Leon Festinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leon Festinger
Nacemento8 de maio de 1919
 Manhattan
Falecemento11 de febreiro de 1989
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterCity College of New York, Universidade de Iowa, Universidade de Iowa e Boys High School
Ocupaciónpsicólogo e catedrático de universidade
PremiosAPA Award for Distinguished Scientific Contributions to Psychology
editar datos en Wikidata ]

Leon Festinger, nado en Nova York o 8 de maio de 1919 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 1989, foi un psicólogo social estadounidense, coñecido pola disonancia cognitiva e teoría da comparación social.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Festinger naceu en Brooklyn en 1919 fos inmigrantes rusos xudeus Alex Festinger e Sara Solomon Festinger. Festinger asistiu á Boys’ High School de Brooklyn, e obtivo o grao BS en psicoloxía pola City College of New York en 1939.[1]

A continuación estudou con Kurt Lewin na Universidade de Iowa, onde recibiu o seu MA en 1940 e o PhD en 1942 na área do comportamento infantil.[2] Segundo as súas propias palabras, non estaba interesado na psicoloxía social cando chegou a Iowa, e non se matriculou en curso ningún nesta materia durante o seu tempo aló; pola contra, interesábase nos primeiros traballos de Lewin sobre sistemas de tensión, pero o centro de Lewin mudara á psicoloxía social cando Festinger chegou a Iowa.[3] Non obstante, Festinger continuou a seguir os seus intereses orixinais, estudando niveis de aspiración,[4] traballando en estatística,[5][6] desenvolvendo un modelo cuantitativo da toma de decisións[7] e mesmo publicando un estudo sobre ratas de laboratorio.[8] Para explicar a súa falta de interese na psicoloxía social nese momento, afirmou: "a metodoloxía dos estudos de psicoloxía social, e a vaguidade da relación dos datos cos conceptos e teorías de Lewin, parecíanme pouco atractivas na miña xuvenil inclinación ao rigor".[9]

Tras graduarse, Festinger traballou como investigador asociado en Iowa entre 1941 e 1943, e logo como estatístico para o comité de selección e adestramento de pilotos aéreos na Universidade de Rochester entre 1943 e 1945 durante a segunda guerra mundial. en 1943, Festinger casou con Mary Oliver Ballou, pianista,[10] coa que tivo tres fillos, Catherine, Richard e Kurt.[11] Festinger e Ballou divorciáronse posteriormente e Festinger casou con Trudy Bradley, profesora de traballo social na Universidade de Nova York[12] en 1968.[13]

Festinger foi autor de A Theory of Cognitive Dissonance[14] ("Teoría da disonancia cognitiva", 1957), obra na que expón a súa teoría da disonancia cognitiva, que revolucionou o campo da psicoloxía social, e que tivo múltiples aplicacións en áreas tales como a motivación, a dinámica de grupos, o estudo do cambio de actitudes e a toma de decisións.[15] Na súa teoría, sinala que na mente dos suxeitos se poden distinguir unha serie de coñecementos ou elementos (cognicións) «... é dicir todo o que unha persoa sabe sobre si mesma, da súa conduta e das súas circunstancias» e que algúns destes coñecementos poden ser contraditorios, non só dende o punto de vista lóxico, senón tamén dende o psicolóxico, entre si, por exemplo, a idea de que o código da circulación ha ser respectado pode estar en contradición co coñecemento de que neste momento estou a saltarme un semáforo vermello.

Esta contradición é o que o autor denomina disonancia cognitiva. Cando hai disonancia cognitiva, o suxeito vese motivado a reducila.

Para iso ten que cambiar a súa conduta, se iso é posible, e se non o é, o cal ocorre en moitos casos (por exemplo ao avaliar un feito xa acontecido, pola incapacidade de actuar sobre o pasado), entón tratará de cambiar as súas cognicións ou a valoración das mesmas.


