Lebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a constelación homónima, véxase Canes Venatici
O Whippet mostra patas longas, tórax profundo e cintura estreita, características dos lebreiros.
As proporcións da cabeza dolicocéfala dun lebreiro típico.

Os lebreiros,[1] son un conxunto de razas de cans cuxa constitución física lles fai estar moi ben dotados para a carreira, na que poden alcanzar unha gran velocidade.

Na súa maioría son máis altos que longos, teñen a cabeza longa e estreita, as orellas pequenas, semierectas, e posúen un gran sentido da vista, ao contrario que a maioría das razas de cans como, por exemplo, os sabuxos.

Adoitan utilizarse para a caza maior en mandas, e para a caza do coello e a lebre.[2]

Nos últimos tempos introducíronse tamén como animais de compañía (mascotas), sobre todo en Europa.[3]

En Galicia, así como en toda España e en Portugal, son tamén coñecidos como galgos,[4] xa que ese é o nome que recibe o lebreiro español e, por extensión, todas aquelas razas que posúen características similares.

Características[editar | editar a fonte]

Estes Canis lupus familiaris especializáronse en cazar as presas manténdoas na liña de visión. Consecuentemente, precisan ser hábiles para detectar rapidamente movementos; por iso estes cans normalmente teñen unha visión extremadamente aguda e as orellas menores para non obstruír posíbeis movementos periféricos.

A causa de que as presas cazadas normalmente son moi rápidas e áxiles, como os cervos, o can tamén precisa ser bastante áxil e rápido, podendo chegar a 65 km/h.[Cómpre referencia] Como resultado, a maioría deles teñen as patas longas, para dar pasos longos, un tórax profundo para soportar un sistema cardiovascular forte para as carreiras, e un corpo magro e delgado para manter o menor peso posíbel.

A causa desta velocidade, estes cans son moi empregados para as carreiras de cans (carreiras de galgos) sobre todo en América do Norte, en particular os das razas Greyhound e Whippet.

O típico galgo debe ser dolicocéfalo. Esta forma da cabeza puede crear a ilusión óptica de que é máis longa do normal. A dolicocefalia é realmente unha característica dos lobos e outros animais carnívoros silvestres, e está relacionada coa necesidade dunha visión esteoroscópica na caza. Por razóns descoñecidas, a maioría dos animais domesticados, incluíndo os cans (que no sexan os galgos), volvéronse braquicéfalos e perderon parcialmente este aspecto do campo de visión.[Cómpre referencia]

Razas[editar | editar a fonte]

A Federación Cinolóxica Internacional (Fédération Cynologique Internationale, FCI) no Grupo 10, grupo que está dividido en:

  • Sección 1: Lebreiros de pelo longo ou ondulado,
  • Sección 2: Lebreiros de pelo duro e
  • Sección 3: Lebreiros de pelo curto.

Sección 1: Lebreiros de pelo longo ou ondulado[editar | editar a fonte]

Sección 2: Lebreiros de pelo duro[editar | editar a fonte]

Sección 3: Lebreiros de pelo curto[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lebreiro.
  2. De aí o seu nome.
  3. Galgos são a raça canina preferida da turma da moda Folla de São Paulo, 01-06-2009.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galgo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Como, Denise & Sighthounds, Afield (2004): The Complete Guide to Sighthound Breeds & Amateur Performance Events (With a Comprehensive Chapter on Adopted Ex-Racing Greyhounds). Bloomington, Ind., USA: AuthorHouse. ISBN 1-4184-3822-7.
  • Gacsi, M.; McGreevy, P.; Kara, E. & Miklosi, A. (2009): "Effects of selection for cooperation and attention in dogs". Behavioural and Brain Functions 5: 31.
  • Grant-Rennick, Richard (ed.) (1977): Coursing: The Pursuit of Game with Gazehounds. Saul, Gloucestershire, UK: The Standfast Sporting Library. ISBN 0-9502148-9-2.
  • Recum, Andreas F. von (2002): Hunting With Hounds in North America. Gretna: Pelican Publishing Co. ISBN 1-58980-043-5.
  • Roberts, T; McGreevy, P & Valenzuela, M. (2010): "Human Induced Rotation and Reorganization of the Brain of Domestic Dogs". PLoS ONE 5 (7): e11946.
  • Russell, Joanna (1976): All about Gazehounds. London: Pelham. ISBN 0-7207-0926-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]