Líquido sinovial
O líquido sinovial, nomeado deste xeito por vez primeira por Paracelso[1], ou sinovia é un fluído viscoso e transparente que se atopa nas articulacións. Ten a consistencia da clara de ovo.[2] A súa composición é a dun ultra filtrado do plasma, coa mesma composición iónica. O líquido contén poucas proteínas e células pero é rico en acedo hialurónico sintetizado polos sinoviocitos de tipo b.[3] O líquido sinovial reduce a fricción entre as cartilaxes e outros tecidos nas articulacións para lubricalas e amortecelas durante o movemento.[4]
A membrana sinovial é a cuberta interna das diartrosis ou articulacións sinoviais. Contén o líquido sinovial, o cal é segregado pola sinovia que rodea a cápsula articular pola súa superficie interior.[5] Este líquido forma unha fina capa sobre a cartilaxe articular de aproximadamente 50 μm, infiltrándose nel.[6] Desta forma a cartilaxe articular pode considerarse como unha reserva de líquido sinovial. Durante o movemento, o líquido extráese mecanicamente da cartilaxe para manter unha capa de líquido sobre a superficie da cartilaxe e diminuír a fricción entre as superficies articulares.[7]
Análise
[editar | editar a fonte]A análise do líquido articular é fundamental sempre que se faga a súa extracción, non só por interese científico médico para diagnosticar distintas patoloxías senón mesmo por aspectos legais. O seu estudo analítico, citolóxico, microbiolóxico así como a procura de cristais e mesmo a análise bioquímico e inmunolóxico poden achegar datos suficientes para sentar un diagnóstico definitivo na patoloxía articular, traumatolóxica e fundamentalmente en reumatoloxía.
A extracción de líquido sinovial apenas ten contraindicacións, é unha técnica sinxela sempre que se coñeza ben a articulación que se vai a puncionar, evacuar por exceso de líquido sinovial ou a estudar. Faise sempre baixo esterilización estrita.[8] As infeccións adxacentes á articulación, sobre todo a da pel que hai que atravesar para chegar até a articulación obrigarían a elixir outra vía de acceso á mesma. As enfermidades que cursan con alteracións da coagulación, por exemplo a hemofilia, así como os tratamentos médicos con anticoagulantes, serían contraindicacións relativas e obrigarían a utilizar na punción agullas de moito menor calibre que as utilizadas normalmente. Con respecto á necesidade de anestesiar a zona de punción, viría determinada pola mesma articulación, non sendo normalmente necesario en articulacións de gran calibre, por exemplo o xeonllo ou outras articulacións.
É importante saber que ás veces se chegan a formar anomalías de patoloxías descoñecidas, denominadas quistes. Produce dor nas articulacións cando se acumula nas mesmas.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bronzino, Joseph D. (2000). The biomedical engineering handbook (en inglés) 1. Springer. pp. 21–7. ISBN 3540663517.
- ↑ West, Sterling G. (2015). Elsevier Mosby, ed. Rheumatology secrets. The secrets series (3rd ed.). Philadelphia. p. 19. ISBN 9780323037006. OCLC 908716294.
- ↑ "A Normative Study of the Synovial Fluid Proteome from Healthy Porcine Knee Joints". Journal of Proteome Research (en inglés) 13. 3 de setembro de 2014. p. 4377–4387. PMC 4184458. PMID 25160569. doi:10.1021/pr500587x.
- ↑ Petty, Ross E. (1 de xaneiro de 2016). Ross E. Petty, ed. Chapter 2 - Structure and Function. Textbook of Pediatric Rheumatology (Seventh Edition) (en inglés) (Philadelphia: W.B. Saunders). p. 5–13.e2. ISBN 978-0-323-24145-8. doi:10.1016/b978-0-323-24145-8.00002-8.
- ↑ Bay-Jensen, A. C.; Sand (1 de xaneiro de 2016). Morten A. Karsdal, ed. Chapter 31 - Structural Biomarkers (en inglés). Academic Press. p. 203–233. ISBN 978-0-12-809847-9. doi:10.1016/b978-0-12-809847-9.00031-3.
- ↑ Edwards, Jo, ed. (2000). "Normal Joint Structure". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2021.
- ↑ McCracken, Thomas, ed. (2000). New Atlas of Human Anatomy. China: MetroBooks. ISBN 9781586630973. OCLC 850877694.
- ↑ Henry, John B, (ed). Clinical Diagnosis & Management by Laboratory Methods. USA: Saunders, 20th Edition, 2001. ISBN 0-7216-8864-0.
- ↑ A. Villegas-Navarro, D. M. Rosales, E. A. Bustos, R. R. Reyes, J. L. Reyes, T. A. Dieck et A. R. Heredia «Determination of lead in paired samples of human blood and synovial fluid» Earth and Environmental Science Bulletin of Environmental Contamination and Toxicology, 1992; 49(3):388-94. doi 10.1007/BF01239642, (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Líquido sinovial |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Warman, M. (2003). "Delineating biologic pathways involved in skeletal growth and homeostasis through the study of rare Mendelian diseases that affect bones and joints". Arthritis Research & Therapy (en inglés) 5. p. 5. doi:10.1186/ar804.