Kosrae
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Federados de Micronesia | ||||
Estado federado | Kosrae State (en) | ||||
Capital | Tofol (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.616 (60,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 110 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 634 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Tulensa Palik (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Kosrae anteriormente coñecida como Kusaie, é unha illa da Micronesia e un estado dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico. Forma parte do arquipélago de illas Carolinas. O Estado de Kosrae é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia, e inclúe a illa principal de Kosrae e algunhas illas próximas e illotes, o máis importante dos cales está habitado (1.500 persoas) Illa Lelu. Ten unha superficie de 110 km² e unha poboación de 6.666 habitantes (segundo o censo de 2010). O estado divídese en catro municipios: Tufunsak, Utwa, Malem e Lelu. A capital do estado é Tofol, no municipio de Lelu. O monte Finkol é o punto máis alto a 634 m.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kosrae, a máis oriental das illas Carolinas, ten unha poboación de 6.616 (censo 2010).[1] Atópase aproximadamente 600 km (370 mi) ao norte do ecuador, entre Guam e as illas de Hawai. Ten unha superficie de aproximadamente Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), Algunhas partes da illa experimentan erosión costeira.[Cómpre referencia]
Kosrae é unha Illa elevada é esta en gran parte intacta. Estase convertendo nun destino para mergulladores e excursionistas[Cómpre referencia]. O arrecife de coral que rodea a illa mantense en perfecto estado a través dun extenso sistema de boias de amarre, instaladas e mantidas por expatriados e operadores de mergullo co axuda da oficina de Recursos mariños do goberno. Os arrecifes están en gran parte intactos, e conteñen miles de corais duros, algúns di que teñen miles de anos de antigüidade.[Cómpre referencia]
A illa destaca pola súa natureza exuberante e virxe, as lagoas de coral e a baixa actividade turística. Vista desde o océano, a forma da illa aseméllase a un corpo feminino. Isto provocou que a illa chamesa "a illa da dama durmiñona."
O Aeroporto Internacional de Kosrae (Código IATA KSA) atópase nunha illa artificial no arrecife a uns 150 metros da costa e está conectada á illa principal por unha ponte nova que se abriu para o público en xaneiro de 2016. Está servido por United Air Lines (anteriormente Micronesia Continental) voos "Island Hopper" 737-800 (dúas veces por semana en cada sentido) entre Hawai e Guam, con escala noutros destinos da FSM (Pohnpei e Chuuk) e as illas Marshall no camiño. Nauru Airlines tamén a conectan semanalmente coa súa frota de avións 737-300 con Brisbane, en Australia e Nadi en Fidxi.
Hai unha significativa illa próxima á costa dentro da franxa de arrecifes ao redor de Kosrae, a illa Lelu, ten só 2 Km² de superficie, pero cunha poboación de ao redor de 1.500. Pertence ao municipio de Lelu, que inclúe a zona ao redor de Tofol, a capital do estado. Outras illas moi pequenas, deshabitadas dentro da franxa de arrecifes son, Yen Yen e Yenasr (tamén no municipio de Lelu), a illa do aeroporto, Kiul, Mutunyal, Sroansak (municipio Tafunsak), e Srukames (tamén no municipio de Tafunsak, parte de Walung).[Cómpre referencia]
Educación
[editar | editar a fonte]O Departamento de Educación de Kosrae ten seis escolas primarias públicas (Escola de Tafunsak, escola primaria de Malem, Escola Primaria de Utwe, Escola Primaria de Lelu, Escola Primaria de Sansrik, Escola Primaria de Walung) e unha escola secundaria (Instituto de secundaria de Kosrae). Tamén existe unha escola privada (Escola Adventista do sétimo día de kosrae).[2]
Idiomas
[editar | editar a fonte]O idioma oficial de Kosrae é o Kosraeano, aínda que o Inglés tamén pode ser utilizado no discurso gobernamental. De acordo coa Constitución de Kosrae, o inglés ten "igual rango" que o Kosraeano (aínda que no caso de que as versións kosraeana e inglesa da Constitución entren en conflito irresoluble, prevalece a versión kosraeana). Con todo, o idioma nacional dos Estados Federados da Micronesia é o Inglés.
Historia
[editar | editar a fonte]A evidencia arqueolóxica mostra que a illa foi colonizada polo menos nos primeiros anos do primeiro milenio.[Cómpre referencia] Isto inclúe a cidade de Leluh que existe desde o 1250 AD, e no seu apoxeo tivo unha poboación de aproximadamente 1.500 habitantes e unha superficie de 27 hectáreas. Contou con pirámides funerarias para a nobreza.[3]
O primeiro avistamento rexistrado polos occidentais foi polo navegante español Álvaro de Saavedra o 14 de setembro de 1529 ao intentar volver de Tidore a Nova España.[4] A illa estaba baixo a soberanía española desde 1668, pero non foi ocupada de xeito efectivo ata 1885. No momento do primeiro contacto da illa cos viaxeiros europeos en 1824, Kosrae tiña unha sociedade moi estratificada, típica das illas dos arredores da época. As súas características culturais inclúen as liñaxes matrilineais e clans, cunha estrutura feudal de "nobres" que controlaban a terra traballada polos "comúns" e os asentamentos que consistían en pequenos grupos de parentes próximos que compartían unha soa cociña.
