Stanley Schachter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStanley Schachter
Biografía
Nacemento15 de abril de 1922 Editar o valor em Wikidata
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1997 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
East Hampton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Universidade Yale
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Director de teseLeon Festinger Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoloxía e Psicoloxía social Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsicólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresLeon Festinger Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRichard Emerson (en) Traducir, Richard E. Nisbett (pt) Traducir e Jerome E. Singer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSophia Duckworth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosElijah Sloane Duckworth-Schachter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Stanley Schachter, nado en Flushing, Queens, o 15 de abril de 1922 e finado en East Hampton, Nova York, o 7 de xuño de 1997, foi un psicólogo social estadounidense, coñecido polo seu desenvolvemento da teoría dos dous factores da emoción en 1962 xunto con Jerome E. Singer. Na súa teoría, afirma que as emocións teñen dous ingredientes, excitación fisiolóxica e unha etiqueta cognitiva. A experiencia dunha persoa dunha emoción xorde da conciencia da excitación física do corpo e da explicación que un asocia a esa excitación. Schachter tamén estudou e publicou obras sobre temas como a obesidade, as dinámicas de grupo, a orde de nacemento e sobre fumar. Unha investigación de Review of General Psychology, publicada en 2002, clasificou a Schachter como o sétimo psicólogo máis citado do século XX.[1]

Teorías[editar | editar a fonte]

Emoción[editar | editar a fonte]

Schachter, xunto con Jerome Singer, destacou coa teoría dos dous factores da emoción. Esta teoría porpón que a emoción se basea en dous factores, etiquetas cognitivas e excitación fisiolóxica. Tamén propoñen dúas condicións que poden ocorrer cando unha persoa está nun estado de excitación: cando hai unha explicación e cando o individuo non ten explicación para o seu estado. Baixo a primeira condición, un individuo empregará dita explicación, e todo estará ben. Na segunda condición, o individuo etiquetará a súa excitación baseada en estímulos externos e internos.[2] Unha importante parte desta teoría é a misattribution of arousal. Se o cerebro non está seguro de por que sente unha emoción, empregará estímulos externos como pista para etiquetar as emocións que está a sentir.[2]

Obesidade[editar | editar a fonte]

Schachter propón que os individuos obesos son hipersensíbeis aos estímulos externos, tanto relacionados como non coa comida. Schachter descubriu que numerosos factores levan a diferentes respostas entre individuos obesos e os que non o son. Os individuos obesos comerán máis que os non obesos cando a comida é fácil de conseguir, mais comerán menos que os non obesos cando é máis complicada obtela.[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Haggbloom, Steven J.; Warnick, Renee; Warnick, Jason E.; Jones, Vinessa K.; Yarbrough, Gary L.; Russell, Tenea M.; Borecky, Chris M.; McGahhey, Reagan; Powell III, John L.; Beavers, Jamie; Monte, Emmanuelle (2002). "The 100 most eminent psychologists of the 20th century". Review of General Psychology 6 (2): 139–152. doi:10.1037/1089-2680.6.2.139. 
  2. 2,0 2,1 Schachter, S., & Singer, J. E. (1962). Cognitive, Social, and Physiological Determinants of Emotional State. Psychological Review, 378-399.
  3. Schachter, S. (1971). Some Extraordinary Facts About Obese Humans and Rats. American Psychologist, 129-144.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]