Surf de remo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Quiksilver Kings of the Paddle 2012, MDP, Arxentina.

O surf de pala, denominado en inglés stand up paddle, paddle surf ou SUP, é unha forma de deslizamento na que o navegante utiliza a pa para desprazarse pola agua mentres permanece de pé nunha táboa de surf. Esta disciplina ten a súa orixe nas raíces dos pobos polinesios.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia máis recente remóntase á década de 1960, cando os instrutores de surf na praia de Waikiki usaban os seus longboards e rudimentarias pas de canoa para fotografar os seus grupos e dar aviso da chegada das ondas dunha maneira fácil. A comezos do ano 2000, surfistas hawaianos como Dave Kalama, Brain Keaulana, Archie Kalepa e Laird Hamilton comezaron a facer surf de remo como unha forma alternativa para os seus adestramentos. Esta nova variante do surf permitíalles adestrar e saír da auga sen ondas nin vento, e ao mesmo tempo coller as ondas máis xigantescas do mundo. Cos anos fóronse formando eventos como o Paddle board Race Molokai Oahu e o Makaha la Junta Big Surf Classic. Unha diferenza entre a idea moderna de surf e o paddle surf é que este último non precisa dunha onda. Neste novo deporte pódese padexar en mar aberto, en portos, en lagos, ríos ou calquera outra gran masa de auga.

Beneficios para a saúde[editar | editar a fonte]

O traballo de CORE (estabilidade/tronco/postura) é enmascarado. Isto significa que sen darse conta, o surfista estará potenciando os músculos do tronco e os reflexos naturais do equilibro notando grandes beneficios en terrra firme despois de poucos adestramentos. Ademais, esta demanda especial dos músculos de CORE xera un gasto extra de calorías independentemente do ritmo de remado.