Terenciano Mauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terenciano Mauro
Nacementoséculo Ixuliano
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónlingüista, grammarian e escritor
editar datos en Wikidata ]

Terenciano Mauro, en latín Terentianus Maurus, foi un poeta romano que viviu a finais do século I e comezos do II, baixo Nerva e Traxano. Identifícase cun Terenciano que foi gobernador de Siene no Alto Exipto, encomiado por Marcial, e é considerado membro do grupo "novos poetas" (poetae neoterici ou novelli).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era orixinario da provincia romana de África, segundo o seu alcume Maurus.

Consérvase incompleto un tratado seu en verso titulado De Litteris, Syllabis, Pedibus, Metris, que trata sobre a prosodia e os diferentes tipos de metros, escrito con elegancia e sabedoría. É seu o adaxio, a miúdo citado erroneamente, que di: Pro captu lectoris habet sua fata libelli (O destino dos escritos varía segundo a capacidade dos lectores). Normalmente, con todo, só se menciona a segunda parte da frase, Habent sua fata libelli, que se traduce como "cada libro ten o seu destino".

O texto desta obra foi impreso por primeira vez en 1497. A reedición foi feita en 1531 polo editor parisiense Simon de Colines. Esta edición de 1531 foi composta cun tipo de letra Antiqua chamada "Terentianus", ás veces atribuído erroneamente a Claude Garamond[1].

Unha edición de Terenciano Mauro foi feita, en 1836, polo gran filólogo alemán Karl Lachmann, pioneiro da crítica textual moderna, que tomou o seu nome (método de Lachmann).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Terentianus Maurus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 996

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Terentiani Mauri De litteris syllabis et metris liber recensuit Carolus Lachmannus, Berlín, Typis et impensis G. Reimeri, 1836.
  • Terentianus, Maurus, De litteris, syllabis, metris, de Chiara Cignolo, Hildesheim, Olms, 2002.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]