Laurentino Cortizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laurentino Cortizo
Laurentino Cortizo (52134360482) (cropped).jpg
Nome completoLaurentino Cortizo Cohen
Nacemento30 de xaneiro de 1953
Lugar de nacementoCidade de Panamá
NacionalidadePanamá
Alma máterUniversidade de Texas en Austin, St. Edward's University e Norwich University
OcupaciónPolítico, administrador de empresas, ganadero.
CónxuxeYazmín Colón de Cortizo
Na rede
https://www.nitocortizo.com
Twitter: NitoCortizo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Laurentino «Nito» Cortizo Cohen, nado na Cidade de Panamá o 30 de xaneiro de 1953, é un político e empresario panameño, presidente de Panamá dende o 1 de xullo de 2019.

Membro do Partido Revolucionario Democrático (PRD), foi deputado da Asemblea Lexislativa entre 1994 e 2004 (sendo presidente do órgano entre 2000 e 2001)[1]

En 2004, durante a presidencia de Martín Torrijos, foi ministro do Desenvolvemento Agropecuario, pero renunciou ao cargo o 6 de xaneiro de 2006 por estar en desacordo con certas cláusulas do Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos e Panamá, en especial de que Panamá flexibilizase as súas medidas fitosanitarias e zoosanitarias ante Estados Unidos.[2]

Dende o 1 de xullo de 2019 é presidente de Panamá tras vencer nas eleccións xerais de 2019, obtendo o 33,18% do total de votos en primeira volta.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Cidade de Panamá, sendo os seus pais o galego Laurentino Cortizo Cortizo, natural da aldea de Ricovanca, en Beariz, e Esther Cohen de Cortizo, de orixe grega.[4][5] Cursou estudos primarios no Colexio Javier e secundarios no Colexio de La Salle en Nicaragua.[5] Realizou estudos na Academia Militar de Valley Forge.[5] Obtivo o título de licenciado en Administración de Empresas na Universidade de Norwich, Estados Unidos.[5] Realizou unha mestría en Administración de Empresas e estudos de doutoramento en Comercio Internacional e Mercadotecnia na Universidade de Texas, en Austin.[5]

Vida profesional[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse, viaxou a Washington en 1981 para traballar como asesor técnico do secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).[5]

En novembro de 1986, foi nomeado embaixador representante alterno de Panamá ante a OEA, sendo membro da Comisión de Orzamento e do Grupo de Traballo sobre o Sector Privado. Presidiu o Grupo de Traballo sobre os Problemas de Desenvolvemento dos Estados do Istmo Centroamericano. Nese período, presidiu a Comisión Executiva Permanente do Consello Económico e Social.

Dende 1986, exerceu a súa profesión no sector privado nas empresas do Grupo Cortizo, Panablock (empresa de materiais de construción) e Hacienda Hermacor (gandaría de alta xenética).[6]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Como lexislador[editar | editar a fonte]

En 1994 foi electo baixo a Partido Solidaridad como lexislador polo circuíto 3-2, pertencente á provincia de Colón. En 1998 foi escollido primeiro vicepresidente da Asemblea Lexislativa de Panamá.[7]

En 1999, foi nomeado nas eleccións xerais como candidato á segunda vicepresidencia da República, sendo compañeiro de fórmula do candidato Martín Torrijos, do Partido Revolucionario Democrático (PRD) e de Raúl "Beby" Arango, do Partido Liberal Nacional. A pesar de que a fórmula presidencial foi derrotada, Cortizo puido ser reelixido como lexislador e en 2000 foi electo presidente da Asemblea Lexislativa.[7]

Aínda que, en 1999 Cortizo mantivo un apoio condicionado ao goberno da presidenta Mireya Moscoso, a través do Pacto de La Pintada, a súa elección como presidente do órgano lexislativo ao ano seguinte foi feita contraria á liña de Solidaridad, que terminara co PRD e adheriuse ao Partido Arnulfista logo das eleccións xerais.[8][9][10] Cortizo adheriuse ao Pacto para o Melloramento e Transformación da Asemblea (META) e mantivo un apoio político co PRD, dando motivos para a súa posible expulsión de Solidaridad, aínda que non se concretou.[10][11][12] Mantivo a súa liña disidente até o final do seu período lexislativo e expresou o seu apoio a Martín Torrijos do PRD como candidato presidencial con miras ás eleccións xerais de 2004.[13]

