Juan Touzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Touzón Jurjo»)
Infotaula de personaJuan Touzón
Biografía
Nacemento(es) Juan Touzón Jurjo Editar o valor em Wikidata
7 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata
Folgoso do Courel, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de agosto de 1972 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
17º Presidente Real Federación Española de Fútbol
1954 – 1956
← Sancho Dávila y Fernández de Celis (en) TraducirAlfonso de la Fuente Chaos (pt) Traducir →
15º Presidente Atlético de Madrid
1946 – 1947
← Manuel Gallego Suárez-Somonte (en) TraducirCesáreo Galíndez (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente deportivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Touzón Jurjo, nado en Folgoso do Courel o 7 de maio de 1898 e finado en Madrid o 13 de agosto de 1972, foi un avogado galego.[1] Foi presidente do Atlético de Madrid e da Real Federación Española de Fútbol, e chegou a dirixir un partido internacional como seleccionador de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nacido en Folgoso do Courel,[2] viviu dende novo en Madrid. Avogado de profesión, foi subdirector do Banco de Vizcaya e membro de honra da Asociación da Prensa de Madrid.[3] Afeccionado do Atlético de Madrid, foi directivo do club dende os anos 30,[4] realizando diversos trámites, como a fusión co Aviación Nacional ou a compra ao Patronato de Huérfanos del Ejército del Aire "Nuestra Señora de Loreto", do Estadio Metropolitano, que posibilitou a súa rehabilitación e conservación despois de resultar moi danado na Guerra Civil.

O 15 de xaneiro de 1946 foi nomeado presidente do club, daquela denominado Club Atlético Aviación, aínda que a finais dese mesmo ano cambiaría de denominación polo actual Club Atlético de Madrid.[5] Durante o seu mandato tamén se fundou a sección de balonmán. En xullo de 1947 foi substituído como presidente do club por Cesáreo Galíndez.

Despois de deixar a presidencia do Atlético de Madrid, seguiu ligado ao mundo do fútbol. En marzo de 1954 foi nomeado presidente da Federación Española, período no que, a falta dun adestrador fixo, alternaron varios no banco da selección española, chegando o propio Touzón a dirixir un partido en 1955. Foi nun partido contra a selección suíza, correspondente á clasificación para o Mundial de 1958. O encontro rematou con vitoria española por 0-3. Touzón estivo no banco xunto a Ramón Melcón e o expresidente do Atlético de Madrid José Luis del Valle. En 1956 deixou a presidencia da RFEF, aínda que seguiu sendo directivo da mesma.

Morreu en Madrid o 13 de agosto de 1972.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Cora, Xosé (19 de xullo de 2021). "8 de febreiro de 2022". El Progreso (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  2. "El presidente accidental de la Federación Española de Fútbol hace declaraciones sobre la permanencia de los clubs de Tercera División". El Correo Gallego (en castelán) (24880). 11 de xaneiro de 1952. p. 4. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  3. "Obituario". ABC (en castelán). 11 de novembro de 1972. p. 119. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  4. "El Athletic Madrileño licenciará jugadores y directivos". El Pueblo Gallego (en castelán). 24 de abril de 1936. p. 4. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  5. "Noticiario general". El Pueblo Gallego (en castelán) (6998). 19 de xaneiro de 1946. p. 4. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  6. "Ha fallecido Juan Touzón". ABC (en castelán). 15 de agosto de 1972. p. 50. Consultado o 8 de febreiro de 2022.