Saltar ao contido

Kokkolan jäähalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kokkolan jäähalli
Kokkola Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Inauguración
1988 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

O Kokkolan jäähalli é un pavillón deportivo da cidade de Kokkola, Finlandia. Foi inaugurado en 1988,[1] e nel xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo do Hermes, que compite na Mestis, a segunda categroía do hóckey sobre xeo finlandés.[2]

O pavillón ten unha capacidade máxima de 5 220 persoas, mentres que bancada principal ten capacidade para 781 persoas sentadas,[3] se ben a súa capacidade para partidos de hóckey sobre xeo está limitada a 4 200 persoas.[1][4]

Ademais da pista de hóckey sobre xeo de 28x58 metros,[3][1] o pavillón conta cunha sala de tiro con pistola de aire comprimido, ximnasio, sala de boxeo e tatami.[3]

  1. 1 2 3 "Kokkolan jäähalli" (en finés). jaahalliportaali.fi. Consultado o 21 de decembro de 2024.
  2. "HERMES TÄNÄÄN" (en finés). Kokkolan Hermes Oy. Consultado o 21 de decembro de 2024.
  3. 1 2 3 "Kokkolan jäähalli" (en finés). Cidade de Kokkola. Consultado o 21 de decembro de 2024.
  4. "Hermes" (en finés). Mestis. Consultado o 21 de decembro de 2024.