Laura Ingalls Wilder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laura Ingalls Wilder
Laura Ingalls Wilder.jpg
Nacemento7 de febreiro de 1867
 Wisconsin e Pepin
Falecemento10 de febreiro de 1957
 Misuri
CausaDiabetes mellitus
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncongregacionalismo
Ocupaciónescritora, novelista, mestra, reporteira, xornalista, escritora de literatura infantil e autobiógrafa
PaiCharles Ingalls
NaiCaroline Ingalls
CónxuxeAlmanzo Wilder
FillosRose Wilder Lane
IrmánsMary Ingalls, Carrie Ingalls e Grace Ingalls
Coñecida porLittle House on the Prairie e list of Little House on the Prairie books
PremiosNational Cowgirl Museum and Hall of Fame e Children's Literature Legacy Award
Laura Ingalls Wilder signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Laura Elizabeth Ingalls, nada no condado de Pepin (Wisconsin) o 7 de febreiro de 1867 e finada en Mansfield (Missouri) o 10 de febreiro de 1957, foi unha novelista estadounidense. Na década de 1930, con 65 anos, Ingalls narrou en varios libros a súa infancia como pioneira,[1] entre os que Little House on the Prairie foi o que acadou maior éxito. En 1973 adaptouse nunha serie de televisión que durou nove temporadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Caroline e Charles Ingalls

Laura Elizabeth Ingalls naceu nos "Grandes Bosques" de Wisconsin.[2] Foi a segunda filla do matrimonio formado por Charles Phillip Ingalls e Caroline Lake Quiner.[3] Os Wilder descendían da antiga familia Delano, á que pertenceu o presidente Franklin Delano Roosevelt e outras ilustres personaxes.[4][5] Trala súa vida inicial en Wisconsin, a familia Ingalls vaixou cara ao Oeste a través dos estados de Kansas, Minnesota[6] e Dacota. Laura, alumna brillante e intelixente, tivo unha escolarización esporádica e irregular a causa da vida itinerante da súa familia.

Contraeu matrimonio aos dezaoito anos, o 25 de agosto de 1885, con Almanzo James Wilder no territorio de Dacota.[7] Compraron un terreo de 200 hectáreas que foron agrandando; vinte anos despois chegou ás 800 ha.

Tiveron unha filla, Rose Wilder Lane, e despois un fillo que morreu aos doce días.[8][9] Posteriormente as desgrazas encadeáronse: Almanzo enfermou de difteria e quedou parcialmente parelítico. Ao pouco, a súa casa e granxa foron consumidas polo lume,[10] e moitos anos de seca deixáronos endebedados. Incapaces de gañar a vida, os Wilder quedaron un ano na casa dos pais de Almanzo en Spring Walley (Minnesota), ata que puideron restablecerse. En 1891 instaláronse brevemente en Westville (Florida), onde vivía un primo de Laura, coa fin de mellorar a saúde de Almanzo, mais como ela non aturaba a calor e a humidade tiveron que volver ás chairas de De Smet (Dacota do Sur), onde mercaron unha pequena casa.[11][12] En 1894 asentáronse definitivamente en Mansfield, Missouri, onde compraron unha parcela de terra e construíron unha casa que chamaron Rocky Ridge Farm.[13] Alí concluíron a súa existencia dedicados á cría de aves e ao cultivo de árbores froiteiras. Laura comezou a escribir artigos para o Missouri Ruralist e outras revistas e a súa filla convenceuna de que escribise as súas memorias, Pioneer Girl.[14][15]

En 1932 comezou a escribir a serie de novelas autobiográficas que se converteron en Little House on the Prairie. Dise que as primeiras ideas de escribir viñeron da súa nai. O seu avó, trala morte da súa esposa, tamén escribira un libro.

Laura Ingalls morreu aos noventa anos, en 1957.[16]

Obras[editar | editar a fonte]

Serie Little House on the Prairie[editar | editar a fonte]

  • Little House in the Big Woods, 1932
  • Farmer Boy, 1933
  • Little House on the Prairie, 1935
  • On the Banks of Plum Creek, 1937
  • By the Shores of Silver Lake, 1939
  • The Long Winter, 1940
  • Little Town on the Prairie, 1941
  • These Happy Golden Years, 1943
  • The First Four Years, 1971, póstuma
Laura e Almanzo Wilder en 1885

