Phil Foden
Foden | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Philip Walter Foden | ||
Nacemento | 28 de maio de 2000 | ||
Lugar de nacemento | Stockport | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Manchester City | ||
Número | 47 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2017 | Manchester City | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017– | Manchester City | 106 | (30) |
Selección nacional | |||
2015–2016 | Inglaterra sub-16 | 8 | (2) |
2016–2017 | Inglaterra sub-17 | 23 | (11) |
2017–2018 | Inglaterra sub-18 | 2 | (1) |
2018 | Inglaterra sub-19 | 3 | (1) |
2018– | Inglaterra sub-21 | 15 | (4) |
2020– | Inglaterra | 18 | (2) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de outubro de 2022. Selección: actualizado a 8 de outubro de 2022.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Philip Walter Foden, nado en Stockport, Inglaterra, Reino Unido o 28 de maio de 2000, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Manchester City da Premier League de Inglaterra.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foden formouse dende os oito anos na canteira do Manchester City.[2][3] O 21 de novembro do 2017 debutou co Manchester City nun encontro da Liga de Campións ante o Feyenoord Rotterdam. Co seu debut, converteuse no cuarto futbolista inglés máis novo en debutar na máxima competición europea só por detrás de Wilshere, Solanke e Maitland-Niles.[4] Poucas semas despois converteuse no futbolista inglés máis novo en ser titular, con só 17 anos e 192 días.[5] O seu debut na Premier League foi o 16 de decembro ante o Tottenham Hotspur F.C..[6] Poucos meses despois, logrou converterse no futbolista máis novo en gañar unha medalla de campión da Premier League batendo a marca de Clichy.[7]
O 5 de agosto de 2018 foi titular na final da Community Shield, na que o equipo de Guardiola venceu ao Chelsea.[8]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foden foi internacional en todas as categorías inferiores da selección inglesa (dende a sub-16 á sub-21). En maio de 2017 marcou dous goles no Europeo sub-17, incluíndo un na final, no que a selección inglesa sub-17 caeu na quenda de penaltis ante España.[9][10]
En outubro dese mesmo ano foi elixido mellor xogador do Mundial sub-17 celebrado na India. A selección inglesa tomouse o desquite do sucedido uns meses antes e derrotou por 5 a 2 ao combinado español na final. Foden marcou dous tantos na final e foi elixido como mellor xogador do torneo.[11][12][13]
É internacional absoluto coa selección de Inglaterra dende 2020. Debutou o 5 de setembro saíndo de inicio no partido da liga das Nacións da UEFA 2020-21 ante Islandia que o conxunto inglés venceu grazas a un gol de Raheem Sterling no tempo de desconto.[14] O 18 de novembro, no partido disputado en Inglaterra entre ambas as seleccións, anotou os seus primeiros dous goles co equipo nacional.[15]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Títulos nacionais[editar | editar a fonte]
Títulos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club () | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol Sub-17 | Selección de Inglaterra | ![]() |
2017 |
() Incluíndo a selección.
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Balón de oró da Copa Mundial de Fútbol Sub-17 | 2017[16] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Guardiola ata a la ‘perla’ Phil Foden hasta 2024". Mundo Deportivo. 10 de decembro de 2018. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Foden display 'another level' says Guardiola". MCFC (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Foden: la perla que enamora a Pep Guardiola | Esteban Gómez - MiRondo". Esteban Gómez - MiRondo. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Manchester City 1-0 Feyenoord". BBC Sport (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Phil Foden's first start for Manchester City assessed". Sky Sports (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Guardiola ata a la ‘perla’ Phil Foden hasta 2024". Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Manchester City 4-1 Tottenham Hotspur". BBC Sport (en inglés). 16 de decembro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ Sport (5 de agosto de 2018). "Resumen y goles del Manchester City - Chelsea de la Community Shield". Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ 20Minutos (19 de maio de 2017). "España, campeona de Europa sub 17 al derrotar a Inglaterra en la tanda de penaltis". Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ Martínez, Tomàs (20 de maio de 2017). "Una noche que refleja todo un torneo". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ "Inglaterra 5-2 España | Mundial sub-17 | Inglaterra remonta y deja a España sin Mundial sub-17". 28 de outubro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "BBC Young Sports Personality of the Year 2017: Footballer Phil Foden wins". BBC Sport (en inglés). 17 de decembro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ Martínez, Tomàs (28 de outubro de 2017). "El Mundial sub-17 de Foden y Hudson-Odoi". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ "Iceland 0-1 England" (en inglés). BBC Sport. 5 de setembro de 2020. Consultado o 5 de setembro de 2020.
- ↑ "England 4-0 Iceland" (en inglés). BBC Sport. 18 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "World Cup Golden Ball winners: Phil Foden to follow Kroos and Fabregas with U-17 success?" (en inglés). talkSPORT. 31 de outubro de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha oficial de Foden co Manchester City
- Ficha oficial de Foden na Premier League
- Ficha de Foden en Soccerway.com
- Ficha de Foden en BDFutbol