Ministro[editar | editar a fonte]

En 2004 inscribiuse formalmente no PRD [7] e tras a vitoria electoral de Torrijos como presidente da República, Cortizo foi nomeado Ministro de Desenvolvemento Agropecuario.[14]

Cortizo asumiu o cargo no medio das negociacións do sector agrícola para o establecemento dun tratado de libre comercio entre Panamá e os Estados Unidos, onde os produtores sentían escepticismo polos acordos que os negociadores panameños aceptaron ante os Estados Unidos.[5] Con todo, o 22 de setembro de 2005, Cortizo recibiu un documento da oficina do representante de Comercio dos Estados Unidos, onde tivo que selar a súa sinatura xunto coa dos ministros de Comercio e Industria, Alejandro Ferrer e Saúde, Camilo Alleyne.[2][15] Nese documento, EE.UU. trabata de que Panamá ofrecese un tratamento especial ás súas importacións de bovinos e aves, ignorando os controis sanitarios nacionais e ofrecendo como única garantía as certificacións sanitarias emitidas polas súas entidades de inspección nos Estados Unidos,[15] modificando os acordos alcanzados anteriormente onde os dous países adoptarían as normas fitosanitarias e zoosanitarias segundo a Organización Mundial do Comercio.[16][17] O documento en cuestión tratouse con certa confidencialidade, pero Cortizo consultou a funcionarios de confianza que acordaron que esta modificación prexudicaría o sector, polo que non puxo a súa sinatura.[15]

O 6 de xaneiro de 2006, Cortizo non viaxou a Washington, onde se celebraría a novena rolda de negociacións e foi á residencia do presidente Torrijos para presentar persoalmente a súa dimisión e expoñer a súa oposición ás negociacións.[17] O 10 de xaneiro de 2006, pouco antes de iniciar a primeira fase da rolda, Cortizo convocou unha conferencia de prensa onde anunciou publicamente a súa dimisión e denunciou a existencia do documento.[16] Trala dimisión, o goberno nomeou a Guillermo Salazar, que estaba a cargo das negociacións agrícolas, como novo ministro e intentou minimizar o efecto que deixou Cortizo, aclarando que o documento nunca foi avalado.[15][17] As presións do sector agrícola despois do escándalo forzaron as negociacións do tratado a unha décima rolda.[2][15]

Primeiras aspiracións presidenciais[editar | editar a fonte]

Logo da súa renuncia como ministro, mantivo un baixo perfil político, pero o 7 de maio de 2008 anunciou a súa candidatura como candidato á presidencia de Panamá nas eleccións primarias do PRD.[18] O seu plan de goberno estaba baseado en seis eixes: loita contra a pobreza e a marxinación, estado de dereito, educación para a vida e o traballo, economía competitiva para xerar emprego, institucións independentes, corrupción e transparencia e rendición de contas.[19] Despois das eleccións primarias do 7 de setembro de 2008, Cortizo foi derrotado por Balbina Herrera e obtivo o terceiro posto en preferencias, co 9% dos votos.[20] Uniuse ao equipo de campaña de Herrera para as eleccións xerais de 2009 e foi o coordinador do plan gobernamental da candidata.[21]

En novembro de 2012, Cortizo dixo que non participaría nas primarias presidenciais do 10 de marzo de 2013 e mostrou o seu apoio a Juan Carlos Navarro, integrando algúns dos seus puntos no plan do goberno de Navarro.[22] Despois das primarias, Navarro converteuse no candidato presidencial do partido nas eleccións xerais de 2014, e Cortizo foi nomeado por Navarro como xefe do gabinete social nunha eventual vitoria do PRD,[23] onde estaría a cargo do sector agrícola e da cesta básica [24]

Candidatura presidencial[editar | editar a fonte]

Trala derrota do PRD nas eleccións de maio de 2014, o partido caeu nunha crise de liderado que deixou fisuras entre Navarro, que renunciou á secretaría xeral do partido, e Benicio Robinson, presidente do PRD, que preferiu non renunciar; Cortizo foi visto como unha das posibles figuras que poderían recompoñer o partido nese momento.[25] En 2015, Cortizo cuestionou a disputa interna [26] e volveu expresar o seu interese en ocupar a presidencia da República nas eleccións de 2019 .[27]

