Inés Ballester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaInés Ballester

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Borriana, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1480598 Facebook: InesBallesterM Twitter: ines_ballester Editar o valor em Wikidata

Inés Ballester, nada en Borriana (Castelló) o 28 de setembro de 1958, é unha xornalista e presentadora española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, iniciou a súa carreira na Cadena SER para pasar despois ao magacín diario de Radio Nacional de España. Logo duns anos deu o salto á televisión, primeiro no centro territorial de TVE en Valencia, como xefa de programas e despois en Canal 9 e Telemadrid. Tras tres anos en Telemadrid, foi fichada en Antena 3 en 1997. En 2001 volveu a TVE onde presentou o programa matinal Por la mañana, xunto con Iñaki del Moral, durante seis tempadas. O programa despediuse en marzo de 2008.

Con todo, pouco despois, Ballester asume outro matinal en La 1, neste caso os fins de semana, baixo o título El día por delante, estreado o 24 de maio de 2008.[1] O programa, con todo, despediuse o 2 de agosto, sen chegar aos tres meses en pantalla, tras acumular unha cota de pantalla do 11,3%, por baixo da media da cadea.[2]

Entre xaneiro e decembro de 2010 co-presentou, xunto a Carmen Sevilla, o programa Cine de barrio.

Desde 2009 colabora no programa Julia en la onda, en Onda Cero, xunto a Julia Otero.

En outubro de 2011 incorpórase á cadea 13 TV, presentando o magazine diario Te damos la mañana. Un ano máis tarde estreaba o programa Nuestro cine na mesma cadea.

Ballester escribiu dous libros de receitas de cociña titulados Cocina con corazón e Cocina con más corazón, ambos cos editorial Temas de hoy, que inclúe algunhas das mellores receitas que deu no seu programa.

No verán de 2012 dáse a coñecer que Inés está a se tratar dun cancro de mama, enfermidade da que foi intervida cirurxicamente de urxencia na Fundación Jiménez Díaz.

O 18 de xaneiro de 2013 publícase que Inés contrae matrimonio por segunda vez, aínda que este extremo é desmentido por ela mesma.

Desde o 7 de xullo ao 1 de setembro de 2014 fíxose cargo de La mañana de verano en La 1 cubrindo as vacacións de Mariló Montero.

Desde o 2 de setembro de 2014, presenta nesa mesma cadea o espazo Amigas y conocidas.

Televisión[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Formulatv.com. "Inés Ballester: "Si la fórmula funciona estamos seguros que otras cadenas intentarán seguirnos"". Consultado o 28 de maio de 2008. 
  2. El Digital Castilla La Mancha. "A crise dá un serio desgusto a esta popular presentadora". Consultado o 4 de novembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]