Saltar ao contido

Lao She

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLao She

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 舒庆春 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1966 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Taiping Lake, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, afogamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBabaoshan Revolutionary Cemetery (en) Traducir (1978–) 39°58′56″N 116°14′00″L / 39.98231, 116.23333 Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés
abril de 1959 – 24 de agosto de 1966 (morte da persoa)
Membro da Asemblea Popular Nacional
setembro de 1954 – 24 de agosto de 1966 (morte da persoa)
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ10868435 Traducir (1913–1918) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Singapur (1929–1929)
Londres (1924–1929) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, profesor universitario, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1919 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorEscola de estudos orientais e africanos
Shandong University (en) Traducir
Universidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literario老舍 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHu Xieqing (1931–1966), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
ParellaQingge Zhao Editar o valor en Wikidata
FillosShu Yi
 () Hu Xieqing
Shu Yu
 () Hu Xieqing Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1337649

Lao She (chinés tradicional e simplificado: 老舍; pinyin: Lǎo Shě, Wade-Giles: Lao3 She3), nado en Beixín o 3 de febreiro de 1899 e finado na mesma cidade o 24 de agosto de 1966, foi un dos máximos representantes da literatura chinesa do século XX. As súas obras máis importantes son a novela Luotuo Xiangzi (1936) e a peza de teatro Chaguan (1956). O seu relato "Li o preto e Li o branco" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha humilde familia beixinesa do pobo manchú, o seu nome real era Shu Qingchun (chinés tradicional: 舒慶春; chinés simplificado: 舒庆春; pinyin: Shū Qìngchūn; Wade-Giles: Shu1 Ch'in4-ch'ün1). O pai morreulle durante a rebelión dos bóxeres cando el tiña só un ano e medio, e a súa familia vivía en condicións de penuria económica. Non puido asistir á escola ata os nove anos, cando logrou unha bolsa para estudar nunha escola primaria privada. En 1913 ingresou nunha escola secundaria de Beixín, pero debido ás dificultades económicas da familia, tivo que abandonar os estudos. Algúns meses despois aprobou o exame de ingreso nunha escola subvencionada, de educación gratuíta, onde se graduou en 1918. A súa brillantez nos estudos permitiulle nese momento, con só 19 anos, obter unha praza como director dunha escola primaria. Durante os seguintes anos dedicarase ao ensino en diversas institucións de Beixín e Tianjin.

A Lao She influíulle fortemente o Movemento do Catro de maio de 1919. De feito chegou a afirmar que "o 4 de maio me deu unha alma nova e unha linguaxe literaria nova. [...] Grazas ao 4 de maio convertinme en escritor".

En 1921 asistía a clases nocturnas de inglés nunha igrexa protestante, onde comezou a asistir ás cerimonias relixiosas. Fíxose cristián, e bautizouse en 1922, por influencia do seu amigo e escritor Xu Dishan.

Entre 1924 e 1929 foi profesor de chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres. Na biblioteca da prestixiosa escola londiniense leu a Dickens e a Conrad, e escribiu as súas tres primeiras novelas, entre as que destaca Lao Zhang de zhexue (1926). No verán de 1929 foise definitivamente de Londres, aportando en Singapur, onde impartiría tamén clases de chinés durante varios meses. Na primavera de 1930 volveu a China.

Entre 1930 e 1937, residiu na cidade norteña de Jinan, capital da provincia de Shandong, onde impartiu clases na Universidade de Qilu e na Universidade de Shandong. Durante esta época, escribiu o ensaio satírico Maochengji (1932), así como as súas famosas novelas Lihun (1932) e Luotuo Xiangzi (1936). En 1931 casa con Hu Jieqing, coa que terá catro fillos.

