Traba, Laxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Traba
Igrexa de Santiago de Traba, Laxe.jpg
Igrexa de Santiago de Traba.
ConcelloLaxe
Poboación484 hab. (2017)
Entidades de poboación16

Santiago de Traba é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2009 tiña 573 habitantes (293 homes e 280 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo podería estar no substantivo latino tabula (táboa, referido neste caso á chaira cadrada onde se atopa a vila e onde houbo un castelo medieval)[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Disque a liñaxe dos Traba, poderosa familia nobre do antigo Reino de Galiza, era orixinaria desta parroquia, onde existiu un castelo medieval[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santiago de Traba foi construída orixinalmente a finais do século XII, pero foi reformada posteriormente. Na fachada barroca con aspecto renacentista destacan as columnas salomónicas, a figura de Santiago Matamouros e a imaxe da Virxe na Ascensión, flanqueada por San Francisco, San Pedro e Adán e Eva.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Traba[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Traba no concello de Laxe (A Coruña)

Agravil | Boaño | A Cabanela | O Campo dos Bois | O Campodorreiro | O Canle | O Carballal | Cernado | A Costa | Cuíña | Os Foxiños | As Melgueiras | Mórdomo | Socasas | Tella | Tras do Río

Parroquias de Laxe[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe

Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]