coa poboación residente designada.)
Freguesías[editar | editar a fonte]
O concello de Ílhavo está dividido en 4 parroquias:
- Gafanha da Encarnação
- Gafanha da Nazaré
- Gafanha do Carmo
- Ílhavo (São Salvador)
Lugares[editar | editar a fonte]
Adro; Rua Nova; Viela do Mónica; Viela do Salvador; Viela do Conde; Viela do Louro; Viela do Bela; Viela do Geral; Viela do Professor; Capela (Sr.ª do Pranto); Fontoura; Viela do Panasco; Viela do Tambor; Carvalheira; Viela do Mariz, Cancelas; Carril do Panasco; Viela das Donas; Viela da Galega; Pedaço; Viela do Ralhados; Viela do Capitão; Viela da Pinta; Viela da Manga; Viela do Naça; Fonte da Praça; Viela das Carlas; Rua de Espinheiro; Viela do Marieiro; Viela do Parraxo; Viela do Sarna; Manga de Espinheiro; Urjal; Arnal; Curtido de cima; Viela da Coutada; Viela da Costa; Curtido de Espinheiro; Viela da Birrenta; Viela da Chocha; Viela do Batel; Alqueidão; Carvalha; Fonte; Alagoa; Casal; Coutada; Santo António; Cabeço da Coutada; Viveiro; Ribas da Picheleira; Quintãs; Chosa do Fidalgo; Cambarnal; Légua; Preza; Moitinhos; Passadouro; Vale de Ílhavo; Campo; Viela dos Louros; Casa do Cardoso Pereira; Costeira de Santiago; Campo Largo; Pessegal; Moitas; Ribas Altas da Ermida; Azenhas; Lugar; Aidos; Corredoura; Paço da Ermida; Praça da Ermida; Boa Vista; Soalhal; Vista Alegre; Chousa Velha.
Política[editar | editar a fonte]
Eleccións locais [9][editar | editar a fonte]
Data | % | V | % | V | % | V | % | V | % | V | % | V | % | V | % | V | % | V | Participación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PPD/PSD | PS | CDS-PP | FEPU/APU/CDU | PSN | BE | PPM | IND | CH | |||||||||||
colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | colspan="2" style="background:#Modelo:RGBpol;" | | |||||||||||
1976 | 41,47 | 3 | 27,84 | 2 | 21,16 | 2 | 6,05 | - | 63,71 / 100,00 | ||||||||||
1979 | 43,38 | 3 | 21,04 | 1 | 21,94 | 2 | 11,09 | 1 | 63,03 / 100,00 | ||||||||||
1982 | 36,42 | 3 | 28,55 | 2 | 17,39 | 1 | 14,14 | 1 | 62,97 / 100,00 | ||||||||||
1985 | 40,64 | 3 | 38,72 | 3 | 10,42 | 1 | 7,02 | - | 56,03 / 100,00 | ||||||||||
1989 | 47,54 | 4 | 42,97 | 3 | 3,58 | - | 2,84 | - | 55,15 / 100,00 | ||||||||||
1993 | 36,57 | 3 | 41,02 | 3 | 13,98 | 1 | 3,50 | - | 1,51 | - | 56,13 / 100,00 | ||||||||
1997 | 43,02 | 4 | 35,79 | 3 | 6,92 | - | 10,30 | - | 53,73 / 100,00 | ||||||||||
2001 | 65,71 | 6 | 19,87 | 1 | 4,30 | - | 6,70 | - | 53,64 / 100,00 | ||||||||||
2005 | 60,87 | 5 | 26,39 | 2 | 4,04 | - | 4,72 | - | 53,40 / 100,00 | ||||||||||
2009 | 63,53 | 5 | 22,69 | 2 | 5,22 | - | 3,04 | - | 2,60 | - | 47,55 / 100,00 | ||||||||
2013 | 44,28 | 4 | 28,37 | 3 | 7,84 | - | 5,01 | - | 4,17 | - | 40,01 / 100,00 | ||||||||
2017 | 46,66 | 4 | 35,17 | 3 | 5,11 | - | 2,92 | - | 4,07 | - | CDS | 43,74 / 100,00 | |||||||
2021 | 31,63 | 3 | 20,80 | 1 | 1,57 | - | 1,57 | - | 2,32 | - | 33,46 | 3 | 4,42 | - | 45,45 / 100,00 |
Eleccións lexislativas[editar | editar a fonte]
Data | % | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PSD | PS | CDS | PCP | UDP | AD | APU/ | FRS | PRD | PSN | B.E. | PAN | PàF | L | CH | IL | |
1976 | 40,46 | 28,98 | 19,94 | 3,01 | 0,71 | |||||||||||
1979 | AD | 25,76 | AD | APU | 1,35 | 59,97 | 6,96 | |||||||||
1980 | FRS | 0,86 | 61,56 | 5,89 | 25,00 | |||||||||||
