Juan de Castellanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Juan de Castelllanos en óleo/tea de Ricardo Mouros Urbina.
Busto de Juan de Castellanos na Praza de Bolívar de Tunja, Colombia.

Juan de Castellanos, nado en Alanís, Sevilla o 9 de marzo de 1522, finado en Tunja, Colombia o 27 de novembro de 1607, foi un explorador, militar e sacerdote español.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 9 de marzo de 1522 sendo fillo de labregos, era un neno cando abandonou a súa vila para irse a Sevilla baixo a tutela do bacharel Miguel de Heredia, para estudar latín, gramática, preceptiva, poesía etc, na Escola de Estudos Xerais en Sevilla. Moi novo, con dezasete anos e quizais sen o permiso familiar, marchou como soldado a América en compañía do seu coterráneo Baltasar de León, fillo do soldado Juan de León; pero en San Xoán de Porto Rico empezou a axudar ó bispo da illa e, falecido este, estivo en Santo Domingo, Aruba, Bonaire e Curaçao, dedicado a secuestrar indíxenas para o comercio de escravos.

En 1541 chegou á illa de Cubagua ou "das Perlas", onde, "con axuda dos nativos", dedicouse á industria que lle daba nome. Co mesmo propósito estivo en Illa de Margarita e en Trinidad. En 1544 pisou por primeira vez Terra Firme, en concreto o Cabo da Vela, onde seguiu co comercio das perlas e foi pai dunha nena, Gerónima. Despois pasou por Santa Marta, Salinas de Tapei e finalmente chegou a Cartaxena de Indias en 1545. Fixo algunhas incursións ó interior, ás veces con ambicións mineiras, como en Gualacha e Maconchita e descubriu Hungría.[2]

En 1550 fundou a vila de Valledupar xunto a Hernando de Santana e empeza os trámites para ordenarse como sacerdote, o que consegue en Cartaxena de Indias en 1559. Antes, en 1552, embarcouse xunto ó capitán Pedro de Ursúa, pero abandonouno cando quixo pasar ó Perú.

En Cartaxena de Indias exerceu de capelán até 1558 e logo en Riohacha até 1561 como vigairo. En 1562 foi nomeado cura da Catedral de Tunja e en 1569 beneficiouse da mesma por real provisión de Filipe II. Morreu neste cargo á moi avanzada idade de 85 anos, o 27 de novembro de 1607.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hernández Caballero, Serafín (Editor). (1998): Gran Enciclopedia de Venezuela. Editorial Globe, C.A. Caracas. 10 volúmenes. ISBN 980-6427-00-9 ISBN 980-6427-10-6
  2. Pineda, Rafael. Retrato hablado de Venezuela. Caracas: Cuadernos Lagoven. Lagoven, S.A. 2 volúmenes