Juan Carlos Fresnadillo
Juan Carlos Fresnadillo | |
---|---|
![]() Juan Carlos Fresnadillo. | |
Nacemento | 5 de decembro de 1967 (55 anos) |
Lugar | Santa Cruz de Tenerife, ![]() |
Nacionalidade | España |
Profesión | Director de cine |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Carlos Fresnadillo nado en Santa Cruz de Tenerife o 5 de decembro de 1967, é un guionista e director de cine canario.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1985, Fresnadillo trasladouse a Madrid dende a súa cidade natal. Estudou Socioloxía na Universidade Complutense. Comezou os estudos de fotografía e cine na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI, e realizou os seus primeiros traballos en curtametraxes. En 1987, creou unha produtora para unha serie de curtas e anuncios publicitarios. En 1990, colaborou con Gustavo Fuertes na súa curta El Juicio Final
En 1996, debutou internacionalmente como director coa súa curta en branco e negro, Esposados, para o que tamén fixo de produtor executivo. A obra foi candidata ó Premio Oscar en Hollywood, e Intacto 2001, filme co que acada o Premio Goya ó mellor director novel. En 2002 realiza, xunto con Alejandro Jodorowsky a curtametraxe Psicotaxi.
En 2007 dirixiu o filme 28 Weeks Later, continuación de 28 Days Later de Danny Boyle. O realizador Steven Spielberg, ofreceulle a Fresnadillo dirixir un proxecto financiado pola súa produtora Dreamworks. O filme, de título provisional "Wednesday", será un suspense ambientado nos Ánxeles, onde se desenvolverá unha desesperada persecución. O seu novo proxecto será adaptar o videoxogo BioShock en filme. Nun comezo estaba destinada a ser dirixida por Gore Verbinski, pero finalmente Fresnadillo será o encargado.
O 7 de abril de 2011 anunciouse que será o director e co-guionista do remake de The Crow.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Como director e guionista[editar | editar a fonte]
- Esposados (1996; curtametraxe)
- Intacto (2001)
- 28 Weeks Later (2007)
Como director[editar | editar a fonte]
Como produtor[editar | editar a fonte]
- El juicio final (1991)
- Esposados (1996)