Obra[editar | editar a fonte]

  • Allyn, J., & Festinger, L. (1961). Effectiveness of Unanticipated Persuasive Communications. Journal of Abnormal and Social Psychology, 62(1), 35–40.
  • Back, K., Festinger, L., Hymovitch, B., Kelley, H., Schachter, S., & Thibaut, J. (1950). The methodology of studying rumor transmission. Human Relations, 3(3), 307–312.
  • Brehm, J., & Festinger, L. (1957). Pressures toward uniformity of performance in groups. Human Relations, 10(1), 85–91.
  • Cartwright, D., & Festinger, L. (1943). A quantitative theory of decision. Psychological Review, 50, 595–621.
  • Coren, S., & Festinger, L. (1967). Alternative view of the "Gibson normalization effect". Perception & Psychophysics, 2(12), 621–626.
  • Festinger, L. (1942a). A theoretical interpretation of shifts in level of aspiration. Psychological Review, 49, 235–250.
  • Festinger, L. (1942b). Wish, expectation, and group standards as factors influencing level of aspiration. Journal of Abnormal and Social Psychology, 37, 184–200.
  • Festinger, L. (1943a). Development of differential appetite in the rat. Journal of Experimental Psychology, 32(3), 226–234.
  • Festinger, L. (1943b). An exact test of significance for means of samples drawn from populations with an exponential frequency distribution. Psychometrika, 8, 153–160.
  • Festinger, L. (1943c). A statistical test for means of samples from skew populations. Psychometrika, 8, 205–210.
  • Festinger, L. (1943d). Studies in decision: I. Decision-time, relative frequency of judgment and subjective confidence as related to physical stimulus difference. Journal of Experimental Psychology, 32(4), 291–306.
  • Festinger, L. (1943e). Studies in decision: II. An empirical test of a quantitative theory of decision. Journal of Experimental Psychology, 32(5), 411–423.
  • Festinger, L. (1946). The significance of difference between means without reference to the frequency distribution function. Psychometrika, 11(2), 97–105.
  • Festinger, L. (1947a). The role of group belongingness in a voting situation. Human Relations, 1(2), 154–180.
  • Festinger, L. (1947b). The treatment of qualitative data by scale analysis. Psychological Bulletin, 44(2), 149–161.
  • Festinger, L. (1949). The analysis of sociograms using matrix algebra. Human Relations, 2(2), 153–158.
  • Festinger, L. (1950). Informal social communication. Psychological Review, 57(5), 271–282.
  • Festinger, L. (1950b). Psychological Statistics. Psychometrika, 15(2), 209–213.
  • Festinger, L. (1951). Architecture and group membership. Journal of Social Issues, 7(1–2), 152–163.
  • Festinger, L. (1952). Some consequences of de-individuation in a group. Journal of Abnormal and Social Psychology, 47(2), 382–389.
  • Festinger, L. (1954). A theory of social comparison processes. Human Relations, 7, 117–140.
  • Festinger, L. (1955a). Handbook of social psychology, vol 1, Theory and method, vol 2, Special fields and applications. Journal of Applied Psychology, 39(5), 384–385.
  • Festinger, L. (1955b). Social psychology and group processes. Annual Review of Psychology, 6, 187–216.
  • Festinger, L. (1957). A Theory of Cognitive Dissonance. Stanford, CA: Stanford University Press.
  • Festinger, L. (1959a). Sampling and related problems in research methodology. American Journal of Mental Deficiency, 64(2), 358–369.
  • Festinger, L. (1959b). Some attitudinal consequences of forced decisions. Acta Psychologica, 15, 389–390.
  • Festinger, L. (1961). The psychological effects of insufficient rewards. American Psychologist, 16(1), 1–11.
  • Festinger, L. (1962). Cognitive dissonance. Scientific American, 207(4), 93–107.
  • Festinger, L. (1964). Behavioral support for opinion change. Public Opinion Quarterly, 28(3), 404–417.
  • Festinger, L. (Ed.). (1980). Retrospections on Social Psychology. Oxford: Oxford University Press.
  • Festinger, L. (1983). The Human Legacy. New York: Columbia University Press.
  • Festinger, L. (1981). Human nature and human competence. Social Research, 48(2), 306–321.
