Karin Boye
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de outubro de 1900 Gotemburgo |
| Morte | 24 de abril de 1941 Parroquia de Oscar |
| Causa da morte | suicidio, sobredose |
| Lugar de sepultura | Östra kyrkogården (en) |
| Educación | Universidade de Uppsala |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía |
| Ocupación | tradutora, escritora de ciencia ficción, escritora, crítica literaria, poetisa, novelista, crítica |
| Período de actividade | 1915 |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Cónxuxe | Leif Björk (1929–1933) |
| Parella | Margot Hanel |
| Pai | Fritz Boye |
| Descrito pola fonte | Swedish Publicist's Association Photo Directory 1936 (en) Svenskt konstnärslexikon Uppsala "Kulturella spår" website (en) |
| Sitio web | karinboye.se… |
Karin Boye, nada en Gotemburgo o 26 de outubro de 1900 e finada en Alingsås o 23 de abril de 1941, foi unha escritora sueca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Gotemburgo e con nove anos mudouse coa familia a Estocolmo (en 1909). Estudou na Universidade de Uppsala dende 1921 até 1926. A súa primeira colección de poemas foi Moln. Durante a súa etapa en Uppsala (até 1930), Boye foi membro do grupo socialista Clarté. Entre 1929 e 1934 estivo casada con outro integrante deste club, Leif Björck. En 1932, logo da separación do seu home, mantivo unha relación con Gunnel Bergström, quen deixara o poeta sueco Gunnar Ekelöf por Boye.
En 1931, canda Erik Mesterton e Josef Riwkin, fundou a revista literaria Spektrum; nas súas follas publicaron traducións de obras de T. S. Eliot ou de escritores vinculados ao surrealismo.
Suicidouse en 1941 con somníferos.
A asociación literaria Karin Boye sällskapet foi fundada en 1983 e leva a cabo un labor de difusión da súa obra.
Obras
[editar | editar a fonte]Entre a produción poética da autora, destaca Ja visst gör det ont e I rörelse, ambos os poemas dentro da colección Härdarna (1927), así como För trädets skull (1935). Foi membro da institución literaria sueca Samfundet De Nio dende 1931 até o seu pasamento.
En canto á narrativa, a novela Kris trata a súa propia crise relixiosa e o lesbianismo. En Merit vaknar e För lite explora os papeis masculino e feminino. Kallocaína, novela inspirada no apoxeo do nacionalsocialismo en Alemaña, é un retrato dunha sociedade antiutópica emparentada con Nineteen Eighty-Four de George Orwell e Un feliz mundo novo de Aldous Huxley.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sociedade Kari Boye (en sueco)