Kevin A. Lynch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin A. Lynch
Nacemento7 de xaneiro de 1918
Lugar de nacementoChicago
Falecemento25 de abril de 1984
Lugar de falecementoMartha's Vineyard
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto Politécnico Rensselaer, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Francis W. Parker School
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, urbanista, escritor e teórico da arquitetura
Na rede
WikiTree: Lynch-8130
editar datos en Wikidata ]

Kevin Andrew Lynch (1918, Chicago, Illinois — 1984, Martha's Vineyard, Massachusetts, EUA) é urbanista e autor. Lynch estudou na Universidade Yale, en Taliesin (o taller de Frank Lloyd Wright), no Instituto Politécnico Rensselaer, e graduouse Bacharel en urbanismo no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (ITM) (Massachusetts Institute of Technology (MIT)) en 1947. Comenzou a impartir docencia no ITM no ano seguinte, chegou a profesor asistente en 1949 e profesor titular en 1963.

Lynch promoveu diversas contribucións ao campo urbanístico a través de pescudas empíricas sobre como os individuos observan, perciben e transitan polo espazo urbano. Os seus libros exploran a presenza do tempo e da historia nas cidades, como os ambientes urbanos afectam aos nenos, e como aguzar a percepción urbana da forma física das cidades e rexións. Procurou estudar estes aspectos como conceptos básicos dun bo deseño urbano.

O seu libro mais famoso The Image of the City ("A Imaxe da Cidade") publicado en 1960, é o resultado de cinco anos de estudos sobre como as persoas perciben e organizan informacións aleatorias cando circulan polo espazo urbano. Usando tres cidades diferentes como exemplo (Boston, Jersey City e Os Ánxeles), Lynch analizou que as persoas en xeral, entenden a cidade ao seu arredor de maneira consistente e previsible, formando mapas mentais coa utilización de cinco elementos principais:

  • Vías: Son as rúas, calzadas, ferrovías e outros camiños de locomoción;
  • Límites: Son contornos perceptibles, tales como muros, construcións e a costa;
  • Barrios ou Distritos: Son seccións relativamente grandes da cidade, distintas por algunha característica ou identidade;
  • Puntos Nodais: Son puntos de converxenza de persoas, como cruzamentos de vías ou prazas; e
  • Marcos: Que son obxectos peculiares que poden servir como punto de referencia.

"A Imaxe da Cidade" ten unha importante e durable influencia nos campos do urbanismo, arquitectura e na psicoloxía de ambientes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lynch, Kevin, City Sense and City Design: Writings and Projects of Kevin Lynch (Tridib Banerjee e Michael Southworth, editores), MIT Press, Cambridge MA e Londres 1990; ISBN 0-262-12143-3
  • Lynch, Kevin, Good City Form, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1984, c1981; ISBN 0-262-12085-2
  • Lynch, Kevin, The Image of the City, MIT Press, Cambridge MA 1960
  • Lynch, Kevin, Managing the Sense of a Region, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1976, 1980; ISBN 0-262-12072-0
  • Lynch, Kevin, e Hack, Gary, Site Planning, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1962; 2nd edition 1971; 3rd edition 1984; ISBN 0-262-12106-9
  • Lynch, Kevin, A Theory of Good City Form, MIT Press, Cambridge MA e Londres 1981; ISBN 0-262-12085-2
  • Appleyard, Donald, Lynch, Kevin, e Myer, John R. The View from the Road, MIT Press, Cambridge MA 1964
  • Lynch, Kevin, Wasting Away (con contribucións de Michael Southworth, editor), Sierra Club Books, San Francisco 1990; ISBN 0-87156-675-3
  • Lynch, Kevin, What Time is this Place?, MIT Press, Cambridge MA 1972; ISBN 0-262-12061-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]