Joseph Bédier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Bédier
Joseph Bedier portrait.jpg
Nome completoCharles Marie Joseph Bédier
Nacemento28 de xaneiro de 1864
Lugar de nacemento6.º arrondissement de Paris
Falecemento29 de agosto de 1938
Lugar de falecementoLe Grand-Serre
NacionalidadeFrancia
Alma máterÉcole Normale Supérieure e Lycée Louis-le-Grand
Ocupacióncatedrático, crítico literario, filólogo e romanista
PaiAdolphe Bédier
FillosJean Bédier
IrmánsÉdouard Bédier
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Grand Prix Gobert, Premio de ouro da Academia de Polonia, Honorary doctor of the University of Groningen, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Marcelin Guérin Prize, Jean Reynaud Prize e Saintour Prize
Na rede
Dialnet: 2362213 Musicbrainz: b0202e49-8b76-42c1-ad20-2defe003c447 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joseph Bédier, nado en París en 1864 e finado en 1938, foi un escritor e filólogo francés, un dos máis importantes romanistas de comezos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en París pero a súa infancia e adolescencia pasou na terra de seu pai, a illa de Reunión. En 1883 ingresou na École Normale, onde permaneceu ata a súa graduación. Asistente habitual ás conferencias que ofrecían a École des Hautes Études e Collège de France, o que lle permitiu coñecer a Gaston Paris, que se converteu no seu mestre. Frecuentou tamén a Universidade de Friburgo, confesionalmente católica, que se viña de inaugurar, pero Bedier, agnóstico, non se sentía cómodo nese ambiente. Volveu a Francia en 1891 para ocupar unha praza na Facultade de Letras de Caen. Casou con Eugénie Bizarelli e con ela tivo tres fillos. Publicou artigos nas revistas Romania e Revue des Deux Mondes.

Cando en 1914 estoupa a guerra, a situación muda completamente. Foi asesor do Estado Maior polos seus coñecementos da lingua alemá, permanecendo afastado da docencia toda a guerra. En 1920 ingresou na Académie française, en substitución de Edmond Rostand. En 1929 foi elixido director do Collège de France. O seu labor administrativo restoulle tempo á súa carreira investigadora, con moi escasas publicacións despois desa data.

Obra[editar | editar a fonte]

Bédier dedicou a súa vida ó estudo das obras máis relevantes da literatura medieval francesa, destacando a súa preocupación polo problema das orixes. Clasifica e compara todo ese corpus e chega á conclusión que a tradición era menos rica e variada do que se crera ata entón, e que os textos máis antigos posúen un fondo común de elementos, dispostos nunha orde constante, que se poderían remontar á mesma orixe.

A fama e o recoñecemento chéganlle en 1900 coa publicación do Roman de Tristan et Iseut, unha historia ata entón descoñecida para o gran público francés. Entre 1920 e 1924 traballou, xunto a Paul Hazard nunha Histoire illustrée de la littérature française. Entre as súas obras tamén destaca a edición da Chanson de Roland, así como diversos estudos dedicados á épica medieval e ás cuestións relacionadas coas orixes das obras clave da literatura francesa antiga. Un deles, Légendes épiques, recherches sur la formation des chansons de geste, postula unha tese individualista respecto á creación das xestas, considerando ás obras como son nos textos existentes no canto de procurar hipotéticos modelos perdidos das cancións de xesta.

Listaxe de obras[editar | editar a fonte]

  • Le Lai de l’ombre (1890)
  • Le Fabliau de Richeut (1891)
  • Les Fabliaux, études de littérature populaire et d’histoire littéraire du Moyen Âge (1893)
  • De Nicolao Museto (gallice Colin Muset), francogallico carminum scriptore (1893)
  • Le Roman de Tristan et Iseut (1900)
  • Le Roman de Tristan par Thomas (2 volumes, 1902-05)
  • Études critiques (1903)
  • Les Deux Poèmes de la Folie Tristan (1907)
  • Légendes épiques, recherches sur la formation des chansons de geste (1908-13)
  • Les Chansons de croisade (1909)
  • Les Chansons de Colin Muset (1912)
  • Les Crimes allemands d’après les témoignages allemands (1915)
  • Comment l’Allemagne essaie de justifier ses crimes (1915)
  • L’Effort français (1919)
  • La Chanson de Roland (édition critique, 1920)
  • La Chanson de Roland (d'après le manuscrit d'Oxford, 1922)
  • Commentaires sur la Chanson de Roland (1927)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]