Tras a invasión xaponesa en 1937, Lao She formou parte de asociacións patrióticas de intelectuais que apoiaban desde o mundo da cultura a loita contra a invasión xaponesa, e de feito presidiu a Asociación de Escritores contra a Agresión. Durante a ocupación nipoa, Lao She instalouse en Chongqing, a capital de guerra do goberno nacionalista do Kuomintang, aliado co Partido Comunista Chinés nunha fronte común contra a invasión xaponesa. O tema da loita contra os xaponeses abordaríao Lao She na súa triloxía Sishi tongtang (1936), que empezou a escribir neste tempo, así como tamén poemas populares, teatro de masas e novelas propagandísticas.

Logo do final da segunda guerra mundial coa derrota do Xapón, Lao She aceptou o convite para ocupar un posto de profesor nos Estados Unidos, para onde marcha en marzo de 1946.

Tras a proclamación da República Popular Chinesa en 1949, o primeiro ministro Zhou Enlai convidou a Lao She a volver ao país. Regresa pois a China, onde se converteu nun dos escritores enxalzados polo réxime comunista, que o consideraba un "artista do pobo". xa antes apoiara e difundira o baihua 白话, variedade da lingua mandarina máis achegada aos falares da xente. Viviu comodamente en Beixín ocupando diversos cargos institucionais no mundo cultural e político da República Popular (deputado, vicepresidente da Asociación de Escritores, concelleiro de Beixin), a produción destes anos céntrase en obras de teatro como Chaguan (1956) louvando a nova sociedade chinesa. No ano 1966, como moitos outros intelectuais, será albo das críticas brutais dos gardas vermellos da Revolución Cultural maoísta.

O 23 de agosto de 1966, en plena Revolución Cultural, Lao She foi citado no Templo de Confucio da capital chinesa a canda outros intelectuais acusados de "dereitismo". Aldraxárono, asoballárono e bateron nel os gardas vermellos, primeiro no propio templo, e despois nunha comisaría. Ao final do día permitíuselle volver á casa onde a muller, e ordenáronlle volver ao día seguinte para continuar as súas sesións de autocrítica. Ao día seguinte, Lao She foi ao lago Daiping en Beixín. Ao parecer, e conforme a versión oficial dos feitos, pasou alí longas horas ata que, á noite, se suicidou mergullando e afogando no lago. Os seus parentes foron tamén acusados de complicidade cos 'crimes' de Lao She, especialmente o de vivir en antigo tempo en Inglaterra e nos Estados Unidos.

En 1978, trala subida ao poder de Deng Xiaoping, a figura de Lao She foi rehabilitada a título póstumo, e volveron editarse os seus libros na República Popular Chinesa. Na actualidade está considerado un dos grandes nomes da literatura chinesa do século XX.

A maior parte das historias de Lao She desenvólvense en Beixín, e os diálogos caracterízanse pola profusión de expresións coloquiais beixinesas. Nas súas obras relátanse os sufrimentos dos máis desfavorecidos, no marco urbano da capital, onde se mesturaban as culturas manchú, han e musulmá.

Ningunha das súas obras está polo de agora traducida ao galego.

  • Lao Zhang de zhexue 老張的哲學 / 老张的哲学 ("A filosofía do vello Zhang", 1926)
  • Maochengji 貓城記 / 猫城记 ("Diario da cidade dos gatos", 1932).
  • Lihun 離婚 / 离婚 ("Divorcio", 1932).
  • Luotuo Xiangzi 駱駝祥子 / 骆驼祥子 ("O camelo Xiangzi", 1936)
  • Sishi tongtang 四世同堂 ("Catro xeracións baixo un mesmo teito", 1945).

Obras de teatro

[editar | editar a fonte]
  • Chaguan 茶館 / 茶馆 ("O salón de té", 1956)

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Lao She (2009). La casa de té. Tradución directa ao castelán de Susana Herráiz, Salvadora Mateo y Belén Cuadra. Comares. ISBN 9788498366310
  • Lao She (2011). El camello Xiangzi. Tradución directa ao castelán de Blas Piñero Martínez. Ediciones del Viento. ISBN 9788496964884
  • Varios autores (1987). Flor e leña: Narracións chinesas contemporáneas. Tradución directa ao galego de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Xerais. ISBN 9788475070667
  1. "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • 老舍 (La literatura china traducida en España)