Juan Carlos Varela
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1963 Cidade de Panamá |
| 1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019 ← Ricardo Martinelli (pt) | |
| Vice President of Panama (en) | |
| 1 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014 | |
| Minister of Foreign Affairs (en) | |
| 1 de xullo de 2009 – 30 de agosto de 2011 | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | |
| Actividade | |
| Ocupación | Político, enxeñeiro, empresario |
| Partido político | Partido Panamenhista (pt) |
| Participou en | |
| 23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
| 21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lorena Castillo de Varela |
| Premios | |
| |
| Sitio web | juancarlosvarela.com |
Juan Carlos Varela Rodríguez, nado en Cidade de Panamá o 12 de decembro de 1963, é un enxeñeiro, empresario e político panameño, que foi presidente de Panamá de 2014 a 2019.
Antes exercera os cargos de vicepresidente da República de Panamá, desde o 1 de xullo de 2009 até o 1 de xullo de 2014 e de ministro de Relacións Exteriores dende o 1 de xullo de 2009 até o 30 de agosto de 2011, ao ser destituído polo presidente Ricardo Martinelli, acto que provocou a ruptura da alianza gobernamental entre o Partido Panameñista, presidido por Varela e Cambio Democrático, presidido por Martinelli.
Tras as eleccións presidenciais do 4 de maio de 2014, foi elixido presidente de Panamá por parte da alianza entre o Partido Panameñista e o Partido Popular.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Posúe ascendencia galega, xa que o seu avó José Varela Blanco, emigrou a Panamá en 1896 e era orixinario de Bergondo na provincia da Coruña.[2][3][4] Ten tamén raíces familiares na provincia de Herrera.[5] Cursou estudos de primaria e secundaria no Colegio Javier. Os seus estudos universitarios realizounos no Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia, en Estados Unidos, onde obtivo o título (BSc) de Enxeñeiro Industrial.
É empresario do sector privado e desempeñouse como directivo desde 1985 do grupo Varela do que foi vicepresidente executivo até xaneiro de 2008.[5] Dende o sector privado, Varela apoiou proxectos sociais, de cultura, de deporte, educativos, folclóricos e do medio ambiente, a través da empresa Varela Hermanos S. A.[5]
Iniciouse no panameñismo dende moi novo, cando aos 14 anos acompañou ao seu pai a traballar na provincia de Chiriquí, participando en xiras de organización do Movemento Panameñista en 1977, coa apertura democrática que se deu para a firma dos Tratados Torrijos-Carter.[5]
Participou na campaña presidencial de 1984 con Arnulfo Arias Madrid e na de 1989 co presidente Guillermo Endara. Foi un dos coordinadores da campaña presidencial de Alberto Vallarino en 1999, candidato á Presidencia por unha alianza de partidos políticos liderada pola Democracia Cristiá, opóndose á candidatura de Mireya Moscoso, polo Partido Arnulfista.[5] Participou como director nacional do Partido Arnulfista de 1992 a 1999. No 2004 axudou na coordinación de campañas de varios deputados, alcaldes e representantes, moitos dos cales foron electos e con eles iniciou un movemento de renovación no Partido Panameñista.[5]
O presidente Ricardo Martinelli anunciara publicamente que Juan Carlos Varela era o candidato presidencial da alianza gobernamental para as eleccións de 2014. Con todo, Martinelli retractouse e logo de disputas entre membros dos partidos Cambio Democrático e Panameñista, Varela foi destituído do seu cargo de ministro o 30 de agosto de 2011 por Martinelli, provocando o final da alianza gobernamental e a renuncia dos membros do panameñismo no goberno.
Eleccións de 2014
[editar | editar a fonte]O 17 de marzo de 2013, converteuse en candidato oficial á Presidencia da República polo Partido Panameñista tras obter máis do 99 % dos votos nas primarias do partido.
O 25 de agosto Varela foi proclamado candidato da Alianza “El Pueblo Primero”, formada polo Partido Panameñista e o Partido Popular co apoio do movemento político “Los Gallos de Verdad”, persoas disidentes do Partido MOLIRENA e sectores independentes do país.[6]
O 4 de maio de 2014 obtivo a vitoria nas eleccións presidenciais ao vencer ao candidato oficialista José Domingo Arias cun 39 % dos votos emitidos. Asumiu o cargo de presidente de Panamá o 1 de xullo sucedendo a Ricardo Martinelli.[7]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Está casado coa xornalista Lorena Castillo García e ten tres fillos: Gian Carlo, Adrián e Stefan.[5]
Distincións
[editar | editar a fonte]- Colar da Orde pro Merito Melitensi (Orde de Malta).[8]
| Presidente de Panamá | ||
|---|---|---|
Segue a: Ricardo Martinelli |
Juan Carlos Varela | Precede a: Laureano Cortizo |
| Partido Panameñista | ||
| Vicepresidente de Panamá | ||
|---|---|---|
Segue a: Samuel Lewis Navarro |
Juan Carlos Varela | Precede a: Isabel Saint Malo |
| Partido Panameñista | ||
| Ministro de Relacións Exteriores de Panamá | ||
|---|---|---|
Segue a: Samuel Lewis Navarro |
Juan Carlos Varela | Precede a: Roberto Henríquez |
| Partido Panameñista | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tribunal Electoral: Juan Carlos Varela gana presidencia de Panamá" (en castelán). 4 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 13 de maio de 2019.
- ↑ "Ascendencia gallega del presidente panameño" (en castelán). 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019.
- ↑ ""Vengo a visitar mis raíces"". La Opinión de A Coruña (en castelán). 7 de setembro de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019.
- ↑ "El presidente de Panamá se reencuentra con sus raíces en su visita a España". El Ideal Gallego (en castelán). 6 de setembro de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019.
- 1 2 3 4 5 6 7 "Biografía de Juan Carlos Varela" (en castelán). 3 de xullo de 2009. Consultado o 13 de maio de 2019.
- ↑ Archibold, Randal C. (4 de maio de 2014). "Incumbent’s Party Loses Presidency in Panama". The New York Times (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019.
- ↑ "Juan Carlos Varela toma posesión de la presidencia de Panamá". CNN (en castelán). 1 de xullo de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019.
- ↑ "The Grand Master’s State Visit to Panama" (en inglés). 24 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 13 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Carlos Varela |