Juan, un neno de sete anos, vive nun barrio humilde de Madrid e ten unha imaxinación desbordante. Polas noites, sofre pesadelos nos que un intruso sen faciana o ataca salvaxemente, sen que a súa nai poida facer nada para evitalo. Mentres tanto, Mia, unha adolescente londiniense de doce anos, le ós seus compañeiros de clase o misterioso conto de CaraHueca, un monstro obsesionado cos nenos. Ese mesmo día, John Farrow, o seu pai, sofre un accidente no rañaceos en construción onde traballa. A vida das dúas familias, aínda que separadas por moitos quilómetros, dará un xiro: os intrusos xa se instalaron nas súas casas e intentan desesperadamente arrebatarlles algo ós nenos.