Saltar ao contido

Por la mañana (2002)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por la mañana
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Presentador/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
5 de setembro de 2002 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
20 de marzo de 2008 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de tempadas6 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0388637 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Por la mañana foi un programa de televisión emitido por La 1 de Televisión Española en horario matinal de luns a venres entre o 5 de setembro de 2002 e o 20 de marzo de 2008.

Dirixido por Alfonso Yunta e presentado por Inés Ballester, nunha primeira etapa, e ata setembro de 2004, contou coa colaboración do cociñeiro Karlos Arguiñano. Ademais no mini-espazo Así son las cosas, Manuel Giménez, ex-policía, realizaba a crónica de sucesos.

No verán de 2007 o programa foi presentado por Silvia Jato. Desde setembro de 2007, Ballester estivo acompañada na presentación polo xornalista Iñaki del Moral en substitución de Manuel Giménez.

O programa combina noticias, información sobre temas de interese, consumo, cociña, crónica rosa, entrevistas e debates.

Audiencias

[editar | editar a fonte]

Contou con moi bos datos de audiencia durante as primeiras tempadas. O descenso destes propiciou a cancelación do programa en marzo de 2008 e a súa substitución por Esta mañana, con Pepa Bueno.

Audiencia media segundo datos de TN Sofres.[1]

  • Tempada 2002/03: 25,2% de cota de pantalla e 793.000 espectadores.
  • Tempada 2003/04: 25,0% de cota de pantalla e 933.000 espectadores.
  • Tempada 2004/05: 21,2% de cota de pantalla e 748.000 espectadores.
  • Tempada 2005/06: 21,6% de cota de pantalla e 822.000 espectadores.
  • Tempada 2006/07: 16,7% de cota de pantalla e 624.000 espectadores.
  • Tempada 2007/08: 16,2% de cota de pantalla e 498.000 espectadores.
  1. "vertele.com". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 19 de xullo de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]