Praia dos Cristais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia dos Cristais
Praia dos Cristais
Coordenadas: 43°13′36″N 9°00′39″O / 43.226667, -9.010833
Características xerais
LocalizaciónLaxe
Grao de ocupaciónBaixo
Grao de urbanizaciónNingún
Características específicas
Tipo de praiaCala
Panel feito de cristais acuñado co Nunca Máis, no carreiro de acceso á praia.

A praia dos Cristais é un pequeno areal situado na vila de Laxe, na Costa da Morte.[1]

A súa denominación débese a que a praia está chea de pequenos anacos de cristal, que semellan area multicolor. O vidro tirábase preto da praia e despois de se desgastar por erosión na costa foise acumulando nesta, xa que é unha zona de deposición.[2]

A praia ten un pequeno varadoiro que serve de refuxio para pequenas embarcacións e un palco de pedra onde se realizan actividades culturais coma o solpor poético.[3][4] Preto da praia hai un miradoiro e o faro da Insua.

Nesta praia rodouse a serie Mareas vivas da TVG.[2]

Por esta praia pasa a 4ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Turismo da natureza: outras calas. Concello de Laxe.". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Cristina Viu (3 de maio de 2004). "Los ecologistas, contra la destrucción de la playa de los cristales". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de setembrode 2018. 
  3. "Solpor Poético, Concello de Laxe". 
  4. "A Praia dos Cristais vibrou de emoción no Solpor Poético de Laxe". Que pasa na Costa. 24 de agosto 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]