Joshua Fishman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joshua Fishman
Joshau Fishman Aberdeen.jpg
Nacemento18 de xullo de 1926
 Filadelfia
Falecemento1 de marzo de 2015
 Bronx
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia e Universidade de Pensilvania
Ocupaciónlingüista, sociolingüista, catedrático de universidade, escritor de non ficción e sociólogo
PremiosLinguapax Prize
editar datos en Wikidata ]

Joshua Fishman (Shikl Fishman)[1], nado en 1926 en Filadelfia e finado o 1 de marzo de 2015, foi un sociolingüista norteamericano, especialista en yiddish e creador do concepto de diglosia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Pensylvania e na de Columbia. En 1960 obtén o posto de profesor de psicoloxía na Universidade Yeshiva de Nova York. Fundou o International Journal of the Sociology of Language.

Especializado no bilingüismo e nos procesos de substitución lingüística, a súa obra Language Loyalty in the United States (1966) serviu de base para a aprobación da Lei de educación bilingüe dos Estados Unidos (1968).

Coas súas obras Readings in the Sociology of Language (1968) e Advances in the Sociology of Language (1971-1972) foi un dos creadores da socioloxía da linguaxe. Fisham modificou a definición de diglosia dada por Charles Ferguson, para lle dar un matiz de funcionalidade comunicativa diferente para cada variedade lingüística que fala a comunidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zuckermann, Ghil'ad (2012). "Introduction to the Joshua A. Fishman comprehensive bibliography", International Journal of the Sociology of Language (Int’l. J. Soc. Lang.) 213: 149-152.