Karl Lachmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karl Lachmann
Karl Lachmann - Imagines philologorum.jpg
Nome completoKarl Konrad Friedrich Wilhelm Lachmann
Nacemento4 de marzo de 1793
 Braunschweig
Falecemento13 de marzo de 1851
 Berlín
SoterradoBerlín
NacionalidadeAlemaña
Relixióncristianismo
Alma máterUniversidade de Gotinga e Universidade de Leipzig
Ocupaciónlingüista, tradutor, filólogo clássico, catedrático de universidade, Germanist, classical scholar, filólogo e escritor
PaiKarl Ludolph Friedrich Lachmann
IrmánsFriedrich Lachmann, Heinrich Lachmann e Wilhelm Lachmann
editar datos en Wikidata ]

Karl Lachmann, nado en Braunschweig o 4 de marzo de 1793 e finado en Berlín o 13 de marzo de 1851, foi un filólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras rematar os seus estudos en Leipzig e Gotinga, en 1816 comeza a súa actividade investigadora no Friedrichswerder Gymnasium de Berlín, converténdose despois en Privatdozent. En 1818 noméano profesor extraordinario de Filoloxía clásica na Universidade de Königsberg e dedica os seus estudos a antigos textos xermánicos.

Ensina Filoloxía clásica e Filoloxía xermánica na Universidade Humboldt de Berlín en 1825 e no 1830 foi admitido na Academia das Ciencias local.

Lachmann e a filoloxía moderna[editar | editar a fonte]

Estudoso de filoloxía xermánica, clásica e neotestamentaria, no 1850 publica a edición crítica do De rerum natura de Lucrecio, adoptando por primeira vez de modo sistemático criterios mecánico-probabilísticos que permiten -partindo dun gran número de variantes- a escolla da lectura orixinal do texto.

Aínda hoxe tal método, chamado método de Lachmann, está na base da moderna ciencia filolóxica: malia as moitas revisións posteriores ás críticas de Joseph Bédier sobre a súa eficacia, foi recuperado posteriormente, se ben con algunhas significativas innovacións, grazas á obra do filólogo clásico italiano Giorgio Pasquali.

Fixo tamén unha edición apreciábel do Novo Testamento, publicada en 1831.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Giovanni Fiesoli, La genesi del lachmannismo, Firenze, SISMEL, 2000.
  • Martin Hertz, Karl Lachmann: eine Biographie, Berlin, W. Hertz, 1851.
  • Marina Scialuga, Introduzione allo studio della filologia classica, Alessandria, Edizioni Dell'Orso, 2003.
  • Sebastiano Timpanaro, La genesi del metodo del Lachmann, Firenze, F. Le Monnier, 1963.