Juan Maluquer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Maluquer
Datos persoais
Nacemento1915
LugarBarcelona
Falecemento1988
LugarArtesa de Segre
NacionalidadeEspaña
FillosJordi Maluquer de Motes i Bernet e Carlos Juan Maluquer de Motes
Actividade
Campohistoriador, arqueólogo, catedrático de universidade e Cátedra universitaria
Alma máterUniversidade de Barcelona
editar datos en Wikidata ]

Juan Maluquer de Motes Nicolau, nado en Barcelona en 1915 e finado en Artesa de Segre, (Lleida) en 1988, foi un historiador e arqueólogo español, especialista en Prehistoria e na Idade Antiga, e particularmente na civilización tartésica, Era pai do historiador Jordi Maluquer de Motes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo moi vinculado ao Pireneo catalán, e particularmente a La Pobla de Segur. Cursou estudos universitarios de Filosofía e Letras (rama de Historia) na Universidade de Barcelona entre os anos 1931 e 1936, onde tivo como profesores figuras destacadas como Pere Bosch i Gimpera e Lluís Pericot García. Pouco despois de finalizada a guerra civil en 1939, comezou a traballar na Universidade de Barcelona baixo a dirección do novo catedrático de Prehistoria, Martín Almagro Basch e no Museo Arqueolóxico de Barcelona, xunto a outros novos arqueólogos cataláns como Miquel Tarradell, Eduardo Ripoll Perelló, Pedro de Palol e Antoni Arribas Palau.

A súa tese redactouna sobre os campos de urnas. A España Prerromana foi o seu mundo científico, cunha concepción universalista respecto da ciencia arqueolóxica; para el a Arqueoloxía era facer Historia, a súa obra científica é de gran solidez, escavador nato, cun método científico excelente en palabras do profesor José María Blázquez Martínez. Deixou 220 artigos de carácter arqueolóxico e 37 monografías froito dos seus traballos de campo.[1]

Escavacións súas de grande importancia foron as Escavacións no Cerro do Berrueco (1958), clave no coñecemento da Meseta no Bronce Final, o castro de Castillejos de Sanchorreja, escavación iniciada por Juan Caberei Aguiló, Emilio Camps e Joaquín María de Navascués, 11 campañas en Cancho Roano, publicadas en 1987, que el considerou un santuario e que se trata dun dos monumentos máis importantes da Hispania prerromana.[1]

En 1949 obtivo a cátedra de Prehistoria na Universidade de Salamanca, onde creou unha destacada escola de Arqueoloxía e fundou a revista Zephyrus. En 1959 logrou a cátedra de Arqueoloxía da Universidade de Barcelona, fundando e dirixindo con Lluís Pericot García a revista Pyrenae como órgano de expresión do Instituto de Arqueoloxía e Prehistoria desta universidade en 1965. Tamén desempeñou o cargo de decano da Facultade de Filosofía e Letras. En 1969 pasou a ocupar a cátedra de Prehistoria trala xubilación de Lluís Pericot, que ocupou até 1985, cando foi designado catedrático emérito. Tamén foi membro do Instituto Arqueolóxico Alemán de Berlín.[1]

En 1952 fíxose cargo do Servizo de Escavacións de Navarra. Estudou diferentes aspectos das culturas pre e protohistóricas de Navarra, A Rioxa, Álava, Norte de Aragón, e en xeral da conca do Ebro, realizando escavacións nos termos navarros de Navascués, Urdax, Fitero e Cortes de Navarra, traballando no sitio arqueolóxico hallstático deste último lugar. Estudou numerosos dolmens na zona do Roncal, e na de Artajona analizou os megálitos, xunto a Francisco Medrano, localizando un sitio arqueolóxico de superficie. Entre 1959 e 1964 levou a cabo varias campañas, establecendo a estratigrafía da cova de Berroberría en Urdax.[2]

En 1956 publicou o estudo sobre a necrópole de incineración na Atalaia de Cortes, en colaboración con Vázquez de Parga, quen realizara anteriormente as escavacións. A continuación, en 1957, apareceu o segundo volume monográfico coa análise e interpretación do sitio arqueolóxico do Cerro de la Cruz en Cortes, no que se difundía o alcance das súas investigacións.

A investigación sobre Tartessos foi unha das liñas de traballo favoritas do profesor Maluquer de Motes, con especial atención ao estudo das comunidades prerromanas de Andalucía e Estremadura, especialmente |tartesias e iberas, destacando entre os traballos publicados neste marco as intervencións xunto a María Eugenia Aubet Semmler na necrópole de Setefilla (Lora del Río, Sevilla, e do propio Maluquer de Motes no palacio-santuario de Cancho Roano (Zalamea de la Serena, Badaxoz).

A convocatoria e desenvolvemento do V Simposio de Protohistoria peninsular, celebrado en Xerez da Fronteira en 1968, marcou un fito importante no coñecemento e investigación de Tartessos e da Arqueoloxía fenicio-púnica, aínda que nesa época, aínda había distancias entre as investigacións sobre a colonización fenicia e a cultura tartésica. En palabras do propio Maluquer de Motes: “Tartessos para nós simboliza a primeira cultura urbana occidental. O seu estudo e coñecemento é unha obriga ineludible da nosa xeración", e que resumiría dous anos máis tarde na publicación da súa monografía Tartessos, reeditada en diversas ocasións, e que pode considerarse como a primeira síntese sobre o tema, pondo fin, segundo Francisco Graza Alonso[3], á corrente determinista de Adolf Schulten (1924-1945).