O 19 de abril de 2016, Cortizo anunciou formalmente a súa aspiración presidencial polo PRD, baixo o lema "Unindo forzas", consistente nunha serie de xiras políticas e reunións con bases do partido en todo o país,[28][28][29][29][30], aínda que foi inicialmente cuestionado pola présa da súa decisión ao facerse uns dous anos antes das primarias presidenciais, e que a súa decisión non tivo o apoio do comité executivo nacional do partido.[31] En 2017, a aspiración de Cortizo foi apoiada polo presidente do PRD, Benicio Robinson, e por outras faccións importantes do partido.[32]

Unha vez que se anunciaron as primarias presidenciais do PRD en 2018, Cortizo postulouse como pre-candidato o 16 de xullo.[33][33][34][35] Uns 17 pre-candidatos participaron nas eleccións primarias o 16 de setembro,[36] destacando a deputada Zulay Rodríguez e o expresidente Ernesto Pérez Balladares .[37] Cortizo obtivo o nomeamento como candidato presidencial do PRD, obtendo 215 628 votos (o 66% do total).[38][39]

Entre as propostas e ideas que Cortizo apoia, están a loita contra a pobreza, os problemas sociais e a corrupción, que el chamou a "sexta fronteira";[39] facendo eco da "quinta fronteira", mencionada por Omar Torrijos Herrera nos anos setenta, que facía referencia á fronteira da antiga Zona do Canal de Panamá que dividiu o país.[40] Tamén prometeu eliminar o control de prezos establecido polo goberno do presidente Juan Carlos Varela e establecer mercados comunitarios como un xeito de achegar aos produtores e consumidores.[41] Falou en contra do aborto e do matrimonio igualitario, mentres que apoia o uso do cánabo medicinal.[42] Do mesmo xeito, expresou a súa intención de reformar a Constitución.[43] Dende outubro de 2018, comezaron os traballos do seu plan gobernamental,[44] que foi presentado o 1 de abril de 2019.[45]

Nas eleccións celebradas o domingo 5 de maio, Cortizo foi o vencedor, con 633 143 votos (33,18%), seguido por un estreito marxe por Rómulo Roux, candidato de Cambio Democrático, que obtivo 592 311 votos, que representan o 31,04% do total, e o candidato independente, Ricardo Lombana, con 365 511 votos (19,15%).[46] O candidato do Partido Panameñista, José Isabel Blandón, logrou pouco máis do 10% dos votos.[47]

Presidencia (2019 - presente)[editar | editar a fonte]

