Lepisosteiformes
Lepisosteiformes Rango fósil: cretáceo tardío - actualidade[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepisosteus oculatus. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
A dos lepisosteiformes (Lepisosteiformes) é unha orde de peixes que, na actualidade, conta tan só cunha familia, a dos lepisosteidos (Lepisosteidae) con sete especies reunidas en dous xéneros, Lepìdosteus e Atracosteus, que viven en augas doces, estancadas, e ocasionalmente nasmariñas, no leste de Norteamérica, en Centroamérica e no mar Caribe.[2][3]
Antigamente denominados como "semionotiformes", e coñecidos coloquialmente na América hispana como pejelagartos, catanes, manjuaris, gaspares ou gares (este último o nome común en inglés),[4][5][6][7][8] habitaron na Terra desde a era mesozoica.[9][10] Teñen un rexistro fósil extenso, que se remonta ao período cretáceo (hai aproximadamente entre 145 e 165 millóns de anos).[11]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero Lepisosteus deriva do grego λεπίς lepís, 'escama', e οστέον ostéon, 'óso'.[12] Atractosteus, similarmente, deriva do grego, άτρακτος átraktos, 'frecha' e οστέον ostéon, 'óso'.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes de corpo alongado e máis ben cilíndrico, atenuado nos extremos e arredondado, encerrado nunha "armadura" de escamas ganoides (que teñen unha capa ósea recuberta por unha capa dunha substancia parecida ao esmalte), grandes, grosas, pesadas, rómbicas, xustapostas e non imbricadas, a maioría unidas como gonzos por unha articulación, armadura que reduce considerabelmente a flexibilidade do corpo. No rostro, as meixelas están cubertas por numerosas escamas pequenas similares a placas delgadas.[13] A liña lateral componse de 50 a 65 escamas.[14]
Destacan particularmente por posuíren un fociño alongado e deprimido entre os ollos e o nariz,[15] debido a que a rexión etmoidal no cranio e a mandíbula inferior están alongadas até formaren o fociño rodeado de grandes cabeiros, coas fosas nasais no seu extremo, en vez de na base, diante dos ollos, como nos peixes remo e nos peixes teleósteos con pico. Isto facilita a identificación dos fósiles; de aí o elevado número de fósiles de lepisosteiformes coñecidos.[11] Teñen un arco branquial cunha "lingua bilobulada", visualmente similar á das serpentes e certos lagartos, pero aplanada e arredondada.
As aletas pares están en posición abdominal e as impares moi atrasadas e próximas á caudal.[16] Estas carecen de raios duros ou osificados (espiñas), e só teñen raios brandos. As aletas dorsal e anal son pequenas e están inseridas, cunha marcada inclinación, nos extremos dorsal e ventral do corpo, e máis próximas á base da aleta caudal que as aletas pelvianas. A caudal é arredondada, asimétrica, semiheterocerca (co extremo da columna vertebral cara a arriba). Todas as aletas mediais teñen escamas fulcrais [17] bordeando o primeiro raio.
Teñen unha vexiga natatoria que se comunica co esófago, e que está altamente vascularizada, o que lle permite ter intercambio gasoso entre os tecidos e o aire que enche dita cavidade, polo que funciona como un pseudopulmón, característica que fai posíbel que estes peixes poidan respirar en augas estancadas.
Estes peixes teñen vértebras estruturalmente moi parecidas ás dos réptiles.[13] Posibelmente sexan o único grupo de peixes con vértebras de tipo opistocélico (é dicir, que a súa cara frontal é convexa, e a parte traseira cóncava).
Habitualmente nadan tranquila e lentamente, pero cunha velocidade explosiva no momento de lanzar un ataque ás súas presas.[16]
Distribución
[editar | editar a fonte]Considéranse como os máis primitivos peixes óseos de auga doce, e os máis estreitamente relacionados cos amiformes, outra orde arcaica de peixes só achado en Norteamérica.
Hai rexistros fósiles de lepisosteidos en Europa, Asia e América, pero só no continente americano existen especies viventes.[18] Isto suxire que en tempos pasados estes peixes tiñan unha ampla distribución, moito máis grande que a actual.
A día de hoxe hai sete especies descritas, cunha distribución limitada á costa americana do océano Atlántico, golfo de México e mar Caribe. No leste de Norteamérica están distribuídas cinco especies, desde o sur do Canadá até o norte de México (Atractosteus spatula, Lepidopsteus oculatus, L. platostomus, L. osseus e L. platyrhincus), A. tristoechus na illa de Cuba e A. tropicus desde o sueste de México até o sur de Costa Rica.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FishBase. Familia Lepisosteidae. Xaneiro de 2009.
- ↑ "Family Lepisosteidae - Gars". Consultado o 21 de xuño de 2007.
- ↑ Sterba, G (1962): Freshwater Fishes of the World, p. 609.
- ↑ National Geographic. "El maravilloso mundo de los animales. Introducción al mundo de los peces". 1990, RBA, Madrid. ISBN 84-8298-174-9.
- ↑ Reséndez-Medina, A. & M. L. Salvadores-Baledón. (1983): "Contribución al conocimiento de la biología del pejelagarto Lepisosteus tropicus (Gill) y la tenguayaca Petenia splendida Günther, del estado de Tabasco. Biótica 8: 413-426.
- ↑ Bussing, W. A. (1998): "Peces de las aguas continentales de Costa Rica". Ed. Univ. Costa Rica.
- ↑ Camacho, J. P. M., T. F. Sharbel & L. W. Beukeboom (2000): "B-chromosome evolution". Phil Trans. R. Soc. Lond. B 355: 163-178.
- ↑ Miller, R. R., W. L. Minckley & S. M. Norris (2005): Freshwater fishes of Mexico. Chicago & London: University of Chicago Press
- ↑ Miller et al. (2005), Op. cit.
- ↑ Arias-Rodríguez, Lenin; Páramo-Delgadillo, Salomón; Contreras-Sánchez, Wilfrido M. e Álvarez-González, Carlos A. (2009): "Cariotipo del pejelagarto tropical Atractosteus tropicus (Lepisosteiformes: Lepisosteidae) y variación cromosómica en sus larvas y adultos". Rev. biol. trop. 57, nº 3, pp. 529-539
- ↑ 11,0 11,1 National Geographic, Op. cit.
- ↑ "Genera reference detail". Consultado o 21 de abril de 2007.
- ↑ 13,0 13,1 Carpenter, K. (2002). "The living marine resources of the Western Central Atlantic. Volume 2: Bony fishes Part 1 (Acipenseridae to Grammatidae).". undefined (en inglés).
- ↑ Nelson (2006).
- ↑ L. G. Castejón (2006): Los cordados: origen y diversificación. Editorial Club Universitario San Vicente, España. ISBN 987-84-8454-525-5.
- ↑ 16,0 16,1 L. G. Castejón (2006), Op. cit.
- ↑ Un tipo particular de escamas pequenas en forma de espiña que se encontran no bordo dianteiro das aletas dorsal e caudal de moitos peixes ganoides.
- ↑ Arias-Rodríguez, Lenin et al. (2009), Op, cit.
- ↑ Arias-Rodríguez, Lenin et. al. (2009), Op. cit.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lepisosteiformes |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepisosteiformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fiedler, Kurt (1991): Lehrbuch der Speziellen Zoologie. Band II, Teil 2: Fische. Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-334-00339-6.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- FishBase. Familia Lepisosteidae (en inglés) Consultada o 13/11/2012.