Koovee
Aparencia
O Koovee é un club polideportivo da cidade de Tampere, Finlandia. O club foi fundado en 1929.
Historia
[editar | editar a fonte]O Koovee fundouse o 24 de outubro de 1929, e nunha semana xa contaba con 150 persoas asociadas, cunha importante presenza feminina para a época cun 40 mulleres socias. Os primeiros éxitos do novo club non tardaron en chegar, e dúas semanas despois da súa fundación o loitador Matti Nurmi gañou os torneos de loita libre en Jämsä.[1]
En 1935 o Koovee era o segundo club máis grande da cidade de Tampere con 964 e membros, só superado polo Tampereen Pyrintö, que conntaba con 1 035.[2]
Seccións
[editar | editar a fonte]- Balonmán
- Bandy
- Disc golf
- Esports
- Floorball
- Hóckey liña
- Hóckey sobre xeo
- Lacrosse
- Loita
- Natación
- Orientación
- Patinaxe artística sobre xeo
- Petanca
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia" (en finés). koovee.fi. Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ Alvalahti, Markus. "Urheiluelämä Tampereella 1918-1940" (en finés). Koskesta voimaa. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Koovee |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do club (en finés)