A primeira misión establecerona os congregacionalistas en 1852, e practicamente toda a illa converteuse ao cristianismo pola década de 1870.[5] Hoxe en día, moitas seitas do cristianismo están representadas en Kosrae, e a relixión segue desempeñando un papel integral na cultura.
O pirata Bully Hayes naufragou en Kosrae o 15 de marzo de 1874, cando o seu barco o Leonora foi capturado no porto de Utwe durante unha tormenta. Bully Hayes residiu en Utwe durante sete meses, durante os cales aterrorizou á poboación local.[6] En setembro de 1874, o HMS Rosario (baixo o mando do capitán Dupuis) chegou para investigar as reclamacións contra Hayes. Foi detido, pero logo escapou nun barco de 14 pés, construído de madeira procedente dos restos do naufragio do Leonora.[7] O seu tesouro puido quedar atrás, enterrado nalgún lugar no bosque, aínda que as escavacións posteriores non atoparon nada.[8] En 1885, logo dunha disputa entre o Imperio español e o Imperio alemán, finalmente resolto baixo a mediación de Estado Vaticano, a Armada española tomou o control efectivo da illa. Logo da derrota española contra dos Estados Unidos na guerra de 1898, o 2 de febreiro de 1899 España vendeu as Illas Carolinas a Alemaña por 25 millóns de pesetas (17 millóns de marcos alemáns). A illa quedou baixo o control do Imperio do Xapón logo da primeira guerra mundial.
Importantes melloras económicas tiveron lugar durante o Mandato do Pacífico Sur do Xapón de 1914 a 1945. A illa foi practicamente manexada por uns poucos misioneiros que converteron a poboación; Willard Price, cando visitouna na década de 1930, informou que a illa non tiña cárcere, alí non houbera asasinatos en sesenta anos, e o alcohol e o tabaco eran descoñecidos.[9] A illa foi fortificada polos xaponeses durante a segunda guerra mundial, pero ningunha batalla produciuse en Kosrae. A guarnición xaponesa comandada polo tenente xeneral Yoshikazu Harada consistía en 3.811 homes do Exército Imperial Xaponés incluíndo unha compañía tanques e 700 homes do Exército Imperial Xaponés.[10] Escaváronse túneles e búnkers que teñen varias entradas nos picos interiores da illa e a maioría aínda poden explorarse hoxe.
En 1945, a administración de Kosrae pasou aos Estados Unidos, que gobernou a illa como parte do Territorio das Illas do Pacífico. A axuda e o investimento aumentaron desde a década de 1960.[5]
Durante o período de territorio en fideicomiso (TTPI), Kosrae administrouse inicialmente como un dos municipios do Distrito de Ponape (Pohnpei), pero en 1977 converteuse nun distrito separado.[11] Cando a constitución de Micronesia foi derrotado nos distritos do TTPI de Palau e as Illas Marshall, Kosrae uniuse aos distritos restantes (Yap, Chuuk e Pohnpei) para formar os Estados Federados de Micronesia (FSM). Kosrae é o único estado dos FSM cunha soa illa (as sete ou oito pequenas illas próximas á costa están dentro da franxa de arrecifes, a máis importante Lelu, se subsume na illa principal), mentres que os outros tres estados están compostos de moitos illas.
Ata 1977, Kosrae subdividíase en distritos ou aldeas a nivel sub-municipio:
- Lelu (que consiste soamente na Illa Lelu)
- Yepen (parte continental do actual municipio de Lelu, con Tofol, a capital do estado)
- Tafunsak (que corresponde aproximadamente ao actual municipio de Tafunsak)
- Malem (que corresponde aproximadamente ao actual municipio de Malen)
- Utwa (que corresponde aproximadamente ao actual municipio de Utwa)
En 1980, creáronse cinco municipios a partir das antigas vilas ou distritos:
- Lelu (creado a partir das aldeas do distrito de Lelu (illa) e o distrito Yepen)
- Tafunsak (creado a partir da parte nordés do distrito Tafunsak)
- Walung (creado a partir da parte suroeste do distrito Tafunsak)
- Malem (creado a partir de distrito Malem)
- Utwa (creado a partir de distrito Utwa)
O número de municipios, posteriormente, reduciuse a catro (mediante a integración de Walung en Tafunsak).
