Esta mañana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta mañana
Formato Magazine
Duración 90 min.
Presentado por Pepa Bueno (2008)
Inmaculada Galván (2008-2009)
Cadea Televisión Española
Día da estrea 24 de marzo de 2008
Última emisión 11 de xullo de 2009

Na rede
IMDB: tt1217224 Editar o valor em Wikidata

Esta mañana foi un programa de televisión, emitida por La 1 de Televisión Española en horario matinal entre o 24 de marzo de 2008 e o 11 de xullo de 2009.

Formato[editar | editar a fonte]

Foi un espazo programado en horario matinal de luns a venres para substituír a Por la mañana, que presentaba Inés Ballester debido aos seus baixos índices de audiencia.[1]

O programa, inicialmente foi presentado por Pepa Bueno,[2] sendo o seu contido de servizo público, con información social e política, así como faladoiros e reportaxes de actualidade.

En xullo de 2008 produciuse unha substitución na presentación, tomando as rendas do programa a xornalista Inmaculada Galván, procedente de Telemadrid,[3] acompañada de Alipio Gutiérrez e Javier Gallego.

Audiencias[editar | editar a fonte]

Os escasos índices de audiencia na súa última etapa (10'3% de cota de pantalla nalgúns programas e unha media do 12'5%[4]) propiciaron a cancelación do espazo, que foi remplazado por La mañana de La 1, con Mariló Montero.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]