Saltar ao contido

Serra de Gata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eljas ou As Ellas, na parte cacereña da Serra de Gata, visíbel ao fondo

A Serra de Gata é un dos cordais que forman o Sistema Central. Os seus cumes sinalan parte da raia entre as provincias de Cáceres, na vertente meridional, e a Salamanca na vertente setentrional.

A serra érguese ao noroeste de Cáceres e ao suroeste de Salamanca. Polo seu extremo oeste o cordal enlaza coa Serra da Malcata, na fronteira con Portugal. Polo leste linda coa Serra de Francia, da que está separada polo val formado polo río Hurdano.

Orografía

[editar | editar a fonte]

A Serra de Gata conforma un límite natural entre a submeseta Norte e a submeseta Sur, e xunto con outras serras do Sistema Central divide a conca do río Douro da do río Texo.

Os cumes máis destacados, de oeste a leste da serra, son:

  • Mesas, 1.265 m
  • El Espinazo, 1.330 m
  • Xálima (na fala de Estremadura), 1.493 m
  • Jañona, 1.367 m
  • Bolla Chica, 1.408 m
  • Bolla, 1.519 m
  • Arrubuey, 1.412 m
  • La Corredera, 1.456 m
  • Peña Canchera, 1.592 m

Portos de montaña

[editar | editar a fonte]

As principais portelas sitas na Serra de Gata son:

  • Portu Viejo, 1.100 m
  • Porto de San Martín, 1.020 m
  • Porto de Perales, 910 m
  • Porto Nuevo, 950 m

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Gata conta con pequenos ríos, entre os que destacan:

  • Vertente norte: río Águeda, que pertence á conca do Douro. Os regatos que van para o norte son todos afluentes do Águeda.
  • Vertente sur: río das Ellas e os regatos tributarios do Alagón, entre os que destaca o río Árrago. Os ríos desta vertente pertencen á conca do Texo.