Especialmente coñecido é o plan que impulsou para o estudo das Humanidades, coñecido como Plan Maluquer, que revolucionou as facultades de Filosofía e Letras durante a ditadura, dirixindo desde 1974 a Comisaría Nacional de Escavacións.

Entre os seus proxectos de investigación destacan as escavacións do Alto da Cruz (Cortes de Navarra), do Puig de Sant Andreu (Ullastret), do Moín de l’Espígol (Tornabous), da Palma (Tortosa), Santa Bárbara (Mianes), Puente Tablas (Xaén) e Cancho Roano (Zalamea de la Serena).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Maluquer de Motes, Juan (1947). Las culturas hallstáticas en Cataluña.
  • Maluquer de Motes, Juan (1956). Carta arqueológica de Salamanca.
  • Maluquer de Motes, Juan (1954). El yacimiento hallstático de Cortes de Navarra. Pamplona: Inst. Príncipe de Viana.
  • Maluquer de Motes, Juan (1970). Tartessos.
  • Maluquer de Motes, Juan (1982). Catálogo provisional de los poblados ibéricos del Principado.
  • Maluquer de Motes, Juan (1984). Problemática general del Hierro en Occidente.
  • Maluquer de Motes, Juan (1986). Arquitectura y urbanismo ibérico en Cataluña. Barcelona.
  • Maluquer de Motes, Juan (1951). Arquitectura prehistórica. Barcelona: Ed. Argos.
  • Pericot, Luis / Maluquer de Motes, Juan (1958). La humanidad prehistórica.
  • Maluquer de Motes, Juan (1984). Tartessos: la ciudad sin historia. Ed. Destino.
  • Maluquer de Motes, Juan (1985). La civilización de Tartesos. Granada. Talleres De Ediciones Anel. Editoriales Andaluzas Unidas, S. A.
  • Maluquer de Motes, Juan. La Historia prerromana
  • Maluquer, J., Balil, A., Blázquez, J. M. y Orlandis, J. (1973). Volumen 1: La Antigüedad. En V. Vázquez de Prada (dir): Historia económica y social de España.
  • Maluquer de Motes, Juan (1975). Formación y desarrollo de la cultura castreña, I Jornadas de Metodología Aplicada a las Ciencias Históricas: Prehistoria e Historia Antigua, págs. 269-284, Santiago de Compostela.
  • Maluquer, J. / Aubet, Mª Eugenia (1981). Andalucía y Extremadura. Programa De Investigaciones Protohistóricas, 1. Madrid. CSIC.
  • Maluquer de Motes, Juan (1954). La Edad de Hierro en la Cuenca del Ebro y la Meseta Centras española. Madrid, en IV Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas y Protohistóricas.
  • Maluquer de Motes, Juan (1966). El impacto colonial griego y el comienzo de la vida urbana en Cataluña. Discurso lido no Instituto de Estudios Ilerdenses, na sesión adicada a San Isidoro. Consello Superior de Investigacións Científicas. Barcelona: Gráficas Marina, 1966.
  • Maluquer de Motes, Juan (1950). Exploraciones y viajes en el mundo antiguo. Barcelona: Instituto Transoceánico Ediciones S.L. 1950.
  • Maluquer de Motes, Juan (1958). El Castro de los Castillejos en Sanchorreja. Estudio de las excavaciones realizadas por D. Juan Cabré, D. Joaquín María de Navascués, y D. Emilio Camps, de 1931 a 1935. Ávila-Salamanca, 1958.
  • Maluquer de Motes, Juan (1981-82). El Santuario protohistórico de Zalamea de la Serena. T.I (1978-1981) y T.II (1981-1982). Madrid: CSIC. Programa de investigaciones protohistóricas 4-5.
  • Maluquer de Motes, Juan (1943). El hierro. Barcelona: Seix Barral Hnos. 1943.
  • Maluquer de Motes, Juan (et al.) (1954). España Prerromana. Etnología de los Pueblos de Hispania. Textos de Antonio García Bellido, Blas Taracena y Julio Caro Baroja. Madrid, Espasa - Calpe, 1954 ( Historia de España, Tomo I, Volumen III).
  • Maluquer de Motes, Juan / Vázquez de Parga, Luis (1957) Excavaciones en Navarra, vol. V (1953 - 1956). Pamplona: Edit. Diputación Foral de Navarra - Institución Príncipe de Viana.
  • Pericot García, Luis. Maluquer de Motes, Juan (1969) La humanidad prehistórica. Madrid. Salvat Editores. 1969. Libro RTVE, 25.
  • Maluquer de Motes, Juan (1951). Investigaciones arqueológicas en el Pallars III. La cueva de Les Llenes de Eriñá (Lérida). Zaragoza: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Maluquer de Motes, Juan (1949). Investigaciones arqueológicas en el Pallars-I: la cueva de Toralla. Zaragoza, 1949. Monografías del Instituto de Estudios Pirenaicos.
  • Maluquer de Motes, Juan (1951). Investigaciones arqueológicas en el Pallars. II - La cueva sepulcral del Forat Negre de Serradell (Lérida). Zaragoza, C.S.I.C. - Monografías del Instituto de Estudios Pirenaicos, 1951.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Blázquez Martínez, José María (2005).
  2. http://www.euskomedia.org/aunamendi/91406
  3. Gracia Alonso, Francisco (2000) El Profesor Juan Maluquer de Motes y los estudios sobre Tartessos en Pyrenae, nº 23-23, pp 41-46.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Muñoz Amilibia, A.M. (1990): In memoriam. Juan Maluquer de Motes y Nicolau (1915-1988). Anales de Prehistoria y Arqueología, 4, Universidad de Murcia. pp. 5–7. (en castelán)