Tomou posesión do cargo de presidente de Panamá o 1 de xullo de 2019.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Yazmín Colón de Cortizo e tivo dous fillos (Jorge Andrés e Carolina Esther) e dous netos.[6][7] Tivo unha educación política inspirada nos ensaios do xurista e político liberal colombiano Jorge Eliécer Gaitán, e un tío de Cortizo foi deputado pola provincia de Colón.[6] Tamén se declara un devoto lector da Biblia.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Partidos políticos de América Latina. Centroamérica, México y República Dominicana. Universidad de Salamanca. ISBN 9788478008377. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Panamá América (11 de xaneiro de 2006). "La renuncia de Cortizo paraliza ronda del TLC". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  3. "Laurentino Cortizo es electo presidente de la República". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  4. "O novo presidente electo de Panamá ten as súas raíces en Beariz". Consultado o 7 de maio de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 El Panamá América (5 de xullo de 2004). "Laurentino Cortizo Cohen devuelve la confianza al sector agropecuario". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Crítica Libre (1 de setembro de 2000). "Cortizo: sería irresponsable juzgar a la Presidenta Moscoso". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Eco TV (13 de setembro de 2018). "Laurentino Cortizo, 14 años militando en el PRD". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  8. Crítica Libre (8 de setembro de 1999). "No soy el voto 37 de Mireya aclara Laurentino Cortizo". Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  9. La Prensa (6 de xullo de 2015). "Política, pactos y traiciones". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 La Prensa (16 de maio de 2004). "El círculo de Martín". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  11. El Panamá América (28 de agosto de 2000). "Expulsión de Cortizo dependerá del fiscal del Partido Solidaridad". Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  12. El Panamá América (26 de agosto de 2000). "Rechazan expulsión de Cortizo de Solidaridad". Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  13. El Panamá América (15 de abril de 2003). "Legislador de Solidaridad apoya candidatura de Martín". Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  14. Ministerio de Desarrollo Agropecuario de Panamá. "Memoria 2004" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 La Prensa (15 de xaneiro de 2006). "La historia detrás de una dimisión". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. /
  16. 16,0 16,1 Radio Panamá (10 de xaneiro de 2006). "Laurentino Cortizo renuncia a su cargo de Ministro". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  17. 17,0 17,1 17,2 "Cortizo: Cambio y fuera". Crítica Libre. 11 de xaneiro de 2006. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  18. "Cortizo entra al ruedo, Herrera lo acompaña". La Prensa. 8 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  19. "“Nito” Cortizo pide unidad y espera votos". La Estrella de Panamá. 6 de setembro de 2008. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  20. "Ganó Balbina". Panamá. 8 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2008. 
  21. "Entrevista con ‘Nito’ Cortizo". La Estrella de Panamá. 15 de febreiro de 2009. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  22. "Lewis y Cortizo declinan; Juan Carlos Navarro logra consolidación". La Prensa. 2 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 02 de xullo de 2019. 
  23. "Cortizo sería jefe de gabinete social en gobierno del PRD". La Prensa. 20 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  24. Telemetro (19 de xaneiro de 2014). "Navarro anuncia a Nito Cortizo como jefe de Gabinete Social". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  25. La Estrella de Panamá (5 de xullo de 2014). "El PRD, un gigante político sin rumbo ni liderazgo". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  26. Metro Libre (10 de maio de 2015). "“Nito” Cortizo le exige al PRD que se dejen de pelea". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  27. TVN Panamá (22 de novembro de 2015). "Cortizo aspira ocupar la silla presidencial y llama a un "pacto de honor" en el PRD". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  28. 28,0 28,1 Telemetro (19 de abril de 2016). "Laurentino Cortizo confirma en Colón que participará en primarias presidenciales". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  29. 29,0 29,1 La Prensa (12 de xuño de 2016). "Cortizo duda de efectividad de la justicia en caso Martinelli". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  30. La Estrella de Panamá (25 de xullo de 2016). "Cortizo insiste en su candidatura a la Presidencia". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  31. La Estrella de Panamá (21 de abril de 2016). "El PRD, después de la candidatura de Cortizo". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  32. La Prensa (25 de novembro de 2017). "Viejas y nuevas caras pulsean el PRD". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  33. 33,0 33,1 Telemetro (16 de xullo de 2018). "Cortizo se postula oficialmente como precandidato a la Presidencia para primarias del PRD". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  34. Metro Libre (16 de xullo de 2018). "Laurentino Cortizo inicia su carrera a la Presidencia de la República". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  35. Radio Panamá (16 de xullo de 2018). "Cortizo se postula para primarias del PRD". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  36. Telemetro (17 de xullo de 2018). "PRD registra 17 precandidatos presidenciales para las elecciones primarias". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  37. La Prensa (16 de setembro de 2018). "Laurentino Cortizo gana las primarias presidenciales del PRD". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  38. La Prensa (20 de setembro de 2018). "Laurentino Cortizo es proclamado candidato presidencial del PRD". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  39. 39,0 39,1 TVN Panamá (16 de setembro de 2018). "Laurentino 'Nito' Cortizo gana la candidatura presidencial del PRD". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  40. La Estrella de Panamá (23 de xaneiro de 2017). "Cortizo inicia carrera por la candidatura". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  41. TVN Panamá (12 de setembro de 2018). "Cortizo apuesta a las bases del PRD para ganar las elecciones primarias". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  42. Radio Panamá (25 de xaneiro de 2018). "Matrimonio igualitario no; marihuana medicinal si; Laurentino Cortizo". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  43. TVN Panamá (2 de outubro de 2018). "Cortizo se compromete a reformar la Constitución de llegar al poder". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  44. Telemetro (16 de setembro de 2018). "Laurentino Cortizo trabajará a partir del 1 de outubro en plan de gobierno". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  45. La Estrella de Panamá (1 de abril de 2019). "Conozca el plan de Gobierno de Laurentino Cortizo". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  46. "Nito Cortizo triunfa en las elecciones generales de Panamá". Consultado o 10 de maio de 2019. 
  47. "Voto castigo al Panameñismo obliga a su cúpula a una renovación". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2020. Consultado o 10 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]