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • On the Way Home (1962, póstumo) – diario do movemento dos Wilder dende De Smet, Dacota do Sur) a Mansfield, Missouri, editado por Rose Wilder Lane[17]
  • West from Home (1974, post.) – cartas de Laura a Almanzo mentres visitaba a Rose en San Francisco[18]
  • Little House in the Ozarks: The Rediscovered Writings (1991)[19]
  • The Road Back (parte de A Little House Traveler: Writings from Laura Ingalls Wilder's Journeys Across America) – rexistro inédito de Laura dunha viaxe de 1931 con Almanzo a De Smet e ás Black Hills
  • A Little House Sampler (1988 ou 1989) - con Rose Wilder Lane, editado por William Anderson[20]
  • Writings to Young Women (vol. 1: On Wisdom and Virtues, vol. 2: On Life As a Pioneer Woman, vol. 3: As Told By Her Family, Friends, and Neighbors)[21]
  • A Little House Reader: A Collection of Writings (1998)[20]
  • Laura Ingalls Wilder & Rose Wilder Lane (1992) – cartas intercambiadas entre Laura e Rose
  • Little House in the Ozarks: The Rediscovered Writings
  • Laura's Album (1998) – libro de lembranzas de Laura, editado por William Anderson
  • Pioneer Girl: The Annotated Autobiography (2014) - autobiografía[14]
  • Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1911 - 1916: The Small Farm
  • Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1917 - 1918: the War Years
  • Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1919 - 1920: The Farm Home
  • Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1921 - 1924: A Farm Woman
  • Laura Ingalls Wilder's Most Inspiring Writings
  • Laura Ingalls Wilder: A Pioneer Girl's World View: Selected Newspaper Columns (Little House Prairie Series)

Na ficción[editar | editar a fonte]

Realizáronse múltiples adaptacións do libro Little House on the Prairie. Nelas Wilder foi interpretada por:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Laura Ingalls Wilder | Biography, Books, & Facts". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-02-04. 
  2. "Laura Ingalls Wilder". wisconsinhistory.org. Wisconsin Historical Society. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2007. 
  3. Benge, Janet and Geoff (2005). Laura Ingalls Wilder: A Storybook Life. YWAM Publishing. p. 180. ISBN 1-932096-32-9. 
  4. Gormley, Myra Vanderpool; Rhonda R. McClure. "A Genealogical Look at Laura Ingalls Wilder". GenealogyMagazine.com. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  5. "Eunice Sleeman". Edmund Rice (1638) Association (edmund-rice.org). 2002. Consultado o 20 de abril de 2010. Eunice Sleeman was the mother of Eunice Blood (1782–1862), the wife of Nathan Colby (born 1778), who were the parents of Laura Louise Colby Ingalls (1810–1883), Ingalls' paternal grandmother 
  6. "Laura Ingalls Wilder Timeline". Laura Ingalls Wilder. The Herbert Hoover Presidential Library and Museum; National Archives and Records Administration (hoover.archives.gov). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  7. Timeline de Laura Ingalls Wilder
  8. "Laura Ingalls Wilder Timeline". hoover.archives.gov. West Branch, IA, US: The Herbert Hoover Presidential Library and Museum. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2016. 
  9. "De Smet Info". ingallshomestead.com. Consultado o 8 de xuño de 2016. 
  10. Miller 1998, p. 80.
  11. "The story behind the stories: Laura Ingalls Wilder's life in Minnesota and beyond". MinnPost (en inglés). 2014-08-19. Consultado o 2020-02-04. 
  12. Messud, Claire (2018-04-19). "Wilder and Wilder" (en inglés). ISSN 0028-7504. Consultado o 2020-02-04. 
  13. "Laura's Life on Rocky Ridge Farm". Laura Ingalls Wilder Historic Home & Museum. 5 de novembro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  14. 14,0 14,1 "Pioneer Girl is out!". 21 de novembro de 2014. Pioneer Girl Project (pioneergirlproject.org). South Dakota Historical Society Press. Consultado o 15 de outubro de 2015.
  15. Higgins, Jim (5 de decembro de 2014). "Laura Ingalls Wilder's annotated autobiography, 'Pioneer Girl,' shows writer's world, growth". Milwaukee Journal Sentinel. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  16. "Laura I. Wilder, Author, Dies at 90. Writer of the 'Little House' Series for Children Was an Ex-Newspaper Editor. Wrote First Book at 65". The New York Times. Associated Press. 12 de febreiro de 1957. Consultado o 24 de outubro de 2012. Mrs. Laura Ingalls Wilder, author of the 'Little House' series of children's books, died yesterday at her farm near here after a long illness. Her age was 90. 
  17. "On the Way Home: The Diary Of A Trip From South Dakota To Mansfield, Missouri, In 1894". Kirkus Reviews. 1 de novembro de 1962. Consultado o 2 de outubro de 2015.
  18. "West From Home: Letters Of Laura Ingalls Wilder, San Francisco, 1915". Kirkus Reviews. 1 de marzo de 1974. Consultado o 2 de outubro de 2015.
  19. Wilder, Laura (1991). Hines, Stephen W., ed. Little House in the Ozarks: The Rediscovered Writings. Nashville: T. Nelson. ISBN 0883659689. 
  20. 20,0 20,1 "A Little House Reader: A Collection of Writings by Laura Ingalls Wilder". Kirkus Reviews. 15 de decembro de 1997. Consultado o 2 de outubro de 2015.
  21. Wilder, Laura Ingalls (2006). Hines, Stephen W., ed. Writings to young women from Laura Ingalls Wilder. Nashville, Tenn.: Tommy Nelson. ISBN 1400307848. OCLC 62341531. 
  22. "Little House on the Prairie". Consultado o 2019-05-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Museos