1983 | 37,02 | 36,58 | 14,20 | 0,47 | 7,47 | |||||||||||
1985 | 41,07 | 22,40 | 11,22 | 0,86 | 6,30 | 13,85 | ||||||||||
1987 | 65,50 | 19,67 | 4,07 | CDU | 0,39 | 3,94 | 2,53 | |||||||||
1991 | 63,83 | 23,29 | 4,58 | 2,23 | 0,27 | 2,50 | ||||||||||
1995 | 42,80 | 35,66 | 15,40 | 0,20 | 2,70 | 0,38 | ||||||||||
1999 | 38,95 | 36,78 | 15,10 | 3,63 | 0,17 | 1,85 | ||||||||||
2002 | 49,12 | 28,42 | 14,47 | 2,44 | 2,62 | |||||||||||
2005 | 39,94 | 35,54 | 9,69 | 3,56 | 6,42 | |||||||||||
2009 | 35,83 | 28,34 | 14,80 | 3,88 | 10,93 | |||||||||||
2011 | 46,04 | 20,10 | 15,41 | 4,25 | 5,61 | 1,19 | ||||||||||
2015 | PàF | 24,75 | PàF | 4,61 | 11,11 | 1,43 | 47,41 | 0,61 | ||||||||
2019 | 32,61 | 31,18 | 5,00 | 3,30 | 11,44 | 4,17 | 1,08 | 1,21 | 1,01 | |||||||
2022 | 32,67 | 36,79 | 2,04 | 1,71 | 5,50 | 1,86 | 1,22 | 8,07 | 5,92 |
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Forte de Barra de Aveiro ou Castelo de Gafanha
Cultura[editar | editar a fonte]
- Biblioteca Municipal de Ílhavo - proxecto dos arquitectos Nuno Mateus e José Mateus, nace da restauración dun antigo pazo. Foi rematado en 2005 e ten 3200 metros cadrados.[10]
- Museo Marítimo de Ílhavo
Irmandamentos[editar | editar a fonte]
O concello de Ílhavo está irmandado coas seguintes cidades: [11]
Cuxhaven, Baixa Saxonia, Alemaña
Funchal, Rexión Autónoma da Madeira, Portugal
Ihtiman, Sofia, Bulgaria
Newark, Nova Jersey, Estados Unidos
New Bedford, Massachusetts, Estados Unidos
Parati, Río de Xaneiro, Brasil
St. John's, Terra Nova e Labrador, Canadá
Grindavik, Islandia (desde o 25 de agosto de 2005)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Unir para Fazer
- ↑ Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 2013-12-09. Consultado o 28/11/2013. Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine.
- ↑ INE (2012). Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Centro (en portugués). Lisboa. p. 96. ISBN 978-989-25-0184-0. ISSN 0872-6493.
- ↑ INE (2012). "Quadros de apuramento por freguesia" (XLSX-ZIP). Tabelas anexas à publicação oficial; informação no separador "Q101_CENTRO". Consultado o 27/07/2013.
- ↑ Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
- ↑ "Lei nº 34/90" (PDF) (en portugués). Consultado o 3 de abril de 2014.
- ↑ Silva, António José Marques da. "The fable of the cod and the promised sea. About Portuguese traditions of bacalhau" (en inglés).
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
- ↑ "Concelho de Ílhavo : Autárquicas Resultados 2021 : Dossier : Grupo Marktest - Grupo Marktest - Estudos de Mercado, Audiências, Marketing Research, Media". Consultado o 2021-12-18.
- ↑ ilva, Maria Rita Carvalhas de Serra e Silva - Bibliotecas contemporâneas em Portugal : edifícios reabilitados e construídos de raiz : 4 casos de estudo. Coimbra : [s.n.], 2012.
- ↑ http://www.anmp.pt/anmp/pro/mun1/gem101l0.php?cod_ent=M3830
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Polo Consumo da Causa - Páxina do xornalista Viriato Teles
- João Aníbal Ramalheira - Páxina de curiosidades de e sobre Ílhavo
- Concello de Ílhavo - Páxina oficial do concello
- Blog Patrimonio relixioso de Ílhavo - Páxina sobre o patrimonio relixioso de Ílhavo Dr. Hugo Calão
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ílhavo |