Lago Titicaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Lago Titicaca.

O Lago Titicaca, con cerca de 8300 km², é o maior lago da América do Sur. Situandose a 3821 m acima do nivel do mar, é o mais alto lago comercialmente navegábel do mundo.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Localizado no altiplano dos Andes, na fronteira do Perú e da Bolivia, ten unha profundidade media de 140 a 180 m, e unha profundidade máxima de 280 m. A súa orixe débese á recesión dos glaciares e á formación no Plistoceno Inferior dunha fosa tectónica que ocupou o actual Titicaca.[1]

Mais de 25 ríos desaugan no lago Titicaca, e o lago ten 41 illas, algunhas densamente poboadas.

O Titicaca é interesante pola poboación que viven nos Uros, un conxunto de nove illas artificiais, que se converteron nunha grande atracción turística no Perú, traendo excursións desde a cidade de Puno, no Perú. Outra illa, Taquile, é outra grande atracción turística, presentando unha comunidade indíxena. Os habitantes de Taquile son coñecidos polos seus produtos textiles feitos á man, considerados entre as manufaturas de mellor cualidade do Perú.

O azul do Lago Titicaca

O lago Titicaca é alimentado pola auga das chuvias e polo desxeo dos glaciares que rodean o altiplano. É fonte do río Desaguadero, que corre para o sur através da Bolivia até o Lago Poopó; no entanto, este afluente é responsábel polo menos do cinco por cento da perda de auga, o resto evapórase debido aos ventos intensos e á exposición extrema á luz do Sol nesta altitude.

A orixe do nome Titicaca é descoñecida; foi traducido como "Pedra do Puma", combinando palabras do quechua e do aimará. Localmente, o lago é coñecido con diversos nomes.

Como a parte sudeste do lago é separada do resto do lago polo estreito de Tiquina, os bolivianos chaman esa pequena parte Lago Huinaymarca e a parte maior de Lago Chucuito. No Perú, esas partes pequena e grande coñécense como Lago Pequeño e Lago Grande, respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claude Dejoux e André Iltis El Lago Titicaca: síntesis del conocimiento limnológico actual. IRD Editions, 1991, páxina 26

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]