Red Joan baséase nunha novela do mesmo nome escrita por Jennie Rooney, inspirada na vida de Melita Norwood.[1] Norwood traballou como secretaria na Asociación Británica de Investigación de Metais Non Ferrosos e forneceu á Unión Soviética segredos, cos cales os soviéticos desenvolveron tecnoloxía de bombas nucleares.[2][3]
Joan Stanley é unha moza que estuda física na Universidade de Cambridge, pero que ao coñecer a Sonya (Tereza Srbova) e Leo (Tom Hughes) involúcrase coas ideas comunistas.[4] A súa historia, que se remonta a 1938, lémbrase en flashbacks cando Joan na vellez é interrogada pola Special Branch.[5]
A película é protagonizada por Judi Dench e Sophie Cookson, e é dirixida por Trevor Nunn.[6] David Parfitt é o produtor, e o guión é de Lindsay Shapero.[7]
A película tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Toronto o 7 de setembro de 2018.[8] Pouco despois, IFC Films adquiriu os dereitos de distribución da película nos Estados Unidos.[9] Foi estreada nos Estados Unidos e no Reino Unido o 19 de abril de 2019.[10][11]