Mariló Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariló Montero
Mariló Montero.png
Nome completoMaría Dolores Leonor Montero Abárzuza
Nacemento28 de xullo de 1965
 Estella - Lizarra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentadora de televisión
CónxuxeCarlos Herrera Crusset
editar datos en Wikidata ]

María Dolores Leonor Montero Abárzuza, máis coñecida como Mariló Montero, nada en Lizarra (Navarra) o 28 de xullo de 1965, é unha xornalista e presentadora de televisión española. Actualmente presenta o programa matinal La mañana de La 1 en Televisión Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicia a súa traxectoria profesional en Costa Rica (onde estudara Maxisterio), debutando no Canal-2 Univisión de televisión.

Regresa a España en 1989 para traballar xunto a Jesús Hermida no espazo de Televisión Española A mi manera. Compaxina ese labor con colaboracións en Antena 3 Radio.

Un ano despois conduce en Telemadrid o espazo Verano 90, xunto a Agustín Bravo, e inmediatamente despois é fichada por Telecinco, onde traballa como redactora en Informativos Telecinco, dirixido por Luis Mariñas.

O seu seguinte proxecto é a coordinación do espazo Encantada de la vida (1993), que presentaba Concha Velasco.

A mediados da década de 1990 instálase en Sevilla, onde conduce os espazos Andalucía directo, Noticias Uno e, ata xuño de 2008 o programa de debate Mejor lo hablamos.

En xuño de 2009 regresa a Televisión Española para facerse cargo do programa matinal La mañana de La 1.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada, desde o 28 de setembro de 1991, co xornalista Carlos Herrera, con quen tivo dous fillos, Alberto e Rocío. En maio de 2011 decidiron pór fin á súa relación, de forma pública comunicándoo á prensa.[1]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mariló Montero e Carlos Herrera sepáranse". El País. 8 de maio de 2011. Consultado o 8 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]