Tierra de Barros
Tierra de Barros | |
---|---|
![]() | |
Capital | Almendralexo |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | Badaxoz |
Concellos | 15 |
Poboacion | 74.872 hab. (2008) |
Superficie | 1419 km² |
Densidade | 53 hab/km² |
A Tierra de Barros é unha comarca situada no centro da provincia de Badaxoz, en Estremadura, entre as veigas do río Guadiana e os contrafortes montañosos de Serra Morena. A súa capital é Almendralexo.
Recibe o seu nome das características especiais da súa terra arxilosa e loura que, transformada en barro e moldeada, constitúe o medio de vida e costume das localidades da contorna.
É unha das comarcas máis prósperas de Estremadura e a súa principal fonte de ingresos é a produción agrícola de secaño, especialmente viñas e oliveirais, aínda que cunha crecente industria de transformación.
Concellos[editar | editar a fonte]
- Aceuchal
- Almendralexo
- Corte de Peleas
- Entrín Bajo
- Hinojosa del Valle
- Hornachos
- Palomas
- Puebla de la Reina
- Puebla del Prior
- Ribera del Fresno
- Santa Marta
- Solana de los Barros
- Torremejía
- Villafranca de los Barros
- Villalba de los Barros