Economía
[editar | editar a fonte]Nos primeiros tempos, existía en Kosrae un sistema de intercambio baseado en conchas de mar, aínda que pouco se sabe sobre a forma en que operaba.[12]
Desde a década de 1960, o goberno Kosraeano converteuse na principal fonte de emprego na illa, onde a pesca e a agricultura tradicional seguen sendo a principal fonte de subsistencia dos insulares. As importacións substituíron case todas as demais manufacturas nativas.[5] O US dólar é a moeda oficial utilizada en Kosrae e en toda a Micronesia.
A industria do turismo ata a data centrouse principalmente en torno ao mergullo no arrecife de coral que rodea a illa. O surf, senderismo e o paddle surf a través do extenso sistema de mangleiros está crecendo en popularidade. a carreira pedestre anual Rockhopper de 10 km. iniciouse en 2013 e atrae a varias ducias de competidores das illas próximas de Kwajalein e Pohnpei.
Alimentos
[editar | editar a fonte]Os alimentos tradicionais incluían árbore do pan, coco, plátano, taro, iñame e cana. A árbore do pan era o alimento básico de costume, e conservábase en fosas envoltos en follas para tempos de escaseza. Os cocos reservábanse para os nobres.
A comida era unha parte central da vida da illa, xa que cada asentamento consistía en pequenos grupos familiares reunidos ao redor dunha casa cociña que contiña polo menos un forno de terra. Co taro brando facíase unha festa culinaria chamada fahfah cociñada polos homes adestrados nas técnicas de elaboración necesarias para preparala adecuadamente, tamén preparaban o suhka (Kava). Elaborado a partir das raíces dunha planta da montaña, o Suhka era servido aos membros da nobreza. Os peixes se pescan principalmente da lagoa usando redes.
Hoxe en día a alimentación da maioría das familias consiste en arroz importado, carnes en conserva e peixe, combinando o peixe con tubérculos frescos da zona. Ata hoxe en día, a fahfah e o porco considéranse alimentos principalmente de festa.[12] Pénsase que os xaponeses introduciron limoneiros na illa, que agora dan froitos durante case todo o ano e considéranse de alta calidade. Tamén abunda unha variedade de mandarinas, que son de cor verde cando están maduras,[13] e son famosas e buscadas en todas as illas dos arredores. As mazás de montaña, unha froita tropical da árbore sen relación coas mazás (Malus), cultívanse en moitas partes de Kosrae así como deliciosas fresas, papaias e ananás. Hai moitas variedades de plátanos que son algúns dos de mellor sabor que se poden atopar en calquera lugar, algúns deben ser cociñados antes de comer e outros se poden comer crus. Algúns agricultores locais cultivan e exportan ás Illas Marshall gran variedade de verduras como cogombros, col chinesa, leituga, berenxena, cabaza, melón e sandía.
Municipios
[editar | editar a fonte]O estado de Kosrae se subdivide en catro municipios.[14]
Dos cinco municipios orixinais de 1980 Walung foi absorbido posteriormente por Tafunsak.[15]
Municipio | Superficie km2[14] |
Poboación (Censo 1980)[15] |
Poboación (Censo 2010)[14] |
remarks |
---|---|---|---|---|
Lelu | 21´5 | 1.995 | 2.160 | |
Malem | 16´8 | 1.091 | 1.300 | |
Utwe | 28´5 | 912 | 983 | |
Tafunsak | 23´3 | 1.342 | 2.173 | |
Walung | 19´5 | 151 | parte de Tafunsak | |
Kosrae | 109.6 | 5,491 | 6,616 |
A capital do estado é Tofol, no municipio de Lelu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://webcache.googleusercontent.com/search?client=safari&rls=en&oe=UTF-8&hl=en&q=cache:3W-uL5CKCfAJ:http://www.fsmgov.org/info/people.html+kosrae+population&ct=clnk
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 07 de xullo de 2016.
- ↑ "Ancient pyramids in Pacific reveal environmental clues for the future". www.abc.net.au (en inglés).
- ↑ Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid, t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.296
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Brief history of Kosrae
- ↑ Australian Dictionary of Biography
- ↑ James A. Michener & A. Grove Day, Bully Hayes, South Sea Buccaneer, in Rascals in Paradise, London: Secker & Warburg 1957
- ↑ Article on Bully Hayes
- ↑ Willard Price. The South Sea Adventure: Through Japan’s Equatorial Empire. 1936.
- ↑ Takizawa, Akira; Alsleben, Allan (1999–2000). "Japanese garrisons on the by-passed Pacific Islands 1944-1945". Forgotten Campaign: The Dutch East Indies Campaign 1941-1942. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2016.
- ↑ Flagspot: Micronesia
- ↑ 12,0 12,1 The economy of Kosrae
- ↑ Kosrae green tangerines
- ↑ 14,0 14,1 14,2 "Kosrae State Census Report, 2000 FSM Census of Population and Housing:Kosrae State is made up of four municipalities known as Lelu, Malem, Utwe and Tafunsak" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2016.
- ↑ 15,0 15,1 "Trust Territory Pacific Islands 1980 Number of Inhabitants" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2019. Consultado o 07 de xullo de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kosrae |