Karch Kiraly
Charles Frederick Kiraly, nado en Jackson (Míchigan) o 13 de novembro de 1960 é un xogador de voleibol estadounidense nas modalidades de sala e praia, coñecido como Karch Kiraly.
Participou en tres Xogos Olímpicos, obtendo en cada edición unha medalla de ouro: nos Ánxeles 1984 e Seúl 1988 en voleibol e en Atlanta 1996 en volei praia.[1] Tamén gañou unha medalla de ouro no Campionato Mundial de Voleibol de 1986 e unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Volei Praia 1997.[2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Voleibol
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Torneo |
1984 | Os Ánxeles (![]() |
Ouro | Masculino |
1988 | Seúl (![]() |
Ouro | Masculino |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Torneo |
1986 | ![]() |
Ouro | Masculino |
Volei praia
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Parella |
1996 | Atlanta (![]() |
Ouro | Kent Steffes |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Parella |
1997 | Os Ánxeles (![]() |
Bronce | Dain Blanton |
Outras ocupacións
[editar | editar a fonte]Comentarista
[editar | editar a fonte]Kiraly traballou como comentarista para ESPN e tamén traballou como analista para NBC Sports durante a cobertura da competición de volei praia nos Xogos Olímpicos de 2008.[3]
Carreira como adestrador
[editar | editar a fonte]Kiraly comezou a adestrar no St. Margaret's Episcopal High School, onde xogaban os seus fillos, Kristian e Kory.[4] En 2012 foi nomeado adestrador xefe da selección feminina estadounidense para os Xogos Olímpicos de 2016.[5] En outubro de 2014 participou no Campionato do Mundo en que os Estados Unidos venceron á China na final, o que fixo de Kiraly a cuarta persoa que gañaba unha medalla de ouro nun campionato do mundo como xogador e como adestrador.[6]
Nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, os Estados Unidos obtiveron a medalla de bronce , co que Kiraly se converteu no cuarto xogador que gañou medallas como xogador e como adestrador.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Kiraly reside en San Clemente, California, coa súa esposa Janna. O seu pai, Laszlo Kiraly, xogou co equipo nacional júnior de voleibol de Hungría.[4] Kiraly estudou bioquímica na universidade e pensou en estudar medicina.[4]
Kiraly traballou coidando a Misty May-Treanor cando era novo.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Karch Kiraly» Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
- ↑ «Karch Kiraly». Base de datos de la FIVB (en inglés).
- ↑ Frager, Ray (16 July 2008). "Your NBC Olympics lineup". The Baltimore Sun. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Price, Shawn (6 de maio de 2007). "Digging life, on and off sand". Orange County Register. Consultado o 8 de outubro de 2013.
- ↑ Kauffman, Bill (10 de setembro de 2012). "Karch Kiraly Named U.S. Women’s National Volleyball Team Head Coach" (Nota de prensa). USA Volleyball. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ Snyder, Charlie (12 de outubro de 2014). "VICTORY! U.S. Women Win First World Championship" (Nota de prensa). USA Volleyball. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ "Questions asked and questions answered as curtain falls on Rio 2016" (Nota de prensa). Rio 2016 Fédération Internationale de Volleyball. 22 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ Barrett, Jane (24 de xullo de 2008). "U.S. golden girls appear unstoppable". Reuters. Consultado o 21 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couvillon, Arthur R. (19 de xaneiro de 2008). Karch Kiraly: A Tribute to Excellence. Hermosa Beach, Calif: Information Guides. ISBN 978-0-938329-11-4.
- Kiraly, Karch; Hastings, Jon (13 de xuño de 1996). Karch Kiraly's Championship Volleyball. Touchstone. ISBN 978-0-684-81466-7.
- Kiraly, Karch; Shewman, Byron (1999). Beach Volleyball. Champaign, IL: Human Kinetics. ISBN 978-0-88011-836-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Karch Kiraly Volleyball Academy Arquivado 26 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Nados no condado de Jackson, Míchigan
- Nados en 1960
- Xogadores de voleibol olímpicos dos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Estadounidenses de ascendencia húngara
- Xogadores de voleibol nos Xogos Olímpicos de 1984
- Xogadores de voleibol nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas olímpicos en voleibol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Xogadores de voleibol praia olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de voleibol praia nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos en voleibol praia