Kim Novak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKim Novak

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Marilyn Pauline Novak Editar o valor em Wikidata
13 de febreiro de 1933 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSams Valley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchool of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Farragut Career Academy (en) Traducir
Wilbur Wright College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de televisión , modelo , pintora , produtora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Johnson (1965–1966)
Premios

IMDB: nm0001571 Allocine: 1953 Rottentomatoes: celebrity/kim_novak Allmovie: p53120 TCM: 142407 TV.com: people/kim-novak
Musicbrainz: dc82045e-fccb-40d5-a45d-792fd6bf5ba3 Discogs: 788256 Editar o valor em Wikidata

Marilyn Pauline "Kim" Novak, nada en Chicago o 13 de febreiro de 1933, é unha actriz estadounidense. Considerada un símbolo sexual da época dourada de Hollywood, retirouse da interpretación en 1966, aparecendo a partir de aí só esporadicamente, como nun papel na popular serie de televisión Falcon Crest.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Novak naceu en Chicago en 1933, filla de Joseph e Blanch (de solteira Kral) Novak, ambos de orixe checa.[2][3][4] O seu pai, que fora profesor, era funcionario municipal de tráfico, e a súa nai era traballadora nunha fábrica.[2][5][6] Foi criada como católica.[7]

Asistiu ao William Penn Elementary, ao Farragut High School,[8] e ao Wright Junior College. Recibiu dúas bolsas para a School of the Art Institute of Chicago,[6][9][10] e durante as vacacións de verán do seu último semestre no junior college, Novak realizou unha xira como modelo dunha compañía de refrixeradores en espectáculos de venda.[11]

Uns anos despois, Novak realizou diversos traballos intentando atopar o seu camiño para o futuro. Traballou como ascensorista, empregada nunha tenda e axudante dun dentista, mais nada lle satisfizo, polo que volveu á profesión de modelo, que ela mesma consideraba que desempeñara ben. Marchou aos Ánxeles para buscar sorte como modelo nesa cidade. Comezou a traballar e un directivo dos estudios RKO ofreceulle un papel moi pequeno nun filme de 1954. A pesar de que o papel era insignificante, un axente fixouse nela e conseguiulle unha proba de cámara nos estudios Columbia, da que resultou un primeiro contrato de seis meses.

Salto á fama[editar | editar a fonte]

Dende o principio da súa carreira, quixo ser orixinal e non outro estereotipo. Por ese motivo, enfrontouse co xefe da Columbia, Harry Cohn, sobre o cambio do seu nome, xa que sendo o seu nome real Marilyn, o estudio decidiu cambialo para evitar comparacións entre Novak e Marilyn Monroe. Cohn suxeriu o nome "Kit Marlowe", discutindo que "ninguén vai ver unha moza cun nome polaco!",[12] mais ela insistiu en conservar o seu nome dicindo "son checa, pero polaco ou checo non importa, é o meu nome!".[13] Os dous acordaron finalmente empregar o nome de "Kim Novak" como compromiso.[14] Tomou unhas clases de interpretación, que o estudio non quixo pagar, e Novak apareceu ese mesmo ano de 1954 no seu primeiro filme, Pushover, con Fred MacMurray. Aínda que a súa actuación non foi digna de mención, os críticos e as audiencias fixáronse no seu atractivo físico e na expresividade dos seus ollos, de xeito que uns meses despois volveu actuar noutro filme, Phffft! (1954), con Jack Lemmon.

Novak comezou a ser popular a raíz destes dous filmes e recibía gran cantidade de escritos de admiradores e admiradoras. Despois do seu seguinte filme, rodado en 1955 e que tamén resultou un éxito, chegou a súa grande oportunidade con Picnic, que protagonizou con William Holden e que foi un éxito rotundo. Novak convertérase nunha actriz e fixo unha interpretación excelente, igual que Holden. Dende entón sucedéronse as súas aparicións como protagonista en filmes coprotagonizados por actores famosos, como Frank Sinatra en Pal Joey e The Man with the Golden Arm ou James Stewart en Vertixe.

Últimos anos no espectáculo[editar | editar a fonte]

Logo de rodar The Amorous Adventures of Moll Flanders en 1965, Novak decidiu retirarse do cinema por un tempo, e volveu tres anos despois con The Legend of Lylah Clare, que foi un fracaso. A pesar diso, puido escoller os seus papeis nos debido á súa enorme popularidade entre o público, que a consideraba unha das actrices máis atractivas do cinema. Non obstante, os filmes en que actuou nos anos seguintes non foron éxitos, polo que se foi orientando cara á televisión, aproveitando as oportunidades que se lle ofrecían neste medio de participar en proxectos de maior calidade ou con maiores perspectivas de audiencia. Por exemplo, actuou na serie Falcon Crest como personaxe fixa durante a sexta temporada no papel de Kit Marlowe, faltando unicamente en media ducia de episodios na parte central da temporada por problemas persoais. Foi idea de Novak nomear a personaxe co nome artístico que Columbia quixera que empregase cando comezou no negocio.[15]

En 1977 rodó con Charles Bronson The White Buffalo, en 1979 Just A Gigolo (con Marlene Dietrich e David Bowie) e en 1980 participou en The Mirror Crack'd, adaptación dun relato de Agatha Christie con outras estrelas como Angela Lansbury, Elizabeth Taylor, Tony Curtis ou Rock Hudson. En 1991 participou no seu último filme para a gran pantalla, Liebestraum, baixo a dirección de Mike Figgis, con quen tivo unha tensa relación durante a rodaxe.[16][17]

