Mike Figgis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mike Figgis
Mike Figgis - Deloitte Ignite 2011 (2).jpg
Figgis en 2011
Nome completoMichael Figgis
Nacemento28 de febreiro de 1948 (71 anos)
LugarCarlisle, Cumberland
NacionalidadeReino Unido Reino Unido
Educado enMiddlesex University
Parella(s)Saffron Burrows
FillosArlen Figgis e Louis Figgis[1]
ProfesiónDirector, guionista, compositor
editar datos en Wikidata ]

Michael "Mike" Figgis, nado en Carlisle (Cumberland) o 28 de febreiro de 1948 é un director, guionista e compositor inglés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Inglaterra, viviu en Nairobi, Kenya ata os oito anos. O resto da súa infancia pasouna en Newcastle upon Tyne.[2] O seu primeiro interese artístico foi a música, e tocou o teclado na primeira banda de Bryan Ferry. En 1983 dirixiu con grande éxito unha obra de teatro no teatro Gerard-Philipe en Saint-Denis (París).

Tras traballar no teatro (foi músico e actor no grupo experimental People Show)[1] dirixiu o seu primeiro filme con baixo orzamento Stormy Monday en 1988. O filme deulle sona como director de actores e na década de 1990 dirixiu en Hollywood o thriller Internal Affairs, que axudou a revivir a carreira de Richard Gere. Tralo fracaso de Mr. Jones, que foi malentendido polo estudio, mostrou o seu desencanto coa industria cinematográfica en Leaving Las Vegas.

A tecnoloxía dixital levouno a concibir e dirixir Timecode, filme rodado simultaneamente con catro cámaras nunha toma.

Desde 2008 foi profesor de estudos cinematográficos na European Graduate School en Saas-Fee, Suíza, onde dirixe seminarios intensivos no verán.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mike Figgis Faculty Page at European Graduate School (Biography, bibliography and video lectures)". European Graduate School. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 6 de novembro de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]