Galgo inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Greyhound")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galgo inglés.

Galgo inglés (en inglés: Greyhound) é unha raza de can orixinaria do Reino Unido, tamén coñecida por ser a máis rápida do mundo, chegando a atinxir os 72 km/h.[1] A súa orixe é antiga e aínda incerta: os seus devanceiros, entre eles a probábel presenza do pharaoh hound, vivirían no Oriente Medio e na Asia arredor do 7 000 a.C. Estabelecida como raza na Gran Bretaña durante o período saxón, é unha raza que foi inicialmente usada para cazar lebres, agora coñecida internacionalmente como atlética en virtude do seu físico aerodinámico.[2] Bastante usados nas carreiras de poxas, moitos cans son abandonados cando son incapaces de correr. Fisicamente os seus exemplares poden chegar a pesar 32 kg e medir 76 cm; a súa pelaxe é descrita como fina e sedosa, variando entre o negro, o branco, o vermello e o tigrado, alén das formas bicolores. A súa personalidade é cualificada como calma, o que o converte nun apreciado can de compaña, aínda que o seu adestramento sexa clasificado como de dificultade moderada.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fogle (2009), páx 166
  2. "Greyhound Ingles - Galgo Inglês". Cães e filhotes. Consultado o 26 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.