Trala súa retirada da interpretación, Novak só fixo aparicións públicas ocasionais, e rexeitou a maioría das ofertas que recibiu.[18]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Novak casou co actor Richard Johnson. O matrimonio durou 13 meses, do 15 de marzo de 1965 ao 23 de abril de 1966. Os dous seguiron a ser amigos despois do divorcio.[6] Na década de 1960, Novak abandonou Hollywood por Big Sur, onde criou cabalos e dedicouse á pintura. En 1974 coñeceu ao seu segundo marido, o veterinario equino Robert Malloy, cando o chamou por mor dunha indisposición dun dos seus cabalos.[19] Casaron o 12 de marzo de 1976, converténdose na madrasta dos dous fillos xa adultos de Malloy.[20]

En 1997, Novak comprou un rancho de 43 acres en Sams Valley, Oregón, que converteron no seu fogar.[21] Novak tomou clases de pintura con pasteis dos artistas Harley Brown e Richard McKinley. En xullo de 2000, o seu fogar ardeu e perdeu todos os seus cadros e o único esbozo da súa autobiografía en que estivera traballando durante dez anos.[21]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
1953 The French Line Modelo
1954 Pushover Lona McLane
Phffft! Janis Globo de ouro á debutante máis prometedora
1955 5 Against the House Kay Greylek
Picnic Marjorie 'Madge' Owens Globo de ouro á nova estrela do ano
Candidata ao premio da BAFTA á mellor actriz estranxeira
The Man with the Golden Arm Molly
1956 The Eddy Duchin Story Marjorie Oelrichs Duchin
1957 Jeanne Eagels Jeanne Eagels
Pal Joey Linda English
1958 Vertixe Madeleine Elster / Judy Barton
Namoreime dunha bruxa Gillian 'Gil' Holroyd
1959 Middle of the Night Betty Preisser
1960 Pepe Cameo
Strangers When We Meet Margaret 'Maggie' Gault
1962 The Notorious Landlady Carlyle 'Carly' Hardwicke
Boys' Night Out Cathy
1964 Of Human Bondage Mildred Rogers
Bícame, estúpido Polly
1965 The Amorous Adventures of Moll Flanders Moll Flanders
1968 The Legend of Lylah Clare Lylah Clare/Elsa Brinkmann/Elsa Campbell
1969 The Great Bank Robbery Lyda Kebanov
1973 The Third Girl from the Left Gloria Joyce Telefilme
Tales That Witness Madness Auriol Pageant
1975 Satan's Triangle Eva Telefilme
1977 The White Buffalo Poker Jenny Schermerhorn
1978 Schöner Gigolo, armer Gigolo Helga von Kaiserling
1980 The Mirror Crack'd Lola Brewster
1983 Malibu Billie Farnsworth Telefilme
1985 Alfred Hitchcock Presents Rosa Capítulo "Man From The South"
1986-1987 Falcon Crest Kit Marlowe 16 capítulos
1987 Es hat mich sehr gefreut
1990 The Children Rose Sellars
1991 Liebestraum Lillian Anderson Munnsen

Notas[editar | editar a fonte]

  1. TV Guide, 5 de marzo de 2013: Reclusive Film Legend Kim Novak Opens Up About Life, Regrets and Her TCM Tribute Religado o 20 de xuño de 2014
  2. 2,0 2,1 Kleno, Larry (1980). Kim Novak ("On Camera" series). A.S. Barnes. p. 16. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  3. Kashner, Sam; Macnair, Jennifer (2003). The bad & the beautiful: Hollywood in the fifties. W.W. Norton & Company. p. 200. Consultado o 23 de febreiro de 2010. 
  4. Stephen M. Silverman (21 de outubro de 1996). "Animal Magnetism – Personal Success, Kim Novak". People Magazine. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  5. Rosenbaum, Jonathan (2010) [2006]. "Kim Novak as Midwestern Independent" (Goodbye Cinema, Hello Cinephilia). University of Chicago Press. ISBN 9780226726656. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Cameron, Sue. "Kim Novak, Elusive Legend". Turner Classic Movies. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2014. Consultado o 1 de maio de 2014. 
  7. Novak, Kim (14 de xuño de 2016). "Kim Novak’s Favorite Things". Wall Street Journal (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  8. Ebert, Roger (17 de outubro de 1996). "Kim Novak on Hitchcock, Hollywood". RogerEbert.Com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o November 5, 2011. 
  9. :71–74
  10. Turnquist, Kristi (31 de xullo de 2010). "Interview with actress Kim Novak, who lives in Oregon and is revisiting her cinematic past". The Oregonian. Consultado o 5 de novembro de 2011. 
  11. Kim Novak: Live from the TCM Classic Film Festival
  12. En inglés, "Nobody's gonna go see a girl with a Polack name!"
  13. En inglés, "I'm Czech, but Polish, Czech, no matter, it's my name!"
  14. Shales, Tom (14 de outubro de 1996). "Kim Novak: No Fear of Falling". The Washington Post. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  15. "Kim Novak name on 'Falcon Crest' has a trivia story". The Free Lance–Star. 16 de xuño de 1987. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  16. Forsberg, Myra (19 de agosto de 1990). "FILM; Once Again, Ready on the Set For Kim Novak". The New York Times. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  17. Sheehan, Henry (1996). "Kim Novak". Henry Sheehan. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  18. Stein, Ruthe (14 de outubro de 2013). "Kim Novak returning to S.F. to share her art". San Francisco Chronicle. Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  19. Whitty, Stephen (2010-08-08). "Kim Novak, the sexy, independent woman everyone in the movies tried to control, is out on DVD". nj.com (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2015. 
  20. CNN, 5 de xaneiro de 2004: Larry King Live: Interview With Kim Novak (transcript) Religado o 20 de xuño de 2014
  21. 21,0 21,1 Mail Tribune, July 25, 2000: Kim Novak's home burns Arquivado 13 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Religado o 20 de xuño de 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]