  • Festinger, L., & Canon, L. K. (1965). Information about spatial location based on knowledge about efference. Psychological Review, 72(5), 373–384.
  • Festinger, L., & Carlsmith, J. M. (1959). Cognitive consequences of forced compliance. The Journal of Abnormal and Social Psychology, 58(2), 203–210.
  • Festinger, L., Cartwright, D., Barber, K., Fleischl, J., Gottsdanker, J., Keysen, A., & Leavitt, G. (1948). A study of rumor transition: Its origin and spread. Human Relations, 1(4), 464–486.
  • Festinger, L., Gerard, H., Hymovitch, B., Kelley, H. H., & Raven, B. (1952). The influence process in the presence of extreme deviates. Human Relations, 5(4), 327–346.
  • Festinger, L., & Holtzman, J. D. (1978). Retinal image smear as a source of information about magnitude of eye-movement. Journal of Experimental Psychology-Human Perception and Performance, 4(4), 573–585.
  • Festinger, L., & Hutte, H. A. (1954). An experimental investigation of the effect of unstable interpersonal relations in a group. Journal of Abnormal and Social Psychology, 49(4), 513–522.
  • Festinger, L., & Katz, D. (Eds.). (1953). Research methods in the behavioral sciences. New York, NY: Dryden.
  • Festinger, L., & Maccoby, N. (1964). On resistance to persuasive communications. Journal of Abnormal and Social Psychology, 68(4), 359–366.
  • Festinger, L., Riecken, H. W., & Schachter, S. (1956). When Prophecy Fails. Minneapolis, MN: University of Minnesota Press.
  • Festinger, L., Schachter, S., & Back, K. (1950). Social Pressures in Informal Groups: A Study of Human Factors in Housing. Stanford, CA: Stanford University Press.
  • Festinger, L., Sedgwick, H. A., & Holtzman, J. D. (1976). Visual-perception during smooth pursuit eye-movements. Vision Research, 16(12), 1377–1386.
  • Festinger, L., & Thibaut, J. (1951). Interpersonal communication in small groups. Journal of Abnormal and Social Psychology, 46(1), 92–99.
  • Festinger, L., Torrey, J., & Willerman, B. (1954). Self-evaluation as a function of attraction to the group. Human Relations, 7(2), 161–174.
  • Hertzman, M., & Festinger, L. (1940). Shifts in explicit goals in a level of aspiration experiment. Journal of Experimental Psychology, 27(4), 439–452.
  • Hochberg, J., & Festinger, L. (1979). Is there curvature adaptation not attributable to purely intravisual phenomena. Behavioral and Brain Sciences, 2(1), 71–71.
  • Hoffman, P. J., Festinger, L., & Lawrence, D. H. (1954). Tendencies toward group comparability in competitive bargaining. Human Relations, 7(2), 141–159.
  • Holtzman, J. D., Sedgwick, H. A., & Festinger, L. (1978). Interaction of perceptually monitored and unmonitored efferent commands for smooth pursuit eye movements. Vision Research, 18(11), 1545–1555.
  • Komoda, M. K., Festinger, L., & Sherry, J. (1977). The accuracy of two-dimensional saccades in the absence of continuing retinal stimulation. Vision Research, 17(10), 1231–1232.
  • Miller, J., & Festinger, L. (1977). Impact of oculomotor retraining on visual-perception of curvature. Journal of Experimental Psychology-Human Perception and Performance, 3(2), 187–200.
  • Schachter, S., Festinger, L., Willerman, B., & Hyman, R. (1961). Emotional disruption and industrial productivity. Journal of Applied Psychology, 45(4), 201–213.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schacter, 1994, páx. 100
  2. American, 1959, páx. 784
  3. Festinger, 1980, páx. 237
  4. Festinger, 1942
  5. Festinger, 1943a
  6. Festinger, 1943b
  7. Carlsmith & Festinger, 1943
  8. Festinger, 1943c
  9. Festinger, 1980, páx. 237
  10. "Deaths: Mary Ballou Festinger," 2006
  11. Schachter & Gazzaniga, 1989, páx. 545
  12. Faculty Profile, n.d.
  13. Schachter & Gazzaniga, 1989, páx. 545
  14. Festinger, Leon (1 de xaneiro de 1962). A Theory of Cognitive Dissonance (en inglés). Stanford University Press. ISBN 9780804709118. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  15. ISBN 13: 978-84-259-0430-1, 1975, Editorial: Centro de Estudos Políticos e Constitucionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]